Ir al contenido principal

IDEAS PARA TRABALLAR RELACIONANDO O MUSEO DO MAR E O MARITIM DE BARCELONA VINCULACIÓN GALICIA E CATALUÑA RESPECTO DO MUNDO DO MAR

 Preciso máis  ideas,os nenos do Museo do Mar e os nenos do Museo do Maritímm traballarán en común estos temas:A vinculación  entre Galicia e Cataluña respecto do mundo do mar é a chegada a Galicia, xa no s. XVIII nalgúns casos, de fomentadores cataláns (Curbera, Massó, Alfageme, etc.)  principalmente ás Rías Baixas, debido principalmente á abundancia de sardiña das nosas costas fronte á escaseza que xa sufrían no Mediterráneo. Foron os principais impulsores do sector conserveiro dentro do contexto da preindustrialización galega, primeiro da salgazón e logo da conserva. Como xa dixemos, unha desas familias foron os Massó, que en San Cibrao instalaron unha das súas factorías baleeiras.
Outra similitude que podemos empregar é o pasado común como constructores de barcos, aproveitando que en ámbolos sitios manteñen activas a construcción artesanal. No caso dos asteleiros de San Cibrao, fixéronse algún que outro barco para o levante, para o transporte de naranxas.
Tamén se poden comparar artes de pesca, dado que tamén houbo mestura de tradicións coa chegada dos conserveiros cataláns, que introduciron masivamente a arte da xávega para unha maior capacidade extractiva.
Tamén creo que sería enriquecedor para os nenos que atopasen semellanzas e diferencias entre dous mares tan próximos e tan distintos como son o Cantábrico e o Mediterráneo (De mar a mar). Por exemplo, a grande época dos descubrimentos, o s XVI, foi posible gracias á fusión das dúas grandes tradicións de construcción naval, a atlántica e a mediterránea, nun tipo de embarcación rápida, robusta e de grande capacidade de carga, como foi a carabela, que se construían na súa maior parte no Cantábrico pola mellor calidade das súas madeiras. 

¿Algunha suxestión máis de posibles temas?

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati