Arte + Grandes Eventos

As artes visuais contemporáneas adxectívanse baixo o signo do espectáculo. O seu rol social debúllase na contorna das políticas culturais e ao abrigo das institucións márcanse os calendarios expositivos; unhas citas que rexen o ritmo e sinalan aos protagonistas da dramatis personae deste complexo guión do sistema arte.
Na secuencia dos grandes eventos culturais escritos polas institucións públicas e privadas —en numerosas ocasións alleas ao eido artístico— xéranse programacións, principalmente expositivas, nas que se exportan como criterios determinados parámetros de actuación.
Na derradeira década do século XX, acompañados pola opulencia do benestar económico, asistimos ao agromar de grandes eventos culturais; foros hexemónicos que, co paso do tempo e xa finalizando a primeira década do século XXI, continúan a retroalimentar os seus ciclos.
A presenza das artes visuais nestas realidades, nestas celebracións e grandes eventos (situados ou non dentro do artístico) é reclamada desde o propio eido, afianzándose a idea de que as políticas culturais marcan os ritmos das artes visuais.
Detrás de cada un destes feitos ou eventos artísticos hai toda unha serie de xestos, procesos, decisións e cuestións que constrúen a súa estrutura: Que? Por que? Para que? Quen? Onde? Cando? Como? Canto?

Imaxinación, talento, audacia e rigor; pero tamén financiamento, vocación ou non de superprodución ou entertainment, contido e contedor, audiencias, obxectivos… Todo entra en xogo e, moitas veces, deixa un sabor de conflito: arte e cultura versus espectáculo e show business; coñecemento e pensamento crítico social versus xogos florais, artificiais e acomaditicios; profundidade de contidos versus a superficialidade dunha simple foto como testemuño e acontecemento mediático.
A través destas dúas xornadas de charlas e debate abordaranse diferentes perspectivas sobre estas cuestións: desde a visión sociolóxica até a crítica institucional ou as teorías da cultura e da espectacularización do feito artístico, pasando pola voz dos propios creadores, así como a opinión de directores de museos, centros de arte, bienais, feiras ou xestores de eventos.
ORGANIZA:
Consello da Cultura Galega (Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas)
Centro Galego de Arte Contemporánea
Consello da Cultura Galega (Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas)
Centro Galego de Arte Contemporánea
COORDINA:
María Luísa Sobrino
Miguel von Hafe Pérez
María Luísa Sobrino
Miguel von Hafe Pérez
COMITÉ DE ORGANIZACIÓN:
Camilo Franco
Federico López Silvestre
Carme Nogueira
Antón Patiño
Seve Penelas
Natalia Poncela
Miguelanxo Prado
Carlos Rosón
María Luísa Sobrino
Miguel von Hafe Pérez
Camilo Franco
Federico López Silvestre
Carme Nogueira
Antón Patiño
Seve Penelas
Natalia Poncela
Miguelanxo Prado
Carlos Rosón
María Luísa Sobrino
Miguel von Hafe Pérez
Inscrición
A cota de inscrición é de 10 € (para estudantes e licenciados en paro: 5 €) e farase efectiva mediante unha transferencia bancaria á conta: Caixa Galicia 2091-0300-47-3110063172.
Para formalizar a inscrición deben enviar o xustificante de pagamento. O número prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás xornadas. Para obter o diploma
é preciso asistir ao 75% das conferencias. Inscrición e máis información: loxistica@consellodacultura.org

Comentarios
Publicar un comentario