O vindeiro mércores, 6 de outubro, comezan as xornadas "Arte + Grandes Eventos", organizadas polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Arte Contemporánea. Coordinadas por María Luísa Sobrino e Miguel von Hafe Pérez, as xornadas celebraranse o mércores 6 de outubro (sede: Consello da Cultura Galega) e xoves 7 de outubro (sede: CGAC) e abordarán diferentes perspectivas sobre estas cuestións: desde a visión sociolóxica até a crítica institucional ou as teorías da cultura e da espectacularización do feito artístico, pasando pola voz dos propios creadores. Ademais, contaremos coa opinión de directores de museos, centros de arte, bienais, feiras ou xestores de eventos como é o caso de Arturo Rodríguez Morató, José Luis Pardo, Santiago Olmo, Catherine David e Isidoro Valcárcel Medina.
Se é do seu interese e aínda non formalizou a súa inscrición, pode obter máis información sobre o programa e asistencia na ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario