Ir al contenido principal

ACTIVIDADES DE VERÁN NO PAZO DE TOR

As actividades na  Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o  museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural.
No programa colaborativo deseñado dende a Xerencia da Rede presentamos un conxunto de obradoiros elaborados baixo os siguintes
principios:

SIMPLICIDADE. Un valor que define as actividades seguindo a filosofía de obter satisfación persoal ao realizar algo feito por cada un mesmo.

PARTICIPACIÓN. Fomento das actitudes proactivas que estimulan a creatividade individual e colectiva.

COLABORACIÓN. Propostas colaborativas que fomentan o traballo en equipo.

DEDUCIÓN. Dinámicas que nos permitan aprender da nosa propia experiencia. Así faremos webs, blogs ...

DIVERSIÓN. O xogo como instrumento clave para o desenvolvemento integral.

COÑECEMENTO. Todas as actividades propostas neste programa potencian novas capacidades cognitivas:
- Aprender a coñecer
- Aprender a ser
- Aprender a vivir xuntos
- Aprender a facer

EMOCIÓN. A importancia da emoción e o abraio na arte de medrar.

Os museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo tentan ano a ano satisfacer a demanda de todas aquelas persoas, especialmente dos máis pequenos, que queren aproveitar o período vacacional para acrecentar os seus coñecementos e experiencias tendo como referentes a arte, a historia e a cultura.

O papel do museo como un servizo cultura a comunidade , como un lugar aberto a diversas disciplinas artísticas, como un espazo de construción de experiencias. Dende a Rede non podemos imaxinar un museo illado do contexto que o rodea.

Baixo o título Museos espazos para compartir, Verán 2010 organizamos tres campamentos  con  multiples obradoiros nos Museos Fortaleza San Paio de Narla , Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar.

O deseño das actividades xira en torno a tres bloques temáticos:
Compartir disciplinas: Arte, ciencia e natureza
Compartir culturas: Proxectos de comunidade
Compartir en Internet: Proxectos de redes sociais



PAZO DE TOR 

O Pazo de Tor é unha fermosa mostra da arquitectura pacega galega. Presenta unha colección musealizada que transmite a vida da fidalguía galega.

Cada estancia esta debidamente acondicionada e habilitada para cumprir ese fin e o obxetivo. Con este campamento ofrecemos un sinfín de posibilidades para aprender, imaxinar, compartir e disfrutar.

Un Pazo que se reinventa e avanza co paso do día a día …ven cumpre a vontade da donante que quixo que este museo fora teu.

Pazo de tor un museo para todos entre todos.

CAMPAMENTO NO PAZO DE TOR

Datas: 17, 18, 19 e 20 Agosto
Idades: de 4 a 15 anos
Horario : de 11,30 a 13,30 h
Prazas: 15 participantes
Obxectivos: Aprender a coñecer ,aprender a ser, aprender a vivir xuntos, aprender a facer. A idade dos nenos comprende un abano moi amplo, dos 4 ós 15 anos. Esta circunstancia unida á diversa procedencia dos participantes, requerirá que lle prestemos unha especial atención ó fomento de valores como o respecto pola diferencia, a responsabilidade para o coidado dos mais pequenos, o mantemento do material, a cooperación e as dinámicas de grupo...

Bloque 1: Mestres: Encarna Lago, Juan Ignacio Marquez e Cristina Barreiro

1- OBRADOIRO DE RELOXOS DE SOL
2- DOMINGO DE FONTÁN: CARTAS XEOGRAFICAS : Investigar,conservar e expoñer nun museo. Xogamos aos museólogos.
2- REDE DE HISTORIAS, XOGO DE ROL: CARLISTAS E FRANCESES EN TOR.
3-  TWISTER DA DIVERSIÓN HISTÓRICA NO PAZO DE TOR
4- DE PORTO A PORTO.
5- VIDEOREDE:OBRADOIRO DE CÓMO FACER UNHA WEB , UN PROGRAMA DE RADIO, DE TV, REDES SOCIAIS.

Bloque 2: Mestres: Encarna Lago, Pilar García e Ruth Nuñez

Para compartir en familia: 
6- OBRADOIRO DE TRANSMISIÓN DE SABERES DENDE A MIRADA DA EXPERIENCIA: INICIACION A CESTERIA.
7- RE-TRATO TE RETRATO: OBRADOIRO PARA AVOS E NETOS.


XOGOS ROMANOS DE TABOLEIROS

Mestres: Monitores da Asociación cultural “Caetra Lucensium MMX”
Datas: 17,18 e 19 de Agosto
Idades: de 8 a 12 anos
Horario: de 17 a 19:30 h.
Prazas: 15 particpantes
Obxectivos: Estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural de Lucus Augusti e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.

CAMPAMENTO DE ARQUEOLOXÍA

Mestres:Enrique Alcorta Irastorza, Arqueólogo e Lucía Dequidt Lagares, Departamento de Didáctica
Idades: De 6 a 9 anos.
Data: 27,28 e 29 de xullo.
Horario: De 11:30 a 13:30 h.
Prazas: 15 participantes  

PRESENTACIÓN CANCIONEIRO DE MÚSICA POPULAR GALEGA:

Ayes de mi Pais!: O Cancioneiro de Marcial Valladares
DosAcordes 2010
Resumo: edición crítica do primeiro e até agora inédito cancioneiro de música popular galega, "Ayes de mi país", compilación feita por Marcial de Valladares a mediados do século XIX e que nunca foran publicadas na súa totalidade. Exhaustivo traballo feito polos investigadores José Luis do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartin nunha análise histórica, documental e musicolóxica.
MINICONCERTO UGÍA PEDREIRA
EXPOSICIÓNS:

VIDEPROXECIÓN: SOMBRAS DE SONOS NO BOSCO UXÍO NOVONEYRA NO CUARTO DE CONVIDADOS

TRABALLOS DE RESTAURACIÓN DO MAPA DE FONTÁN


Nota: Haberá servizo gratuito de autobús con saída desde a praza da Compañía ás 11:15 h.



Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati