Ir al contenido principal

ADEGA E A USC CONVÍDANTE ÁS XORNADAS "AMBIENTE E SOCIEDADE NA GALIZA" PARA CONMEMORAR O DÍA DA TERRA 2010 (DO 15 AO 22 DE ABRIL)

ADEGA E A USC CONVÍDANTE ÁS XORNADAS "AMBIENTE E SOCIEDADE NA GALIZA" PARA
CONMEMORAR O DÍA DA TERRA 2010

(DO 15 AO 22 DE ABRIL)

O 22 de abril celébrase mundialmente o Día da Terra, no que se lembra a
responsabilidade social e de cada un de nós no coidado e protección do
planeta. Por este motivo, ADEGA e a Escola Politécnica Superior de Lugo
(EPS) van celebrar unha semana de concienciación ecolóxica a favor da Terra
Nai, a través das Xornadas "AMBIENTE E SOCIEDADE NA GALIZA, que tratarán de
achegar á cidadanía á problemática ambiental galega e global e,
nomeadamente, algúns dos instrumentos ou accións para afrontala.

Faremos un chamado especial á solidariedade coa Terra e unímonos á campaña
da "Minka pola Nai Terra" lanzado polo presidente de Bolivia, Evo Morales,
para convocar á cidadanía ao Día da Terra, como acto de rexeitamento aos
danos que está a sufrir o Planeta e os pobos indíxenas, logo de quedar
representada a falta de vontade internacional tras o fracaso do Cumio de
Copenhague contra o cambio climático. "Minka" significa o traballo
comunitario que se fai sen cobrar.

MESAS REDONDAS (cartaz adxunto).

As xornadas da USC e ADEGA inclúen a realización de dúas mesas redondas os
días 15 e 22 de abril, respectivamente, que terán lugar na Escola
Politécnica Superior do Campus de Lugo. A primeira versará sobre "A
lexislación como ferramenta na defensa ambiental de Galiza", e nela
participarán o Fiscal de Medio ambiente de Galiza, Álvaro Ortiz; o avogado
de ADEGA, Apolinar Gómez; e a profesora de Dereito Ambiental na USC, Alba
Nogueira. Todos eles tratarán de analizar a situación ambiental do país
desde o punto de vista xurídico, dando conta das dificultades e
oportunidades, tanto do poder xudicial como da sociedade para facer cumprir
a lexislación ambiental. Terá lugar o día 15 de abril, no Salón de Actos da
EPS, ás 19.30 horas da tarde.

A segunda mesa redonda celebrarase o propio Día da Terra, 22 de abril, ás
12.00 horas tamén no Salón de Actos da EPS de Lugo, baixo o título "Cambio
Climático: accións e percepción desde Galiza". Nesta ocasión, tratarase de
analizar a forma en que a sociedade galega percibe a mudanza climática e as
posibles accións individuais e colectivas que se poden exercer para
contribuír ao freo do quecemento global. Intervirán nesta mesa redonda
Emilio Fernández, ex director xeral de desenvolvemento sostible na
Consellaría de Medio Ambiente e actual membro do Departamento de Ecoloxía e
Bioloxía Animal da Universidade de Vigo; Dora Branco, Directora da Oficina
de Sustentabilidade da USC e Jacobo Feijóo, Secretario de Desenvolvemento
Rural e Forestal de Unións Agrarias (UUAA-UPA).

MESA INFORMATIVA

Desde o 15 de abril ata o 22 de abril, ADEGA coa colaboración da USC,
divulgará a súa actividades a través de mesas informativas que estarán
expostas os días 15, 19, 20 e 21 de abril no edificio da cafetería da Escola
Politécnica, de mañá (de 12 h. a 14 h.) e tarde (de 17h. a 19 h.). Tamén se
prevé que se fagan proxeccións visuais das actividades e funcións que está a
desenvolver ADEGA na actualidade, así como de problemáticas ambientais
existentes, tanto na provincia de Lugo, como no resto de Galiza.

Para máis información: 982240299 ou 680903203.

No virus found in this incoming message.
Checked by AVG - www.avg.com
Version: 8.5.437 / Virus Database: 271.1.1/2805 - Release Date: 04/11/10 18:32:00


image005.jpg


image006.png

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati