Atopamos fai escasos días o Mapa de Fontán entre os fondos do Pazo de Tor .
Estamos traballando para levar a cabo a restauración da peza: facendo limpeza,desinsectación,consolidación e reintegración de zonas dañadas.
Cumplindo así a función que como museo temos de conservar o legado recibido nas mellores condicións.
FICHA TÉCNICA
Tratase dun : Mapa composto por 12 gravados, montados e encolados nunha tea.
Título: “Carta Geométrica de Galicia dividida en sus Provincias.”
Autor: Dr. D. Domingo Fontán.
Gravador: L. Bouffard.
Datación: 1845. Medidas: 245 X 245 cm . 12 folios de 61 X 81 cm .
Situación: Pazo de Tor, Monforte de Lemos.
Pois xa me gustaría botarlle unha ollada. Cando o teñades restaurado avisa poque merece unha viaxe ata o Pazo
ResponderEliminarPODEIS VISITAR EN LA WEB"FUNDACION DOMINGO FONTAN"UNA PAGINA CON DOCUMENTACION INEDITA DE LA VIDA Y OBRA DEL AUTOR DE LA CARTA GEOMETRICA DE GALICIA.
ResponderEliminarSALUDOS
Un millón de gracias por tu sugerencia.
ResponderEliminarAcabamos de atopalo .Estamos pedindo orzamentos a distintos especialistas para realizar todos os traballos que se precisan antes de poder expoñer a peza:
ResponderEliminar- Limpeza mecánica superficial da peza.
- Desencolado e separación da tea de soporte e dos 12 folios que forman o
mapa.
- Lavado e desacidificación dos documentos engadindo unha reserva alcalina
que os protexa no futuro.
- Tratamento para consolidar e devolver ó papel, na medida do posible, as
propiedades mecánicas perdidas.
- Tratamento funxicida curativo- preventivo.
- Reforzo das abrasións e sutura dos cortes e desgarros.
- Reintegración matérica do soporte mediante inxertos de papel xaponés.
- Planchado, alisado e estabilización dos papeis.
- Reintegración cromática dos inxertos realizados.
- Remontaxe dos papeis sobre novo soporte de tela, mistura de liño e sintética ó
30%.
En todo caso estamos a espera de orzamentos... e trámites burocráticos espero que se faga todo pronto.