26-2-2008 a DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA EN PLENO A CREACIÓN DO DEPARTAMENTO DE CAPACIDADES DIFERENTES E ACCESIBILIDADE
HOXE CUMPLE DOUS ANOS O DEPARTAMENTO DE CAPACIDADES DIFERENTES E ACCESIBILIDADE DA REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL
En Decembro de 2007 o dia da discapacidade , grazas a sensibilidade da Área de Cultura da Deputación de Lugo, convocamos unha xornada de traballo"Capacidades Diferentes, Museos sen limites2 na que retomamos todos os temas pendentes, asociación por asociación , no camiño de irmonos preparando para acometer o novo proxecto museográfico sen erros, falabamos de vitrinas de novos montaxes, de soportes adaptados de pintura das paredes, de texturas de chans de iluminacións de todo o que precisa un museo para ser accesible plenamente a todas as persoas. Un museo totalmente inclusivo... Estabamos a celebrar o 75 aniversario do museo baixo o lema ronsel de futuro creíamos nun futuro esperanzador.
Aquela noite do 2 de decembro de 2007 para amanecer o dia 3 de Decembro día da discapacidade montamos de madrugada a rampa. E dende ese día contamos cunha solución temporal de accesibilidade pola porta principal, unha rampa de madeira e un elevador.Quedaba o reto pendente para o que se tiña que buscar unha solución allea a nosa institución (dependíamos de outras institucións para poder levar a cabo a rampa definitiva.
Esa mesma xornada 3-12-2007 anunciabamos a nosa intención de crear un novo departamento no organigrama do museo: o Departamento de Accesibilidade e capacidades diferentes. A creación do novo Departamento foi aprobada polo pleno da Deputación o 26 de Febreiro de 2008 .
Fomos o primeiro Museo galego e dos primeiros de todo o estado que conta cun Departamento deste tipo, un departamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención á diversidade . Ou o que é o mesmo prestar atención preferente a todos aqueles colectivos que os mercados do traballo, o consumo , a comunciación , o lecer e a cultura se empeñan sempre en deixar á marxe.Pero non para cerarmos un gueto asistencial, senón , pola contra, por considerarmos que as institucións museísticas deben funcionar como un mecanismo propiciador de xusticia e cohesión social.
O que era unha medida transitoria unha rampa de madeira(para un mes) dura o día de hoxe dous anos dous meses e dous días esperando xestións burocráticas pero xa en nada será sustituída logo de anos de negociacións e de distintos proxectos que involucraban a distintas administracións.
Os colectivos cos que un dia nos comprometemos decirlles que non esquecemos ... que ...seguiremos guerreandoe traballando...
Dentro de poucas datas o Museo de Lugo será accesible arquitectonicamente pola porta principal se fará a rampa definitiva.Tamén estamos traballando para que o Museo do Mar sexa accesible arquitectónicamente...
Son pasiños hai tanto que facer na loita !!!!
Creamos un Departamento de Capacidades Diferentes e seguiremos traballando pouco a pouco dando pasos na busqueda da accesibilidade plena de servizos e de ofertas en toda a Rede Museística.
Cumplindo a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que establece no artigo 27.1 " Cada persoa ten dereito a participar libremente na vida artistica e cultural da comunidade"
Comentarios
Publicar un comentario