Os nenos do Museo do Mar o día 26 aprenderán a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos .
Rede de Historias, un obradoiro literario e de ilustración onde coñeceremos: romances, lendas, panxoliñas,cantos de cegos, cantos de reis, parrandas....
¿Que son?, ¿pq se cantaban?
Entregarase un amplo dossier para traballar as redes de historias, elaborado por Mercedes Salvador a nosa bibliotecaria, coautora de varios traballos sobre tradición oral e membro do equipo Chaira:
-Cantos coplas e Romances de Cego .-Recopilación de Mini e Mero-Cantar de cego de Villacastelo-Recollido en Soldón -A Seara -Lugo - 1979 -Aguinaldo e Aguinaldo das mozas recollidos ó informante Jesús Arias Cruz(63 anos) en San Pedro de Villalbite -Friol. -As parrandas do Porto de Arriba- Manuel Barro Quelle -San Ciprián parroquia de Lieiro. -Aguinaldo recollido a Asunción (84 anos) en Viveiro -Aguinaldo recollido en Arante -Ribadeo -Madre a la puerta hay un niño -Recollido a informante Dolores (75 anos) en Bogo , A Pontenova. -Canto de Reis de Veiga de Forcas Pedrafita do Cebreiro -Panxoliña Braisiño recollido a Evanxelina e Elvira Rodríguez Osorio de Esmeriz , Chantada.
Basándonos tamén na información recollida durante meses en video polos nenos a distintos informantes os rapaces construirán a súa propia historia .
Será o equipo interxeneracional de nenos entre 5 e 15 anos quen cree a súa historia colectiva e tamén quen a ilustre. E... como ilustrar o creado... ¿que é ilustrar?
Ilustrar , según o dicionario da Real Academia , significa:
1-Dar luz ó entendemento
2-Aclarar un punto o materia con palabras , imaxes ou de outro modo.
3-Adornar un impreso con láminas ou grabados alusivos ó texto.
Informámonos para acollernos a este último significado de dar luz , aclarar, adornar e iluminar.
Para poder contextualizar e recrear épocas, momentos, historia... incluso diría que para recrear o irreal é fundamental coñecer o real , así os nenos ilustrarán un texto facendo un relato paralelo e en equipo pero cun coñecemento real dos documentos que se lles entregan e cun relato paralelo oral que se lles conta... Redes de Historias... Traballaremos :
-Identificación:"Abrir a mente"
-Conceptualización: "Dar vida e iluminar un texto"
-Ilustrando e facendo un ditado esaxerado
-Técnica
-Formatos
-Soportes
-Para finalizar a mañá farase unha escenificación en formato teatro ilustrado.
Xa pola tarde teremos VIDEOREDE II dedicaremos esta edición especialmente ó Ano Internacional do Achegamento entre culturas 2010.
A través das súas videocreacións entre outras cousas os nenos do Museo do Mar saudarán e felicitarán as festas a nenos de Museos toda Galiza e de todo o mundo en distintas linguas.
Comentarios
Publicar un comentario