Ir al contenido principal

UNIDADE DIDÁCTICA PARA A AULA :FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS









                         
UNIDADE DIDÁCTICA

 “FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS”


˜













ÍNDICE



0. SOBRE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA
3
1. OBXETIVOS
3
2. CONTIDOS
4
3. ACTIVIDADES
7
4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS
8
5. A EDUCACIÓN EN VALORES
9
6.  MATERIALES E RECURSOS DIDÁCTICOS
9
7. LUGARES DE DESENVOLVEMENTO
10
8. INTERDISCIPLINARIEDADE
10
9. PROXECTO LECTOR
11
10. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN
11
11. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
12






0. SOBRE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA
   Esta Unidade didáctica nace coa intención de poñer en marcha o proxecto “Follas Novas, Novas Follas”. Ten por obxectivo traballar na comprensión do fenómeno da emigración/inmigración empregando a obra de Rosalía de Castro coma medio vehicular dun xeito multidisciplinar, intergrupal e en rede. A partir de dita comprensión búscase chegar aos valores de igualdade (xénero, raza, condición, relixión...), respecto e protección do medio ambiente, fortalecemento da identidade colectiva, a comprensión d@ "outr@"  e a posta en valor da obra literaria de Rosalía de Castro neste senso.

1. OBXETIVOS
  1. Comprender e expresarse oralmente e por escrito de xeito adecuado en distintos contextos da actividade social e cultural cotiá.
  2. Utilizar a lingua oral de xeito adecuado na actividade social e cultural adoptando unha actitude respectuosa e de cooperación.
  3. Utilizar a lingua eficazmente na actividade escolar tanto para buscar, recoller, seleccionar, contrastar, transformar e procesar información, como para escribir textos propios do ámbito académico.
  4. Usar, en situacións relacionadas coa escola e coa súa actividade, as diversas clases de escritos coa axuda dos cales se produce a comunicación, tanto entre as persoas como destas coas institucións públicas ou privadas.
  5. Utilizar os medios de comunicación social e as tecnoloxías da información e da comunicación para obter, interpretar e valorar informacións e opinións diferentes.
  6. Utilizar adecuadamente a biblioteca e os seus diferentes departamentos como fonte de recursos variados para o desfrute e o pracer de ler, así como para a obtención de informacións variadas.
  7. Utilizar a lectura como fonte de pracer e de enriquecemento persoal, e aproximarse a obras relevantes da tradición literaria galega para desenvolver hábitos lectores.
  8. Comprender textos literarios de xéneros diversos procedentes da literatura galega, neste caso a través da obra de Rosalía de Castro e iniciarse no coñecemento das convencións específicas da linguaxe literaria.
  9. Valorar e estimar a lingua galega como lingua propia como mostra de identidade de Galicia e recoñecer a existencia da diversidade lingüística como feito cultural enriquecedor.
10.        Facer uso dos coñecementos sobre a lingua e sobre as normas de uso lingüístico para escribir e falar de maneira adecuada, coherente e correcta e para comprender textos orais e escritos.
  1. Valorar a importancia de ter unha literatura propia coas súas diferentes manisfestacións histórico-literarias.
  2. Recoñecer a importancia da figura de Rosalía de Castro e a súa obra dentro do contexto literario do Rexurdimento galego.
  3. Estimar a importancia da obra de Rosalía de Castro dende o punto de vista da temática como referente histórico

2. CONTIDOS
        Conceptuales
         Actitudinales
   Procedimentales
Bloque 1. Escoitar e falar

Ø  A lingua oral como fonte de coñecemento e transmisión lingüística nun momento en que non se falaba galego: Dos Séculos Escuros ó  Rexurdimento

Ø  A lectura compartida en voz alta de textos literarios como fonte de pracer.

Ø  A exposición de opinións e pensamentos propios como mecanismo de comunicación.

Ø  A obra de Rosalía de Castro como transmisora da historia dun país.

Ø  A temática coeducativa na obra de Follas Novas de Rosalía de Castro

Ø  Os medios de comunicación orais: As revistas orais e a radio.






- Convencimento da necesidad da lingua como instrumento de comunicación.

- Disfrute da lectura en alto.

- Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas (respecto das opcións de quen fala, non interrupcións inadecuadas, contacto visual).

- Sensibilidade estética ante elementos imaxinativos, emotivos e creativos da literatura oral.

- Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida.

- Interese por expresarse oralmente con claridade, exposición ordenada, pronuncia e entoación adecuadas.

·  Lectura comprensiva, expresiva e con boa entonación dun texto dado.

·  Utilización de documentos audiovisuais para obter, seleccionar e relacionar informacións relevantes identificando, clasificando e comparando.

·  Produción de textos orais para expresar ideas, sentimentos, emocións, desexos, opinións e vivencias.

· Realización de textos orais para usar en MC de carácter oral (radio, revistas orais)

·  Uso dunha linguaxe non discriminatoria e respectuosa coas diferenzas.

Bloque 2. Leer e escribir

Ø  A obra literaria de Rosalía de Castro. Follas Novas e a temática social.

Ø  A lectura como medio para descubrir o noso pasado e a nosa historia.

Ø  A organización da investigación como fonte de búsqueda de coñecemento. A importancia das TIC.

Ø  A importancia dos MC na procura de información sobre un tema determinado.

Ø  A escritura como medio de expresión de ideas e sentimentos.

Ø  A escritura e a lectura como medio de transmisión da información a través dos MC.



- Convencemento de que o escrito necesita planificación.

- Concienciación analítica e crítica ante os textos periodísticos.

- Comprensión de información relevante en textos para aprender e para informarse, tanto os producidos con finalidade didáctica como os de uso cotián.

- Interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e como medio de comunicación de experiencias e de regulación da convivencia.

- Valoración da escritura como instrumento de relación social, de obtención e de reelaboración da información e dos coñecementos.

- Valoración e aprecio do texto literario como vehículo de comunicación, fonte de coñecemento doutros mundos, tempos e culturas, e como recurso de gozo persoal.

- Interese polo coidado e pola presentación dos textos escritos, así como atención ás normas ortográficas.

·  Comprensión de información xeral en textos procedentes de medios de comunicación social.

·  Produción de textos relacionados co ámbito académico para obter, organizar e comunicar información (cuestionarios, resumos, informes sinxelos, descricións, explicacións...)

·  Lectura persoal, silenciosa e en voz alta, de obras adecuadas á idade e aos intereses das alumnas e dos alumnos.

·  Comprensión, memorización e recitado de poemas, co ritmo, a pronuncia e a entoación adecuados.

·  Recreación e composición de poemas e de relatos para comunicar sentimentos, emocións, preocupacións, desexos, estados de ánimo ou lembranzas, recoñecendo as características dalgúns modelos.

·  Elaboración e reescritura de textos literarios (contos, cómics, poesías) e non literarios.

·  Utilización de estratexias de resolución de dificultades léxicas e/ou ortográficas (uso de diccionarios variados en diversos soportes).

·  Dramatización e lectura dramatizada de situacións e de textos diversos.

·  Coñecemento do funcionamento da biblioteca do centro e participación en actividades literarias.

·  Iniciación á creación dunha biblioteca persoal.

·  Uso guiado de programas informáticos de procesamento de textos.

·  Uso dirixido das bibliotecas para obter información e modelos para a composición escrita e para a lectura.

· Uso dirixido das tecnoloxías da información e da comunicación para elaborar os nosos propios MC.

Bloque 3. Reflexionar sobre a lingua

Ø  A figura de Rosalía de Castro como reiniciadora da lingua no Rexurdimento.

Ø  A lingua rosaliana a través da súa obra Follas Novas.

Ø  A variedade lingüística a través da obra de Rosalía.

-       Interese por coñecer a nosa lingua na obra rosaliana

-       Valoración da importancia da nosa lingua como medio de comunicación ó longo dos tempos.

-       Convencemento de que a nosa lingua é un vehículo básico para a transmisión de ideas e sentimentos no contexto escolar e social.

· Conciencia positiva da variedade lingüística existente no contexto escolar e social.

· Comparación de textos orais e escritos producidos en diferentes variedades de lingua.

· Coñecemento da diversidade lingüística e valoración positiva desta riqueza.

3. ACTIVIDADES
- Investigamos a figura de Rosalía de Castro no contexto histórico - literario de Galicia, atendendo ó seu valor literario e lingüístico no momento en que xurdiu e tamén no momento actual.
- Lemos os poemas de Rosalía de Castro dentro da súa obra Follas Novas
- Descubrimos a temática social na obra Follas Novas de Rosalía de Castro e centrémonos na emigración e na muller.
- Eleximos os nosos versos favoritos dentro do libro As viuvas dos vivos e as viuvas dos mortos  de Follas Novas e copiámolos nunha folla de carballo (explicamos aiqui o concepto de Follas Novas e Novas Follas)
- Expresamos de xeito oral o que nos transmiten os versos que eliximos como favoritos.
- Escribimos na mesma folla de carballo eses nosos pensamentos acerca dos temas sociais que preocupaban a Rosalía na súa obra que xa mencionamos por escrito.
-  Aprendemos a importancia de utiliza os termos coeducativos da linguaxe ao falarmos dunha escritora e dos problemas das mulleres ao fío da emigración nas súas diversas vertentes.
- Decoramos do xeito máis representativo as follas novas de carballo que temos creado para reinterpretar así a obra de Rosalía de Castro.
- Creamos as nosas propias noticias para trasmitir o noso traballo.
- Aprendemos a usar os medios TIC como fonte de información (usamos o blog, o videoblog, as revistas orais, etc.)

4. AS COMPETENCIAS BÁSICAS
-Competencia en comunicación lingüística: Esta unidade permite aprender a usar correctamente a linguaxe tanto na comunicación oral como escrita, ó tempo que é quen de interpretala e comprendela en contextos variados. Fomentarase tamén a capacidade de emitir de maneira crítica xuizos así como  opinións diversas.
-Competencia no coñecemento e a  interacción co  mundo físico: A través do traballo realizado as alumnas e alumnos poderán aprender a analizar, interpretar e obter conclusións personais nun contexto no que os avances científicos e tecnolóxicos están en continuo desenvolvemento.
-Tratamento da información e competencia dixital: Por medio desta unidade o alumnado traballará na búsqueda, obtención, procesamento e comunicación de distintas informacións transformadas en coñecemento. Isto supón habilidade para acceder á información e transmitila en diferentes soportes, así como para facer uso das TICs.
-Competencia social e cidadá: Traballarán con esta unidade a capacidade de coñecemento propio por unha banda e a capacidade de comunicarse en diferentes contextos, expresando ideas propias e escoltando as alleas por outra, tentando entender e calorar os distintos puntos de vista. Daráselle valor tamén aos intereses individuales e aos do grupo, o que lles facilitará a participación activa e plena na vida cívica.
-Competencia cultural e artística: Por medio do noso bon facer nesta unidade traballaremos esta competencia tocante á capacidade de coñecer, comprender, apreciar e valorar críticamente as diversas manifestacións culturais ou artísticas, así como saber empregar algúns recursos da expresión artística para realizar obras propias.
-Competencia para aprender a aprender: Darémoslle un pulo coa unidade a habilidade do alumnado para manterse en continua aprendizaxe, tendo así conciencia das propias capacidades así como da capacidade de  sentirse motivado e usar de xeito adecuado as diversas técnicas de aprendizaxe.
-Autonomía e iniciativa personal: Responsabilidade, perseverancia, autoestima, creatividad, autocrítica ou control persoal son algunhas das habilidades relacionadas con esta competencia e que traballaremos ó longo desta unidade.


5. A EDUCACIÓN EN VALORES
Traballaremos nos seguintes:
- Colaborar na planificación e realización de actividades de grupo, aceptar as normas e reglas que democraticamente se establezan, respetando os diferentes puntos de vista e asumindo as responsabilidades que correspondan.
- Establecer relacións equilibradas, solidarias e constructivas coas persoas nas distintas situacións sociais.
- Coñecer e apreciar os elementos e rasgos básicos do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia, e contribuir á súa conservación e mellora.
- Coñecer e respetar a diversidad lingüística e cultural como dereito dos pobos e individu@s
- Comunicarse a través de medios de expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical desenvolvendo a sensibilidade estética, a creatividade e a capacidade para disfrutar das obras e manifestacións artísticas.
- Usar de xeito adecuado diversas fontes de información e os coñecementos e os recursos materiais disponibles.
- Apreciar a importancia dos valores básicos que rixen a vida e a convivencia humana e actuar dacordo con eles.

6.  MATERIALES E RECURSOS DIDÁCTICOS
- Para a investigación na escola
a) Na biblioteca
Recursos en papel: Bibliografía relacionada con Rosalía de Castro (libros, revistas, xornáis, etc.) e diccionarios.
Recursos TIC: Webquests, webs, blogs, wikis, diccionarios online, etc.
b) Na aula
Información recollida na biblioteca
Materiais plásticos para a decoración das follas (pinturas, rotuladores, témperas, papeis para collages, etc)
- Para o traballo coas follas na escola
Follas de carballo en folio proporcionadas pola rede de museos
Materiais plásticos para a decoración das follas (pinturas, rotuladores, témperas, papeis para collages, etc)
- Para o traballo nos museos
- As TICs: Videoblog, blog, facebook, revistas orais, etc.

7. LUGARES DE DESENVOLVEMENTO
A aula: As actividades que se desenvolven en Institutos e colexios están dirixidas e tutorizadas polo persoal docente de cada centro. Intervirán dentro das materias de lingua galega e plástica traballando na documentación, comprensión dos textos rosalianos, elaboración dos textos propios de cada rapaz/a e a ilustración.
A biblioteca: Nos seus recintos levarase a cabo a investigación da obra e vida de Rosalía, a lectura en alto dos seus poemas e a familiarización cos MC e coas TICs no proceso investigador e lector.
Os museos: Os museos nos que se desenvolverán todas estas actividades son os seguintes.
1ª viaxe:
  • Pazo de Tor
  • Museo Provincial do Mar de San Cibrao
  • Museo Etnográfico de San Paio de Narla
2ª viaxe:
  • Casa-Museo de Rosalía de Castro
  • Biblioteca Nacional de Argentina
  • Museo de la Inmigración en Bos Aires (Arxentina)
  • 3ºviaxe:
  • Pazo de Tor
  • Museo Provincial do Mar de San Cibrao
  • Museo Etnográfico de San Paio de Narla


8. INTERDISCIPLINARIEDADE
   Dende o punto de vista da interdisciplinariedade a unidade didáctica comparte actividades coas materias de Lingua Castelá, xa que Rosalía é unha escritora romántica tamén na área de lengua castelá, de Historia, pois a contextualización histórica pode facerse dende esa área e con Plástica ou Debuxo, xa que a decoración das follas de carballo pódese compartir con ese departamento.

9. PROXECTO LECTOR
    A través desta actividade potenciaremos o proxecto lector, pois a meirande parte da actividade xira en torno á lectura e análise da obra e vida da escritora galega Rosalía de Castro, usando ademáis a biblioteca como lugar de traballo e lectura, de xeito que o alumnado a intregre no seu ámbito de traballo.

10. PROCEDEMIENTOS DE AVALUACIÓN
a) Avaliación do alumnado
Utilizaremos como avaliación do alumnado os seguintes instrumentos:
- A observación e o seguimento cotiá: rexistro anecdótico persoal, fichas de seguimento, etc.
- Análise das produccións d@s alumn@s: monografías, resúmenes, traballos de aplicación e síntesis, textos escritos, produccións orais, etc.
- Intercambios orais cos/coas alumn@s: diálogos, entrevistas, posta en común, etc
b) Avaliación do profesorado
É importante que tal e como acontece como o alumnado levemos a cabo unha autoavaliación do profesorado:
Qué avaliamos?
A práctica docente en el aula: A UD (obxetivos, contidos, actividades, recursos, criterios de avaliación e resultados obtidos); a aula (organización, distribución de espazos, mobiliario, acceso ós materiais, actividades que favorecen as relacions…); @ profesor (atención individualizada, comunicación co resto do profesorado e a equipa dos museos...); material didáctico usado e libros de lectura usados.
Cando avaliamos?
Faremos evaluación inicial para situar o punto de partida do grupo-aula, da equipa docente e os recursos de que dispoñemos ; procesual e final de unidad didáctica (para determinar o grao de aprendizaxe ó longo da unidade).

11. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  1. Preténdese avaliar o desenvolvemento da capacidade de comprensión de producións orais cotiás. Avalíase especialmente o recoñecemento das ideas principais, a habilidade de seleccionar a información necesaria segundo o obxectivo e a capacidade para facer algunhas deducións a partir do escoitado.
  2. Téntase constatar a capacidade para expresarse en diferentes contextos comunicativos usando o léxico, as formas lingüísticas, o ton, a entoación e a pronuncia axeitados, e a de iniciar e soster unha interacción comunicativa.
  3. Quérese observar o coñecemento dalgúns textos da literatura oral (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos) adecuados ao seu interese, nivel e contorno.
  4. Detectar e comprender a información explícita en textos escritos (en soporte papel ou dixital) realizando inferencias directas sobre o seu contido. Este criterio pretende avaliar a capacidade de localizar e extraer a información relevante de textos escritos variados, así como de elaborar inferencias directas a partir de datos presente neles.
  5. Comprobarase se o alumnado establece relacións entre os seus coñecementos previos e as súas experiencias e a información contida no texto. Verificarase o uso de estratexias de comprensión baseadas na anticipación, na formulación de hipóteses, na explicitación dos obxectivos ou propósitos lectores, na interpretación de indicadores textuais, paratextuais e contextuais e de estratexias de resolución de dificultades léxicas (uso de diccionarios, dedución polo contexto...) e de integración (reler, retroceder).
  6. Observarase se a nena ou o neno é quen de formular xuízos persoais sobre os textos lidos, contrastar a información procedente de textos de contido similar e esquematizar, con axuda de modelos, a información.
  7. Trátase de avaliar a capacidade de producir textos escritos instructivos, expositivos, informativos, literarios... relativos a situacións cotiás, escolares e sociais. Valoraranse: un plan establecido, unha textualización que recolla a corrección ortográfica e unha revisión do escrito.Tamén se valorará o uso dos medios informáticos.
  8. Preténdese constatar a capacidade de ler comprensivamente en voz alta, logo de lectura silenciosa, textos variados, facendo fincapé fundamentalmente na entoación, na fluidez e na expresividade que poida axudar á interpretación do texto.
  9. Trátase de valorar o uso da literatura infantil adecuada á idade e aos intereses do alumnado como fonte de pracer e como fonte de modelos pertinentes para a expresión escrita literaria. Avaliarase tamén a capacidade de explorar os recursos de cada texto para servir de modelos en reescrituras, dramatizacións e recreacións.
10.    Comprobarase a presenza dunha actitude positiva cara á lectura e o uso cada vez máis autónomo dela.
11.    Trátase de avaliar a participación do alumnado en actividades de biblioteca e o uso desta. Valorarase que sexa quen de localizar aquilo que precisa de acordo con necesidades concretas, así como o respecto polas normas de uso e a colaboración no bo funcionamento dese espazo.
12.    Préstase atención á capacidade de detectar algunhas manifestacións discriminatorias (sexuais, étnicas, sociais...) na linguaxe e á busca de alternativas para corrixilas.
13.    Procúrase avaliar a capacidade do alumnado para xogar coa linguaxe observando os cambios semánticos e expresivos que se producen en textos, enunciados e palabras cando se practican omisións, insercións, cambios de orde, segmentacións.
14.    Avalíase, así mesmo, a habilidade para usar as súas producións escritas e orais considerando o texto de xeito crítico e creativo, o que lle permitirá analizalo en diferentes aspectos (formato, estrutura, vocabulario, recursos literarios).
15.    Téntase avaliar se, en actividades de produción e de comprensión de textos, o alumnado identifica algunha terminoloxía lingüística e gramatical que lle poida axudar a facer melloras na comprensión e na expresión escrita. Non se trata de avaliar illadamente os conceptos gramaticais senón a súa funcionalidade para mellorar o uso da linguaxe.
16.    Preténdese que poidan identificar similitudes e diferenzas entre as linguas da comunidade como fórmula de análise de aspectos da lingua (gráficos, sintácticos, léxicos, semánticos) que os axuden a mellorar na súa expresión e comprensión correctas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati