Free counter and web stats

lunes, 6 de diciembre de 2010

A COCIÑA DA MEMORIA ... ACTIVIDADE ALZHEIMER DÍA 20-XII-2010

E
RECEITAS DE COCIÑA DOS USUARIOS DO TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA  E PSICOMOTRIZ DE AFAMON e DA REDE MUSEÍSTICA DE LUGO. no MUSEO PAZO DE TOR DÍA 20 DE DECEMBRO DE 2010.

Logo de moitas deliberacións entre todos escolleron as súas recetas preferidas….
O día 19 coceremos o pan no forno de leña que temos en Tor e entre todos faremos o xantar..
BASILIO, 53 anos, Portomarín: “Un bon cocido”.
Naceu en Portomarín, de onde a familia tivo que marchar ó perder a súa casa e terras por mor da construcción do encoro.
A súa nai mercaba os garbanzos nunha tenda de ultramarinos de Portomarín. A cachola, lacón e chourizo tíñaos dos porcos que criaban na casa. E o repolo e patacas viñan das terras propias que eles traballaban.
Ainda hoxe é a súa comida preferida.

DAVID, 85 anos, Chavaga (Monforte de Lemos): “Paella feita pola miña avoa e a miña nai”.
A súa avoa marchou a Cuba onde aprendeu a cociñar ben.
Mercaran unha paellera moi grande que lla trouxeran de Zaragoza.
Mercaban o arroz nun ultramarinos en Monforte. E se se podía pescado e marisco na Praza de Abastos. Facían un picadillo de cebola, allo, pemento e tomate da casa e votaban nel o peixe. Despois a auga correspondente a cocer co arroz. Deixábano reposar un pouco e a comer.
Os vecinos e coñecidos sempre querían ir traballar á súa casa xa que sabían que ese día comerían ben….

JOSÉ, 80 anos, Ribaspequenas (Bóveda): “Sopas de allo”.
Eran o seu almorzo cando pequeno.
Facíallas a súa nai con pan duro feito na casa, ó que lle votaba auga quente para abrandalo. Facíalles un refrito con allo (cultivado na casa), que lle votaban por riba do pan xunto cun ovo frito das pitas que había na casa.



LUCIO, 66 anos, Medina do Campo: “Chourizos crus”.
Naceu en Medina do Campo, onde nas mantanzas do porco poñíase a carne de lomo do mesmo en adobo con loureiro, allo, orégano, sal, auga e pimentón, nunha vasixa de barro, durante un día.
Enchorizaban as mulleres e xa feitos os chourizos colgaban nuns listóns de madeira durante uns 10 ou 12 días, dependendo do tempo, na cociña vella onde se facía o fogón da casa. Poñíaselle lumbre de encina e non fume coma se fai en Galicia. Os pais eran os que atizaban continuamente.

LUIS, 80 anos, Monforte de Lemos: “Carne frita”.
Recorda que cando viña de permiso da mili que fixo en Madrid, a súa nai tíñalle de comida chuletas de terneira fritas que mercaba nunha das carnicerías da Praza de Abastos. As acompañaba coas patacas fritas que lle mercaban ós veciños, xa que cando el marchou os seus pais deixaron de traballar a horta da casa. O aceite mercábano nun ultramarinos de Monforte.

LUISA, 59 anos, Póboa de Brollón: “Macarrones con carne”.
Os macarróns mercábaos a súa nai nunha tenda de ultramarinos en Póboa. A carne na carnicería da mesma localidade, o Buxán, e o tomate era o feito cos tomates da casa en conserva ó baño maría.
Cocía os macarróns e os deixaba reposar coa salsa de tomate que xa tiña a carne.
Tamén lle gustaban con chourizos fritidos.

MARÍA, 76 anos, Imarcoain, El Orz, Pamplona (afincada en Quiroga dende fai moitos anos): “Chocolate con churros”.
Facía a súa nai a masa con fariña, auga e sal e cando a tiñan, unha pouca de leite. A deixaba reposar para levedar.
Os votaban á tixola co aceite xa quente ca forma dunha manga pasteleira especial.
Coma ela era a filla maior, tocáballe preparar o chocolate, do que disponían sempre  xa que tiñan tenda de ultramarinos. Confesa que ela ó facelo sempre comía algunha das  onzas porque lle encantaban e o seu pai era coñecedor e consentidor, pero coma era unha familia con moitos curas e monxas, antes de sentarse a comer ca familia, tiña que ir xunto do cura a confesar a súa inxesta a escondidas.
O chocolate ó ser en onzas, o machacaba no morteiro. Botábao na leite fervendo e dáballe voltas.
Cando a vaca que tiñan na casa non tiña leite, o facían ca leite condensada que tiñan a vender.

Mª CARMEN, 71 anos, O Saviñao: “Ovos fritos con pan frito”.
Os ovos eran das pitas da casa, e o pan o mercaban na panadería de Escairón que estaba preto do campo da feira. O aceite mercábano nun ultramarinos.
Tamén lle gustaba o pan frito con leite e café no almorzo.
E con ovos a súa nai lle facía tamén tortilla con azucre xa que era moi mala comedora.

OBDULIA, 77 anos, Paradela: “Tortilla”.
Os ovos eran das pitas da casa.
E algunhas veces facíanlle sopas de pan feito na casa ó que puñan ablandar con auga quente e por riba un rustrido de aceite que mercaban nun ultramarinos, sain (grasa dos porcos da casa), allo, cebola, pimentón e un ovo da casa por riba.