Ir al contenido principal

GRAZAS TAMÉN O CORREO GALLEGO POR DAR A COÑECER A TRAVÉS DE HELENA O NOSO PROXECTO



HELENA VILLAR JANEIRO

NOTAS DE ACTUALIDADE

Follas novas, novas follas


  • Currently 1.29/5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
1.3/5 [14 Voto/s]
Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Para confirmar as potencialidades da poesía rosaliana darei conta dunha actividade arredor de Follas novas, argallada por dúas amigas de Rosalía, que tamén o son de meu. É un  obradoiro nacido dunha idea artística de Luz Darriba e da interpretación didáctica de Encarnación Lago. Luz Darriba é unha traballadora infatigable que anda polo mundo facendo cousas grandes de tamaño e contidos, moi singularmente referidas aos dereitos das mulleres, á promoción da cultura e ao fenómeno migratorio. E Encarnación Lago coordina activamente a rede museística da Deputación de Lugo.
Esta idea, na que colabora un numeroso equipo de mulleres e homes profesionais de moi diversos campos, é esteticamente fermosa, didacticamente modélica na metodoloxía, pedagoxicamente rendible nos valores que desenvolve e literariamente estimuladora da lectura, a comprensión e o coñecemento da obra de Rosalía. O obxectivo deste traballo multidisciplinar, intergrupal e en rede, é a comprensión das migracións a través da obra rosaliana, na que este fenómeno está moi presente, para potenciar valores de igualdade de xénero, raza, condición, relixión, etc. E tamén de protección do medio ambiente, de fortalecemento da identidade colectiva e de comprensión da alteridade. E todo isto coa última finalidade de que a obra de Rosalía siga presente e actualizada no século XXI.
Para desenvolvela andan a traballar co alumnado de Primaria e Secundaria -nos talleres dos museos participan tamén familias- dos centros educativos que hai nas áreas xeográficas de influencia dos museos Pazo de Tor, Provincial do Mar de San Cibrao e Etnográfico de San Paio de Narla. Máis tarde, a experiencia abrirase a outros centros. O alumnado comeza nas aulas o traballo de lectura, comprensión e expresión sobre o recorte, en papel, dunha artística folla de carballo. E segue no entorno natural dos museos, en compañía das familias, que é onde se len os poemas e as reflexións para logo prender estas follas nas árbores.
Estas follas farán despois a súa propia emigración á República Argentina (Biblioteca Nacional e Museo de la Inmigración) pasando antes pola Casa de Rosalía, onde deben estar o Día do Libro. Porque esta ambiciosa experiencia unirá o "Día da Poesía", o "Día do Libro" e o "Ano de Achegamento entre Culturas".
Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo  Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Comentarios: 1

Boas ideas
ACARONDOSIL 02.04.2010 15.37ACARONDOSIL 02.04.2010 15.37
Dá gusto ver como a xente se ilusiona e pon en marcha ideas atractivas. Mentres pase isto, a nosa cultura está a salvo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati