Ir al contenido principal

8 de Marzo Día Internacional da Muller Polo Empoderamento Real e Efectivo das Mulleres con Discapacidade

8 de Marzo
Día Internacional da Muller

Polo Empoderamento Real e Efectivo
das Mulleres con Discapacidade


Aínda que a sociedade avanzou, a discriminación das mulleres segue persistido, agora, quizais, incluso dunha forma moito máis sutil. E, a pesar de que os movementos de mulleres desempeñaron un papel fundamental en impulsar cambios, esforzándose por empoderar e preparar ás mulleres para a loita pola igualdade, non ocorreu así coas mulleres con discapacidade: dun lado, os movementos de mulleres sen discapacidade seguen sen ter conciencia das súas necesidades; pero, doutro, tampouco o movemento xeral da discapacidade lles prestou a suficiente atención, a pesar dos avances (máis nominais que reais), que algunhas destas organizacións quixeron imprimir a súa acción en favor da causa do xénero.

Consecuentemente, as mulleres con discapacidade seguimos quedando á marxe de todos os movementos de dereitos humanos e permanecemos inmóbiles nunha posición de clara desventaxa na sociedade. E é que a nosa situación de muller con discapacidade non soamente é peor que a das mulleres sen discapacidade, senón tamén que a dos nosos iguais masculinos; especialmente no medio rural, onde segue predominando un réxime matriarcal e un sistema económico primario, con menos servizos e oportunidades para esta poboación que no medio urbano. Sen embargo, os estudios apenas reparan nesta flagrante discriminación, entre outras razóns, por non tomar en consideración a inclusión de indicadores que contemplen a perspectiva de xénero de maneira que poidan dar conta da nosa realidade no seo da familia, no acceso á educación ou aos servizos sanitarios, por pór exemplos de ámbitos críticos para os procesos de inclusión. O mesmo sucedería se se analizaran con perspectiva de xénero as escasas oportunidades que as mulleres con discapacidade temos para incorporarnos ao mercado laboral ou o noso limitado coñecemento da lexislación existente e dos servizos dirixidos ás persoas con discapacidade ou de mulleres en xeral.

O empoderamento das mulleres con discapacidade, entendido como a capacidade das mulleres para incrementar a nosa auto-confianza, así como o noso poder e autoridade de maneira que poidamos decidir en todos os aspectos que afectan á nosa vida, convértese, polo tanto, na necesidade urxente do momento, dado que nin a sociedade, nin os poderes públicos, nin os movementos de mulleres, nin tampouco os das persoas con discapacidade, recoñecen verdadeiramente as nosas necesidades e intereses.

Para superar a falta de equidade e as barreiras que actualmente impiden que as mulleres con discapacidade participemos plena e equitativamente na sociedade, desde a Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) e da Comisión da Muller da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) reclamamos:

1º Que os Informes Periódicos dos tratados de dereitos humanos pertinentes inclúan información sobre as mulleres con discapacidade de oficio. Debe incorporarse información sobre a situación das nenas e mulleres con discapacidade en relación con cada un dos dereitos, incluíndo a situación actual de feito e a situación de dereito, información sobre as medidas tomadas para mellorar a nosa situación, e as dificultades e obstáculos que tiveramos, especialmente no ámbito rural. E esta práctica debe estenderse a todas as institucións que traballen na defensa dos dereitos humanos tanto no marco estatal, como no autonómico, incluídas as organizacións representativas de persoas con discapacidade e as súas familias ou de mulleres en xeral.

2º Que se establezan mecanismos e estruturas que permitan que as voces das mulleres con discapacidade se escoiten e que poidamos participar politicamente como axentes, tanto no seo das organizacións de persoas con discapacidade, como de mulleres en xeral. Entre as medidas que deben tomarse, existe a necesidade de apoiar e fortalecer as organizacións, redes e grupos dirixidos e gobernados polas mulleres con discapacidade na defensa dos nosos propios intereses colectivos, tal e como nós mesmas os definimos, sen prexuízo da nosa presenza a través de organizacións mixtas ou específicas.

3º Que se apoien e financien investigacións a escala estatal e autonómica no campo dos indicadores recoñecidos da exclusión social no caso das mulleres con discapacidade, entre eles: as desventaxas socioeconómicas, o illamento social, o factor rural, as múltiples formas de discriminación, a violencia de xénero, a esterilización e o aborto forzados, a falta de acceso aos servizos comunitarios, a baixa calidade da vivenda, a institucionalización, a atención sanitaria inadecuada ou a denegación da oportunidade de contribuír e participar activamente na sociedade.


Santiago de Compostela a 8 de marzo de 2010.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati