Ir al contenido principal

MEMORIA SEMANA DOS MUSEOS 2009

16/05/2009
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2009
Durante os días 16, 17 e 18 de maio de 2009 os catro museos da (Museo Provincial de Lugo / Museo Provincial do Mar / Pazo de Tor / Museo Etnográfico de San Paio de Narla) conmemoran tres importantes efemérides: o sábado, día 16, pola noite, a Noite dos Museos, o domingo, día 17, o Día das Letras Galegas, e o luns, día 18, o Día Internacional dos Museos, baixo o lema Museos e turismo.
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo programan unha serie de actos que teñen como obxectivo prioritario a intercomunicación cos seus visitantes.
O ICOM e a FMAM teñen asignada a misión ética de velar para que o turismo respecte as culturas do mundo enteiro na súa interacción con elas e, tamén, para que as condutas e os enfoques relacionados co turismo teñan en conta non só o patrimonio cultural e inmaterial do pasado dos pobos, senón tamén as expresións actuais da súa cultura.
O coñecemento dos lugares de destino das correntes turísticas, das culturas presentes neles, do seu patrimonio natural e histórico, do seu valor científico específico e da súa beleza teñen que contribuír a un mellor entendemento destes elementos por parte das poboacións locais e, por conseguinte, a un fortalecemento da súa autoestima e a súa identidade cultural. O turismo cultural sostible incumbe moitos grupos de persoas, lugares e entidades: os turistas e as poboacións locais; os museos, sitios arqueolóxicos e paisaxes; as empresas turísticas e os poderes públicos. Por iso, é polo que é necesario sensibilizar a todos eles cara ao turismo sostible e asesoralos sobre as prácticas idóneas en materia de xestión das correntes turísticas. Para alcanzar estes obxectivos, os museos deben dirixirse aos turistas dunha forma moito máis directa do que fixeron ata agora. O contido educativo dun museo debe contribuír a un mellor coñecemento da historia, a cultura e o contorno dos pobos, así como a promover unha evolución nas condutas dos seus visitantes e fortalecer os valores da tolerancia. En última instancia, isto conducirá a respectar os modos de vida, as relixións, as ideas e os costumes sociais diferentes dos propios, facendo ademais que o turismo sexa máis compatible co contorno.
O ICOM e a FMAM consideran que os turistas que coñecen mellor as culturas e reservas naturais visitadas e están máis preparados para o contacto con elas contribúen positivamente ao desenvolvemento sostible, así como á protección das sociedades e das paisaxes que van contemplar. De aí a importancia de fornecerlles aos turistas os coñecementos e a preparación necesarios. Isto é imprescindible porque, con frecuencia, a súa conduta afástase moito da observada na súa vida cotiá e atense a esquemas sociais e educativos que non lles corresponden forzosamente ás expectativas ou puntos de vista dos que viven nos lugares que visitan…

[Extracto da Declaración do Consello Internacional de Museos (ICOM) e a Federación Internacional de Amigos dos Museos (FMAM) en prol dun turismo cultural sostible no mundo enteiro]

__________PROGRAMA
BOTELLA AO MAR: UN BERRO POLO FUTURO DA LINGUA GALEGA
Durante a semana que vai desde o día 12 ata o 18 de maio os catro museos da Rede da Deputación de Lugo terán a disposición do público, especialmente para o alumnado que os visite, unha botella na que recoller mensaxes de esperanza para o futuro da lingua galega.
O luns, 18 de maio (Día Internacional dos Museos), todas as mensaxes serán trasladadas ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para que os participantes no obradoiro “Botella ao mar” as liberen entre as ondas, que son ronsel de futuro e de esperanza.



__________PROGRAMA: MUSEO PROVINCIAL DO MAR
San Cibrao, Cervo (Lugo). Tfno.: 982 594 572
Sábado, 16 de maio de 2009
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h
Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo
Visitamos o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e o Pazo de Tor.
Autobús gratuíto. Inscricións no Museo Provincial do Mar
09:00 h: Saída de San Cibrao
De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo
De 12 a 13:00 h:Visita ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla
De 14:30 a 16 h: Xantar en Monforte de Lemos por conta das persoas asistentes
De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Pazo de Tor
De 18:00 a 19:00 h: Paseo por Monforte de Lemos
21:00 h: Chegada de regreso a San Cibrao
Ciclo de conferencias: Historia de Galiza
18:30 h: Conferencia de Anselmo López Carreira, co título “A Idade Media”. Organiza a Asociación Cultural MariñaPatrimonio.

Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas
“Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Visita guiada
16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo”

Narración oral
12:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 h.
Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.

Botella ao mar
De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas. Todas as mensaxes recollidas nos outros museos da Rede Museística serán botadas ao mar polos participantes neste obradoiro.


__________PROGRAMA: PAZO DE TOR
Tor, Monforte de Lemos (Lugo) Tfno.: 982 165 534
Sábado, 16 de maio de 2009: Noite dos museos

Visita guiada
16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo”
Narración oral
18:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó
Prestrea da película: O labirinto ario
21:00 h: Preestrea da curtametraxe O labirinto ario, gravada no Pazo de Tor

Presentación do disco de Xoán Curiel: Nai
22:00 h: Presentación do primeiro álbum de Xoán Curiel, con influencia de ritmos étnicos do mundo (música tradicional galega, da África subsahariana, árabes e sons latinos). Ademais interpretará unha selección de cancións de cantantes brasileiros que cantan o mundo do cosmos e as estrelas, con motivo da celebración do Ano da Astronomía.

Mirando o ceo
22:30 h: Para descubrir as estrelas, actividade conmemorativa do Ano Internacional da Astronomía 2009, a cargo de Francisco García da Agrupación Astronómica Lucense. A realización desta actividade dependerá das condicións meteorolóxicas.


Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 h
Viaxe: Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo
Visítase o Museo Etnográfico de San Paio de Narla, o Museo Provincial de Lugo e Museo Provincial do Mar de San Cibrao. Autobús gratuíto.
Inscricións no Pazo de Tor.
09:00 h: Saída de Monforte de Lemos
De 10:30 a 11:30 h: Visita ao Museo Provincial de Lugo
De 12:00 a 13:00 h: Vista ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla
De 14:30 a 16:00 h: Xantar en San Cibrao por conta dos asistentes
De 16:00 a 18:00 h: Visita ao Museo Provincial do Mar
De 18:00 a 19:00 h: Paseo por San Cibrao
21:00 h: Chegada a Monforte de Lemos

“Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, o/a visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Visitas guiadas ás 11:00, 12:30, 16:30 e 18:00 horas
Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.
Un pazo de cine
A partir das 11:00 h, mostra de imaxes de películas, actores e actrices que gravaron cine no Pazo de Tor.

__________PROGRAMA: MUSEO ETNOGRÁFICO DE SAN PAIO DE NARLA
Torre de Xiá, Friol (Lugo). Tfno.: 982 375 156
Sábado, 16 de maio de 2009
Horario de apertura: De 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Visita guiada
12:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo”

Narración oral
12:00 h: O espectáculo da palabra, por Cándido Pazó

Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas
Horario de apertura: de 12:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
“Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
Visita guiada
12:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo”

Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos
Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
Haberá agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data.
Teatro escolar
A serpe da cova (un divertimento). Montaxe a cargo do grupo de teatro "Algo máis que pan e queixo", do CPI Dr. López Suárez, de Friol (Lugo)
1.ª función: luns, 18 de maio, ás 12:00 horas
2.ª función: martes, 19 de maio, ás 12:00 horas
3.ª función: mércores, 20 de maio, ás 12:00 horas

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati