Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade II Xornada de encontro e presentación do proxecto Sons e Voces da Identidade
Hai agora tres anos, o Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego
convocou un primeiro encontro de presentación do proxecto Sons e Voces da
Identidade. Neste tempo, puxéronse a andar os traballos e hoxe o Arquivo do
Patrimonio Oral da Identidade é unha realidade en desenvolvemento, que podedes
seguir nesta páxina.

Hoxe, como hai tres anos, o noso propósito ao facer esta convocatoria é triplo:
1. Dar a coñecer os aspectos máis relevantes do proxecto Sons e Voces da
Identidade e os resultados acadados no seu desenvolvemento, directamente
da man dos seus autores.
2. Invitar as persoas interesadas que dispoñan de rexistros sonoros susceptibles de
se incorporar ao APOI a que fagan novas contribucións.
3. Incorporar as suxestións e críticas que outros especialistas poidan achegarnos,
tanto respecto do traballo que actualmente temos en execución no campo
do patrimonio musical, coma da nova fase que estamos por acometer para
incorporar ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade materiais doutra
índole.

A xuntanza será xoves 11 de novembro ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.
Comentarios
Publicar un comentario