Este sáabdo, Polafía no Museo do Mar de San Cibrao |
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo organiza unha polafía (polavila, fía, fiada, fiandón, serán,...) no Museo Provincial do Mar de San Cibrao o sábado, 12 de decembro, ás 19:00 horas. Intervirán, entre outros, Antón Castro, Isidro Novo, Xoán Neira, Paco Rivas e veciñase veciños da Mariña de Lugo coas súas historias salgadas. Este proxecto conta coa colaboración da Asociación MariñaPatrimonio. Entrada libre, ata completar aforo. MÁIS INFORMACIÓN NA WEB DA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO Lugo, 9 de decembro de 2009 Saúdos Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Museo Provincial de Lugo / Deputación Provincial de Lugo Contacto: tfn.: 982 24 21 12 / fax: 982 24 02 40/ info@museolugo.org http://www.museolugo.org/ |
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario