Free counter and web stats

jueves, 18 de febrero de 2010

VIDEOCREACIÓN ... SOMBRAS DE SONOS NO BOSCO: UN BERRO POLA LINGUA .... PARTICIPA!!!

E

Dende a Area de Cultura da Deputacion de Lugo e a traves dos Museos da Rede MuseÍstica estase a realizar unha inicitiva chamada Sombra de Sonos no bosco/un berro pola lingua. E unha iniciativa que ten como fin promover a defensa do Galego mediante a creatividade. Por iso nos museos da rede temos instaladas unhas furnas nas que a xente pode deixar mensaxes a prol do galego que serviran para duas cousas: a creación dun poema colectivo nun obradoiro que se realizará nos museos da rede e tamen se xuntarán todos nunha botella que se arroxara o mar o día Internacional dos museos. Por iso se queredes participar e non vos podedes achegar a algún dos museos convidamosvos a que o deixedes aiqui ou no mail redemuseistica@gmail.com e logo  xuntaremolos co resto das mensaxes na botella.


Por outra banda tamén estamos a realizar no museo Pazo de Tor unha videocreación con textos sobre a mesma temática e coa figura de Uxio Novoneyra como gran defensor do nosa Lingua, e na que participa xente de toda galicia. O dia 19 de cada mes incorporamos a proxección novos textos. Se queredes participar podedes seguir o mesmo procedemento que vos comentamos antes. Se queredes mais información mandadenos un Mail a redemuseistica@gmail.com