Ir al contenido principal

MÁIS ALÁ DO DÍA 3 DE DECEMBRO A RESPONSABILIDADE E DIARIA... CAPACITA, RECAPACITA NON DISCAPACITES

XORNADAS DE
XESTIÓN CULTURAL PÚBLICA INCLUSIVA E ACCESIBLE[1]

18-19-20 DECEMBRO 7-8-9 DE XANEIRO

“ Pelexar polo posible, loitar polo invisible”

Organiza: Rede Museística Provincial
Espazos onde se desenvolverán: Museo Provincial do Mar, Museo Pazo de Tor e Museo San Paio de Narla.
Coordinación: Encarna Lago González, xerente da Rede Museística

O encontro próponse desde unha perspectiva aberta e plural, para se converter non só nunhas xornadas informativas, senón tamén nun foro de debate sobre xestión cultural pública inclusiva e accesibilidade. ¿Cúmprese a lexislación? Museos inclusivos, multiculturalidade, diversidade… buscamos reflexionar sobre o que poden ofrecer os nosos museos actuais diante desta problemática.
Nos últimos vinte anos desenvolveuse a “Nova Museoloxía”, unha corrente que busca a democratización dos valores e os produtos culturais. Os museos cambiaron o seu centro de interese do obxecto ao visitante: multiplicáronse as exposicións temporais, os “eventos” e asemade a tecnoloxía audiovisual invadiu espazos onde antes reinaban vitrinas cheas de obxectos.
As novas formas de visitar o museo son cada vez máis “atractivas” e van logrando obxectivos, pero no camiño esqueceuse facer chegar esta mensaxe a un amplo colectivo de persoas. Persoas que teñen algo en común, persoas que non poden gozar por igual, que presentan algún tipo de discapacidade ou outros grupos que se atopan en risco de exclusión social e que quedaron no esquecemento, como ben sinala o profesor Espinosa “O interese pasou do obxecto ao visitante, pero non a todos os visitantes”. Paremos a preguntarnos todos, xestores, técnicos, etc…se na práctica museística, cando se xestiona, se deseña e se teñen en conta a diversidade social, a diversidade de capacidades, de idades, de culturas e de xéneros.
Na Rede Museística Provincial de Lugo levamos moitos anos loitando por facer os nosos museos accesibles, pelexando polo posible, loitando polo invisible, tratando de exercer a nosa responsabilidade social como centros públicos.
Estas xornadas pretenden expor, analisar e debater sobre esas necesidades, demandas e reinvidicacións dos colectivos con discapacidade e con risco de exclusión social para acceder á cultura.
A Rede Museística quere ser socialmente responsable e contribuir a fomentar o debate ao redor da necesidade de desenvolver unha política de boas prácticas na xestión das institucións culturais.


Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati