![]() |
| 13/04/2010 OBRADOIRO de CARICATURAS: Castealo. A derradeira lección do mestre A cargo de Joaquín París. Para rapaces de 6 a 9 anos, os días 17 de abril e 12 de xuño. Para rapaces de 10 a 13 anos, os días 15 de maio e 10 de xullo. Horario de 11:30 a 13:30 horas. Inscrición previa no Departamento de Didáctica, tfno..: 982 24 23 00. + info >> JOAQUÍN PARÍS VARELA Nacín en Melide (A Coruña) o 1 de marzo de 1981, levo dende os 12 anos afincado en Lugo, cidade onde me criei coa miña nai e os meus tres irmáns. Sempre me gustou debuxar e recordo que xa de cativo pintaba monigotes nas paredes da casa da miña avóa (bendita paciencia tiña a pobre), pero sabia que o meu eran os lápices. Adícaballe moitas horas do meu ocio a este "hobbie" e notaba que co tempo os meus debuxos ían mellorando. Cursando EXB atopei con bos mestres que me animaban e motivaban a seguir debuxando; logo ecidín seguir a miña formación na escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón onde estudei a especialidade de Deseño Gráfico e da que gardo un formidable recordo. Hoxe en día dedícome profesionalmente ó mundo do deseño e especialmente da ilustración; estou en constante aprendizaxe e actualización dos meus coñecementos e cada traballo supón un novo reto que me permite desenvolver as novas técnicas que vou adquirindo. |

Comentarios
Publicar un comentario