Ir al contenido principal

UN RONSEL DE FUTURO DUNHA REDE DE MUSEOS

Hai unha fermosa palabra no noso idioma que é ronsel. O ronsel é o rastro de escuma que deixan sobre as augas as embarcacións cando navegan. Esta palabra foi adquirindo outras connotacións: ronsel, en senso figurado, pódese usar no noso dioma como sinónimo de pegada, rastro, vestixio...
Esta frase sintetiza a idea do pasado coa idea de proxección cara o futuro.E penso que un ronsel de futuro , representa acaidamente esas  dúas visións de donde me atopo: entre o pasado e o futuro.
O lema ronsel de futuro sérvenos para definir a idea que temos sobre o papel que os museos deben cumprir no seo da sociedade que contribuiu a crealos e que os sostén. Por un lado temos a obriga de garantir a conservación e a exposición dos vestixios do pasado que aquí se foron reunindo co traballo, o esforzo e a contribución da varias xeracións. Por outra banda debemos ser  institucións asentadas no presente e cunha idea de futuro sin descuidar a nosa proxección social, temoas que ter sobre todo en conta o noso traballo de cara a sociedade. Temos que devolver á sociedade o legado que a mesam sociedade nos transmitiu e poñelo nun lugar visible.
Para representar o pasado e ao mesmo tempo ter unha visión de futuro, debemos ser capaces de abrir as portas dos Museos da Rede, e facer deles lugares de participación que reflictan as inquedanzas do conxunto da sociedade, que ofreza alternativas culturais a a un tempo sexa quen de recoller as propostas dos sectores culturais máis dinámicos.
Se queremos facer Museos para a xente temos que asentar nos piares do pasado, no noso rico patrimonio histórico artístico, na nosa historia, as nosas propostas de futuro. Se queremos ser unha institución viva debemos facer un museo para as persoas, debemos coidar o lado humano do museo para que este non se converta nun mausoleo, nun conxunto de pezas inertes.
 A creación da Rede que xestiono debe facilitar sen dúbida unha mellor tutela  do noso patrimonio.Museos adaptados ós tempos , asumindo que vivimos nunha sociedade tecnolóxica, da que se deben aproveitar a inmensas posibilidades que os continuos avances xeneran pero sen esquecer que estas institucións deben manter os pés na terra e estar fondamente arraigados no ámbito territorial no que  se orixinaron.Uns museos que deben converterse nunha referencia cultura de primeira orde nas comarcas nas que se asentan. Trataremos de poñer  todos os  medios posibles para acadar ese obxectivo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati