O SOÑO
De Helena Villar Janeiro
A poeta soñaba cun xardín
onde o tempo transcorrese en labirintos
e a lúa se espellase manseliña nas augas
dun círculo sagrado que amamantaba a chuvia.
Ao pequeno xardín veñen palabras
para formar poemas que o cántico das aves
marca cos seus acentos
e as nubes pastorean
baixo o brando caxado do seu ritmo.
A poeta soñaba que soñaba
cabo da engaiolante xeometría
duns chantos nus amados polos liques.
Helena Villar Janeiro
1 de setembro de 2010

· · Compartir
- Labirinto de Tor
Alfredo Pardo Hermida Entre xeometrías labirínticas e liques, estabas tí no Pazo de Tor, apoiando un proxecto audiovisual e punto de encontro para afianzar unha fermosa amizade. Gosto de copiar este soño para poñer na nosa páxina web. Bicos.
Hace 18 horas · · 7 personas ·
Helena Villar Janeiro Certo. Como ves tarde que quedou gravada no corazón da poeta. Grazas por divulgalo e unha gran aperta.
Hace 18 horas · · 2 personas ·
Petri Daza Gonzalez a Lúa se espellase manseliña nas augas ...... esta frase da unha paz interior inmensa , creo que todo o poema , falla fai nestes tempos ¡¡¡¡¡ gracias Helena ¡¡¡
Hace 18 horas · · 2 personas ·
Helena Branco
Querida POETA ...são os labirintos como ruas do entendimentos , intrincados para que não nos facilitem o sentido nos apurem a descoberta da verdade... água da vida interior, que nos há-de vir
" com o canto das aves...
uma bela metáfora" HVIL...Ver másHace 17 horas · · 2 personas ·
Mercedes Leobalde Grazas polo momento de placidez que me acabas de regalar co poema e co xardín. Gústanme moito eses chantos nus amados polos liques, tanto en palabras como en imaxe (a foto, bonitísima!). E o que ti transmites aquí debe ser iso que chaman paz interior, si.
Hace 17 horas · · 2 personas ·
Paz Raña Lama Benzóns à poeta que soñaba con xardíns e alivia o noso desconcerto perante o nacemento das palabras... dos poemas. Bicos.
Hace 16 horas · · 4 personas ·
Asuncion Campos Gracias Helena por compartirlo conmigo es un hermoso poema.Besosss!!!!!
Hace 14 horas · · 2 personas ·
Anxos Casteleiro Fermosísimo o teu xardín dos soños........Grazas...por deixarme percorrer este labirinto ....no que non importa perderse.....!!!!!!!!!!
Hace 11 horas · · 3 personas ·
Begoña Outeiro Súmome ao soño da poeta. Quen non desexa un xardín onde o tempo transcurra entre labirintos?
Beixinhos.
Hace 11 horas · · 6 personas ·
Ramón Loureiro Calvo E menos mal que nos quedan labirintos!!!
Precioso.
Hace 7 horas · · 3 personas ·
Mercedes Vazquez Saavedra
A primeira vez que entrei no Pazo de Tor-,xa haí moitos anos,- da mán de María Teresa Taboda,- carnal da dona do pazo-, e de Matías Oñate ( o marqués vello), ollei o "xardín das delicias" e máis o "xardín dos horrores"; ao tempo que as dúas "mariasteresas" falaban co vello marqués de Ugena das truculentas histórias dos seus antepasados...
Obrigada Helena, por retrotraer co teu poema as miñas vivenzas de noutrora. Unha aperta amigaHace 7 horas · · 3 personas ·
Pilar Borrazas coido que os soños son os que nos fan sair do laberinto donde vibimos,que fariamos si non soñaramos
Hace 6 horas · · 2 personas ·
Crisanto Veiguela Martins Um precioso poema, perfeito para começar Setembro; encerra muitos significados, quiçá tantos como cada leitor lhe queira dar, além dos que a própria poeta sente e sabe. Para mim tem um algo mágico que me leva à calma da senhardade, dessa saudade tão de nosso onde descansar dos labirintos, às vezes de desassossego, em que decorre o tempo na mente de cada um... Obrigado pelo presente, Helena.
Hace 6 horas · · 1 persona ·
Helena Villar Janeiro Moitas grazas, amigas e amigos. Quen tivo a sorte de descubrir este raro xardín un serán chuviñoso de fins do inverno, sentirase moi afortunado. Si hai no poema esa paz que inspira a foto, logrei o que me propuxen. Benzóns e cariños.
Hace 5 horas · · 8 personas ·
Mari Noya Otero Mergullada nese xardín con orballo un serán de inverno e acompañada das túas verbas,é imposible non sentir PAZ.Grazas Helena.
Hace 3 horas · · 1 persona ·
Comentarios
Publicar un comentario