REDE MUSEISTICA DE LUGO:VERÁN 2010
MUSEOS… ESPAZOS… PARA COMPARTIR
As actividades na Rede Museística configúranse como un nexo
de unión ou complementación: un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode
axudar a construcción da identidade e o desenvolvemento da
comunidade, favorecendo as relacións de cooperación , así como a colaboración intercultural.
No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os seguintes
principios:
SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades de acordo
coa filosofía de obter satisfacción persoal ao realizar algo
feito por un mesmo.
PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que
estimulan a creatividade individual e colectiva.
COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o
traballo en equipo.
DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa
propia experiencia. Así faremos webs, los blogs, etc.
DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o
desenrolo integral.
COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste
programa potencian novas capacidades cognitivas:
-Aprender a coñecer
-Aprender a ser
-Aprender a vivir xuntos
-Aprender a facer
EMOCIÓN. a importancia da emoción e o asombro na
arte de medrar.
Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura.
O papel do museo como un servizo cultural á comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que rodea.
Baixo o título Museos espazos para compartir, Museos Verán 2010 para compartir; organizamos tres campamentos con múltiples obradoiros nos Museos de San Paio de Narla , Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.
O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos:
Compartir disciplinas: Arte, ciencia, Natureza
Compartir culturas: Proxectos de comunidade
Compartir en Internet: proxectos de redes Sociais
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
San Cibrao, Cervo (Lugo) Tfno.: 982 594572 /
Horario de xuño a setembro: De martes a sábado, de 11 a 14 e de 17 a 20 h.; domingos e festivos de 11 a 14 h.
Horario de outubro a maio: De martes e sábado, de11 a 14 h. e de 16 a 19 h. domingos e festivos de 11 a 14 h. Luns pechado.
Entrada gratuíta
CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV -2010
No programa de actividades que puxemos en práctica o pasado ano (verán 2009), quixemos introducir ós rapaces no día a día do mundo do mar e dos seus oficios, fabricar con eles unha nova lente que lles aportase unha forma diferente de mirar e de comprender a realidade do entorno co que interactúan a diario, pero para o que non posuían os suficientes coñecementos para interpretalo.
Neste senso, o proposta para o verán 2010 pretende asentarse nos mesmos obxectivos de diversión e aprendizaxe, interacción co medio e de recuperación e difusión da memoria histórica e dos saberes tradicionais. Para acadar todos estes fins non so faremos partícipes ós nenos, senón que procuraremos a comunicación interxeneracional, estenderemos as nosas redes a pais, nais, avós... Así pois, acodiremos novamente á rica tradición oral coa que contan tóda as sociedades mariñeiras, como é San Cibrao, donde as historias e as lendas do mar se transmiten de pais a fillos sen interrupción.
A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 14 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requirirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos ou para o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo, etc.
O programa de actividades dividirase en dous campamentos, un no mes de xullo e outro no mes de agosto.
A temática deste ano seguirá un derroteiro máis histórico e tamén seguindo incidindo na educación en valores. Así pois, as actividades fundamentaranse principalmente en estas liñas argumentais:
BLOQUE I: A navegación na Idade Moderna (ss. XV-XVI)
BLOQUE II: As artes de pesca para un medio mariño sostible.
BLOQUE III: As Novas Tecnoloxías e o mar.
BLOQUE IV: CONTAME TI CONTA CONMIGO: OBRADOIROS DE TRANSMISIÓN DE SABERES. RETRATOTE TE RETRATO E TECENDO EXPERIENCIAS.
Dentro do primeiro bloque, queremos destacar a importancia que tiveron os séculos XV e XVI para o despegue definitivo da construción naval e, por ende, da navegación. Utilizaremos o tema dos piratas e corsarios, tan atractivo para os rapaces a través de filmes coma “Piratas do Caribe”, para achegarlles un pedazo de historia que derrubou mitos, abriu mentes e descubriu mundos, e que significou o primeiro fenómeno de globalización coñecido, fundamentado sen discusión algunha, na arte de navegar: nova ciencia e grandes barcos a vela.
As liñas argumentais deste ámbito serán:
1. Descrición do proceso construtivo dun barco de vela na Idade Moderna e principais partes do navío.
2. ¿Por qué flotan os barcos?: o Principio de Arquímedes aplicado á construción naval.
3. Recreación da vida a bordo: a tripulación e as súas tarefas. Xogos de rol.
4. A navegación astronómica: seguimos o camiño das estrelas. Taller de orientación e construcción de instrumentos de navegación.
Dentro do segundo dos bloques, desenvolveremos actividades que intentarán explicarlles ós rapaces o efecto nocivo que ten a sobrepesca ou o emprego de artes “depredadoras”, como os aparellos de arrastre, para a sostibilidade do medio mariño a medio e longo prazo. Tomaremos como exemplo de arte selectiva o curricán, empregado polos boniteiros de Burela.
Aproveitando este tema, volveremos a realizar unha das actividades estrela da pasada temporada, a captura de cangrexos con zarandas, como unha forma práctica de usar un aparello respectuoso co medio.
Para finalizar a experiencia, tamén repetiremos a preparación do chicharro lañado, tanto como unha forma de recuperación da tradición, a salgazón como medio de conservación do peixe, como un medio de xuntar ó redor dunha mesa a todos os que facemos museo e renovar así os nosos votos de compromiso co futuro da institución.
Tódalas actividades que de seguido vamos relatar, quedarán debidamente rexistradas polos nenos, que cubrirán como xornalistas as súas propias experiencias no contexto da actividade VIDEO REDE, iniciada a campaña pasada con moito éxito tanto polo que atinxe ós protagonistas como ós seguidores das nosas andanzas polas canles que a Rede Museística ten habilitadas en Youtube ou nas redes socias da internet. Este seguimento mediático farémolo extensible ó programa de radio de carácter mensual que os rapaces están a producir desde o pasado verán.
Pretendemos tamén axudar a estreitar lazos entre distintas xeracións familiares.
CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV
Mestres: Encarna Lago e Silvia Fiallega
Idades : 4 a 16 anos
Horario : 11 a 13,30 en xullo en agosto os días 9,10,11 de 17 a 19,30
Prazas:20
Datas:5 ,6,7,8,9,10 xullo
Agosto: 9,10,11,12,13,14 agosto
OBRADOIROS INCLUIDOS NO CAMPAMENTO RUMBO NORTE IV:
BLOQUE I: MESTRAS ENCARNA LAGO E SILVIA FIALLEGA
1-AS PARTES DUN BARCO : O GALEÓN
2-TRIPULACIÓN A BORDO
3-O BARCO PIRATA
4-¡A ABORDAXE!
5-O MAPA DO TESOURO
6-EUREKA : O PRINCIPIO DE ARQUIMEDES: PQ FLOTAN OS BARCOS, 7-COMO FUNCIONA UN SUBMARINO.
8-OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN: A NAVEGACIÓN ASTRONÓMICA
9-A ROSA DOS VENTOS: OS PUNTOS CARDINAIS E ORIENTACIÓN
10-OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DE COMPAS
11-OBRADOIRO DE FABRICACIÓN DUN ASTROLABIO OU SEXTANTE
12-CONSTRUCCION DUNHA AMPOLLETA(RELOXO DE AREA)
BLOQUE II: MESTRAS: SILVIA FIALLEGA E ENCARNA LAGO
13-OBRADOIROS DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL EN TORNO O MEDIO MARIÑO(ARTES DE PESCA)
14-TRAGAPEIXES
15-REDES DE DERIVA
16-PESCA SUBMARINA
17-NESTE PORTO HAI LUME?
BLOQUE III E IV:MESTRAS: PILAR, RUTH, AMELIA E ENCARNA
18- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACIÓN Á CESTERIA IMPARTIDO POR UNHA MESTRA CEGA: PILAR
19-RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVÓS E NETOS.
20-OBRADOIROS DE XOGOS ROMANOS DE TABOLEIRO:
MESTRES: MONITORES DA ASOCIACIÓN CULTURAL “CAETRA LUCENSIUM MM X”
DATAS:9,10,11 DE AGOSTO
HORARIO: de 17 a 20 horas
PRAZAS: 15 PARTICIPANTES
OBXETIVOS: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.
21-CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA
Mestres:Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo.Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica
Idades: De 6 a 9 anos
Horario: De 11:30 a 13:30 horas.
Prazas: 15 participantes
DATAS : 30,31 de xullo e 1 de agosto
EXPOSICIÓNS
EXPOSICIÓN CENTENARIO LUIS SEOANE: PEZAS CEDIDAS COLECCIONISTA PRIVADO SALVADOR COROTO
CINE E MAR: AS SETE DA TARDE TEREMOS PROXECCIÓNS TODOS OS DÍAS DO VERÁN AGÁS OS DOMINGOS.CEDIDAS POLO CGAI.
Atlántico espinoso ( Juan Lesta, 2002 ) | |
Tipo de produción | Videocreación |
Duración | 9 min. |
Produción | |
Produtor | Belén Montero |
Guión | Juan Lesta |
Fotografía | Pablo Anllo |
Sinopse | Paralelismo entre a creación dunha escultura colgante nas rochas próximas á Torre de Hércules e o mar. |
Dispoñible | DVD |
Batea ( Xosé Vilaboy, 1999 ) | |
Tipo de produción | Videocreación |
Duración | 15 min. |
Produción | |
Produtor | María Maceiras, Miguel Asensio |
Guión | Xosé Vilaboy |
Fotografía | Suso Bello; Cámara submarina: Xabier Garrote |
Sinopse | Ballet sobre unha batea. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Camiño das estrelas, O ( Chano Piñeiro, 1993 ) | |
Tipo de produción | Curtametraxe |
Duración | 34 min. |
Produción | Consellería de relacións Institucionais e Portavoz do Goberno, Xunta de Galicia. S.A. de Xestión do Plan Xacobeo 93 |
Produtor | José D. Jacoste |
Guión | Chano Piñeiro |
Fotografía | Tomás Pladevall |
Intérpretes | Sabela Páez, Gustavo Salmerón, Luis Baro Boo |
Sinopse | Unha historia de amor entre un lobo e unha serea, dous persoaxes moi ligados á nosa tradición e aos mitos cinematográficos universais. Os protagonistas van por distintos sitios que serven para amosar Galicia: unha rapa das bestas, un desfile de modelos, a loita dos percebeiros, un concerto da Nova Orquestra Galega e o Orfeón Terra Nosa en San Martiño Pinario, a Escola de Canteiros de Poio, un entroido cos cigarróns de Verín... |
Dispoñible | VHS / DVD |
Good night mon ami ( Tomás Conde, Virginia Curiá, 2002 ) | |
Tipo de produción | Curtametraxe |
Duración | 11 min. |
Produción | Lúa Films S.L. Algarabía Animación Televisión de Galicia |
Produtor | José Mª Suárez, Emilia Neira |
Guión | Tomás Conde, Virginia Curiá |
Fotografía | Virginia Curiá |
Sinopse | Dous mariñeiros que falan distinto idioma tropezan na rúa e van tomar algo ao bar. O que non saben é que antes de tropezar, outro home roboulles as carteiras. |
Dispoñible | DVD |
Morrer no mar ( Alfredo García Pinal, 1984 ) | |
Tipo de produción | Curtametraxe |
Duración | 12 min. |
Produción | C.A.L.P. |
Produtor | Carlos L. Piñeiro |
Guión | Alfredo García Pinal |
Fotografía | Juan Cuesta |
Intérpretes | Diego Vasco, Margo Díaz, Juan Cejudo, Manuel Pombal, Alfonso Agra, Perfecto Piñeiro. |
Sinopse | Un mariñeiro desaparecido no mar despídese da súa muller e do seu fillo a noite antes de aparece-lo seu cadáver na praia. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Xinetes na tormenta ( Ricardo Llovo, 2001 ) | |
Tipo de produción | Curtametraxe |
Duración | 15 min. |
Produción | |
Produtor | Conchi Fontenla, José Díaz, Moncho Varela |
Guión | Ricardo Llovo (baseado nun relato de Manuel Rivas) |
Fotografía | Alberto Goitia |
Sinopse | Xinetes na tormenta é a historia da primeira marea no Gran Sol de Suso. O rapaz embárcase coa intención de aforrar para mercar unha guitarra, unha Fender, e será testemuña do drama de Andino, un mariñeiro que leva con el a foto do seu amor, unha muller pola que está disposto a cambiar e abandonar o alcohol. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Algas ( Kike Porteiro, David González, 2000 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 29 min. |
Produción | |
Produtor | Javier Blanco, Ruth Pereira |
Guión | H. Rivadulla |
Fotografía | Antonio Vales, Kike Porteiro |
Sinopse | Documental no que se narra o proceso de transformación das algas para o consumo humano. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Batea afundida ( Manuel Uhía, 1993 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 22 min. |
Produción | Productora Faro, S.A. Marevisión |
Produtor | Elena Troncoso |
Guión | Manuel Uhía |
Fotografía | Luis Pardo, José Luis González, Alfredo Blanco, Antonio Rodal |
Sinopse | A batea afundida é un documental que presenta os microorganismos e outras formas de vida que se poden aloxar nun pecio; neste caso trátase dunha vella batea afundida nunha das nosas rías. A visita, da man dos nosos cámaras a este microcosmos, sorprenderá en moitos casos ao espectador pola súa beleza e complexidade, achegándoo a un mundo misterioso e descoñecido. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Costa da Morte ( Xosé Cuincego, 1991 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 30 min. |
Produción | |
Produtor | Xosé Xoán Cabanas Cao |
Guión | Ramón Francisco, Ramón Santiago |
Fotografía | Angel Araujo, Miguel L. Caeiro, Emilio Gómez Galki |
Intérpretes | Angel Araújo, Miguel L. Caeiro, Emilio G. Galkina |
Sinopse | "A Costa da Morte" é un documental de natureza que intenta incorporar ao mundo da imaxe os outros habitantes das zonas húmidas do noso país: as aves. Este capítulo mostra o tramo occidental da costa, 200 km. de penas graníticas desde San Adrián a Fisterra. As Sisargas é o arquipélago máis importante. Amósase a vexetación dos seus pequenos bosques nos que abundan as especies comúns de herbas de namorar, fieito, perexil de mar, os liques... Os seus refuxios naturais, Corme, Camariñas, Laxe, coa vida propia dos portos desta costa, onde aniñan multitude de aves mariñas: gaivotas craras e escuras, corvos mariños... Tradición, lenda ou realidade. Natureza, vida ou morte danse unha aperta nas augas da Costa da Morte. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Faros da vida, Os ( Antonio Vales, 2002 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 28 min. |
Produción | Galicia Media |
Produtor | Emilia Neira, Xose Mª Suárez |
Fotografía | Antonio Vales, Héctor Cerdeira, Alberto Fraga |
Sinopse | Documental sobre os pincipais faros galegos |
Dispoñible | VHS / DVD |
Faros da vida II, Os ( Juan Carlos Rodríguez Sánchez, 2003 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 21 min. |
Produción | Galicia Media |
Guión | Juan Carlos Rodríguez Sánchez |
Sinopse | Segunda parte dos Faros da vida. Recompilatorio sobre os faros que hai en Galicia e a importancia que estes tiveron para o control do tráfico marítimo. |
Dispoñible | DVD |
Illa Coelleira ( Mateo Meléndez, 1994 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 23 min. |
Produción | CAI Producciones, Intrasub S. Coop, Mateo Meléndrez, Ricardo Serrano, Carlos Ares, Juan Meléndrez, Catalina Puy, Fernando de Dios, Héctor Cerdeira |
Intérpretes | Manuel Manquiña, Lucía Martínez, Alfredo J. Veiga, Guillermo del Río |
Sinopse | A illa Coelleira é un documental sobre esta illa, que se atopa nas costas da provincia de Lugo. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Illas Sisargas ( Daniel Domínguez, 1993 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 27 min. |
Produción | Luz Directa |
Produtor | Xesús Vecino |
Guión | Daniel Domínguez |
Fotografía | Pedro G. Losada |
Intérpretes | Uxía Blanco |
Sinopse | Documental sobre a fauna, a flora, e a orixe das Illas Sisargas, e a dos seus antepasados, os servandos. O norte do paralelo 43 nunha esquina da Costa da Morte: "máis alá do fin do mundo" Malpica pobo mariñeiro da comarca de Bergantiños donde os seus habitantes gardan recordos de baleas e baleeiros, é unha horta e unha veira do mar. Habitat por excelencia das gaivotas, son tamén as Sisargas un xardín donde as formacións vexetais conviven coas volvoretas nun ecosistema delicado é fraxil que constitúe todo o borde litoral. Entre a terra e o mar afíncase a paisaxe incerta dos homes libres que prefiren a patria do misterio e o que motivou esta viaxe polas illas. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Illas Sisargas, illas da vida ( Juan Carlos Rodríguez Sánchez, 2003 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 29 min. |
Produción | Galicia Media |
Guión | Juan Carlos Rodríguez Sánchez |
Sinopse | Documental que aborda a importancia ecolóxica e cultural que ten o arquipélago das Illas Sisargas. |
Dispoñible | DVD |
Latexo das nosas rias, O ( 2003 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 22 min. |
Produción | |
Sinopse | Percorrido polos fondos submarinos das rías galegas. |
Dispoñible | DVD |
Oficios do mar de Galicia, Os ( Juan Carlos Rodríguez Sánchez, 2003 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 25 min. |
Produción | Galicia Media |
Guión | Juan Carlos Rodríguez Sánchez |
Sinopse | Documental que aborda os oficios tradicionais do mar. |
Dispoñible | DVD |
Percebeiros ( Paco Cuesta, 1999 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 28 min. |
Produción | IJV Comunicación |
Produtor | María López Viéitez |
Guión | Paco Cuesta |
Fotografía | Fernando Dans, Antonio Vales |
Sinopse | O mar bate nas rochas. Santa Mariña. Unha pequena vila da costa da Morte. Aquí o ritmo das ondas é o ritmo da vida... “Percebeiros” achéganos á vida deses homes e mulleres. Dos que traballan na recollida do percebe, e dos que esperan en terra. Todos eles dependen do mar. As súas voces son o eco da voz do mar. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Recuperación de animais varados en Galicia ( José Ramón Vilas, 2000 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 30 min. |
Produción | Rom Vídeo Dixital, S.L. |
Guión | C.E.M.MA (Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños) |
Fotografía | Luis Laría, Manuel E. Garci, José Ramón Vilas |
Sinopse | Labores de rescate de mamíferos mariños da C.E.M.MA. en Galicia |
Dispoñible | VHS / DVD |
Surf, a primeira onda ( Sonia Barros, 2002 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 26 min. |
Produción | IJV |
Produtor | Miguel Asensio |
Guión | Sonia Barros |
Fotografía | Fernando Dans, Moncho Rebón |
Intérpretes | Vari Caramés, Carlos Bremón, Pedro Novalbos, Vicente Irisarri, Gony Zubizarreta, Cristina Irisarri, Rufo Tizón, Tito "el viejo" |
Sinopse | Surf a través dun grupo de amigos galegos. |
Dispoñible | VHS / DVD |
Terra de náufragos ( Jorge Algora, 2002 ) | |
Tipo de produción | Documental |
Duración | 55 min. |
Produción | |
Produtor | Pilar Varela |
Guión | Jorge Algora, Carolina Silva, Rita Romero |
Fotografía | Isaac Ruppen, Suso Bello, Luis Longueira |
Sinopse | Testimonio de mariñeiros superviventes dalgún naufraxio |
Dispoñible | VHS / DVD |
Talleres Alonarti. Sociedad La Artística ( José Gil, 1928 ) | |
Tipo de produción | Curtametraxe |
Duración | 26 min. |
Produción | Galicia Cinegráfica |
Guión | José Gil |
Fotografía | José Gil |
Sinopse | Talleres Alonarti, é un dos primeiros documentos de traballo das mulleres na industria conserveira. Está centrada na fabricación de envasas de lata para a industria conserveir. A través de rótulos interccalados, se vai seguindo todo o curioso proceso fabril dunha empresa con ducias de empregados que Gil reune para a secuencia final abandonando a factoría, á maneira de “Salida de los ofreceros de la fábrica” de los hermanos Lumière. |
Restauración | 2001. Centro Galego de Artes da Imaxe. Recuperación: Alonarti Envases, Jesús Giráldez Rivero (Universidad de Santiago de Compostela). Coordinación: Alejandro Villodas (CGAI). Reprodución: Iskra |
Dispoñible | VHS / DVD |
Comentarios
Publicar un comentario