CARTA GEOMÉTRICA DE GALICIA. Dr. D. DOMINGO FONTÁN. INFORME MEMORIA DA INTERVENCIÓN DE CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN.
En breve daremos novas de material ínédito.Lembramos que xa se pode disfrutar do recén restaurado Mapa de Fontán no Museo Pazo de Tor.
Dr. D. DOMINGO FONTÁN.
INFORME MEMORIA DA INTERVENCIÓN DE
CONSERVACIÓN-RESTAURACIÓN.
FICHA TÉCNICA
Obxeto: Mapa composto por 12 gravados, montados e encolados nunha tea.
Título: “Carta Geométrica de Galicia dividida en sus Provincias.”
Autor: Dr. D. Domingo Fontán.
Gravador: L. Bouffard.
Datación: 1845. Medidas: 235 X 245 cm . 12 folios de 61 X 81 cm .
Situación: Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Informe e orzamento: RST.CB.
INTRODUCCIÓN
Presèntanse nesta memoria as operaciòns levadas a cabo nas tarefas de conservación-restauración a que foi sometida a “Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias” do Dr. D. Domingo Fontán.
O estado de conservación deste mapa era bastante precario. Os principais danos e problemas que presentaba eran:
- Gran cantidade de po e sucidade superficial.
- O papel estaba moi debilitado cunha gran perda das propiedades mecánicas.
- Restos de colonias de fungos de coloración azulada cubrindo toda a superficie.
- Moitas e intensas dobreces, enrrugas, deformacións estructurais, rotos, desgarros e
abrasións.
- Importantes lagoas con pérdida de soporte. As principais, por causa dun
incendio, na parte inferior esquerda.
- Grandes zonas desencoladas e separadas da tea de soporte.
INFORME DA ACTUACIÓN.
As labores de conservación-restauración levadas a cabo no mapa foron as que siguen:
- Limpeza mecánica superficial da peza.
- Desencolado e separación da tea de soporte e dos 12 folios que forman o
mapa.
- Lavado e desacidificación dos documentos engadindo unha reserva alcalina
que os protexa no futuro.
- Tratamento para consolidar e devolver ó papel, na medida do posible, as
propiedades mecánicas perdidas.
- Tratamento funxicida curativo- preventivo.
- Reforzo das abrasións e sutura dos cortes e desgarros.
- Reintegración matérica do soporte mediante inxertos de papel xaponés.
- Planchado, alisado e estabilización dos papeis.
- Reintegración cromática dos inxertos realizados.
- Remontaxe dos papeis sobre novo soporte de tela e posteriormente encolado de
esta tea nun soporte rixido con bastidor.
- Capa final de protección
Comentarios
Publicar un comentario