PROPOSTA DE CAMPAMENTOS DE NADAL DA REDE MUSEISTICA 2009/2010 Aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos
PROPOSTA DE CAMPAMENTOS DE NADAL DA REDE MUSEISTICA 2009/2010
Aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos
INTRODUCCIÓN:
Dende a Rede Museística tiñamos claro que neste ano 2009, no que se está a festexar o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación, e coa vista posta xa no ano 2010, no que se festexará o ano Internacional de Achegamento entre Culturas, debíamos centrar as actividades de Nadal sumándonos a estes dous festexos.
O novo concepto de museo coma unha institución activa e participativa desbancou o concepto clásico de almacén de obxectos fai moitos anos. Pero na actualidade estase a instaurar unha nova corrente tan errada como a anteriormente citada, a do museo coma ludoteca. Temos claro que non podemos caer nese erro e por iso no deseño das actividades o factor lúdico non pode supeditar a outros factores mais correctos como o didáctico ou o participativo. Un museo participativo é un museo activo.
As novas tecnoloxías son un medio perfecto para traballar con didáctica en museos. Por un lado ofrecen a posibilidade de facer cousas cunha repercusión global e por outro e unha linguaxe que os nenos comprenden e utilizan habitualmente. Por iso, aproveitando ese interese crecente dos rapaces polas novas tecnoloxías dirixiremos o seu uso cara o fomento de ideas que garanten a posta en valor do seu patrimonio, e non só do patrimonio local de cada museo se non de todos os museos da rede e dos contornos nos que se atopan. Tendo en conta a localización estratéxica de cada museo da rede ( Mariña, Centro, Ribeira Sacra) estamos a falar do conxunto da provincia, actuando dende o local cun pensamento global. Dito axioma é chave tamén no deseño. Fomos do particular ao global: creouse un conxunto de actividades cuns obxectivos comúns a todas elas pero que por si soas teñen obxectivos únicos.
METODOLOXíA:
Planificáronse tres días; catro xornadas de obradoiros interxenaracionais. Consideráronse as categorías de aprendizaxe presentes nas tendencias sobre a educación no século XXI, propostas pola UNESCO : aprendendo a ser, a facer, a coñecer e a vivir xuntos.
Estas directrices engloban perfectamente o espírito que queriamos pór en valor cos campamentos. Porén, baixo elas construímolos obradoiros.
As datas dos campamentos nos diferentes museos son:
- Museo Provincial do Mar: 19, 26 e 28 de decembro
- Museo Pazo de Tor: 29, 30 de decembro e 2 de xaneiro.
- Museo Fortaleza San Paio de Narla:7,8,9 de xaneiro.
Os horarios serán de 11 a 13,30 todos os días agás:
- Dia 19 e 26 de decembro, Museo Provincial do Mar de 12 a 13, 30 e de 18 a 21.
- Dia 9 de xaneiro, Museo de San Paio de Narla de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20.
- Dia 2 Museo Pazo de Tor de 12 a 13,30 e de 17,30 a 20 e o día 30 de de 16 a 18
Os campamentos están dirixidos a nenos de entre 6 e 14 anos e contarán con 15 prazas para todos os días agás Tirando do Fío que contara cun límite de 40 prazas.
OBXETIVOS GLOBAIS:
- Concepto de Museo e concepto de obra de arte.
- Aprender a aproveitar as diferenzas coma algo enriquecedor en prol da tolerancia.
- Promoción do coñecemento recíproco da diversidade cultural en interxeracional.
- Promoción do entorno patrimonial, tanto material coma inmaterial.
- Coñecer e usar as novas tecnoloxías para explorar e aprender as costumes que se están a perder.
OBSERVACIONS:
- PORASE A DISPOR DOS PARTICIPANTES TRANSPORTE DE LUGO A SAN PAIO E DE MONFORTE A TOR.
- CÁMARA DE FOTOS DIXITAL.
- BOCADILLO E ALGO PARA TOMAR A MEDIA MAÑÁ.
- FIRMA DE PERMISOS CORRESPONDENTES.
MUSEO PAZO DE TOR
29 de decembro: Aprendemos a coñecer, aprendemos a vivir xuntos.
Este primeiro dia dedicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.
· Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Xosé Ramón Lleó Fissure que é a persoa que esta recuperando todo o material relacionado coas cabalerizas de Tor. Os Rapaces verán como e o proceso de recuperación de de cabalos e todos os aparellos vencellados a ese mundo. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto coa peza a recuperar ata que se expón no museo.
· Cincocentos anos de Latexos do Pazo de Tor: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir. Profundizarase no sentido do ouvido como fornecedor de información para o individuo.
Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora do Pazo e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.
· Nós e os outros: Traballaremos a promoción do coñecemento recíproco da diversidade dentro do Ano Internacional do achegamento entre culturas.
30 de decembro: Aprendemos a ser,aprendemos a facer
Redes de Historias: Obradoiro Literario e de Ilustración.
Romances, lendas, foliadas, panxoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. O Pazo de Tor alberga entre os seus muros moitas historias. Historias de tódalas persoas que nalgún momento estiveron nel vivindo ou simplemente de visita. Con esta visita recorreremos as distintas salas do pazo e os seus arredores coñecendo a diferentes personaxes que estiveron vencellados o mesmo, en maior ou menor medida, o longo do tempo. Todo dende unha testemuña en primeira persoa dun deles que viviu dende os nove anos nel. Coñeceremos como eran e que papel desenrolaron a cociñeira, o camareiro, os caseiros, os señores e terminaremos en Mari Paz Taboada que ca súa decisión altruísta legounos todo este patrimonio a todos.
· E Pola Tarde: Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.
Seguimos coa actividade iniciada nos campamentos de Verán na que fixemos fincapé nas novas tecnoloxías orientadas a difusión do patrimonio. Nesta ocasión os rapaces converteranse en reporteiros, embaixadores e informantes do seu entorno. Quedaremos en Monforte e os nenos entrevistarán os seus concidadáns, coma xa fixeron os rapaces do Museo do Mar no Verán.
Este é dar continuidade a creación do gabinete de información infantil que se xunta periodicamente para informar os seguidores de Videorede por internet das súas inquedanzas e do seu Patrimonio.
Unha experiencia pioneira a que proximamente se sumarán Museos de diferentes puntos de España e do Mundo.
2 de xaneiro: Aprendemos a vivir xuntos , aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio
· Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquiridos realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creación de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de podcast.
· Tirando do Fío: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que se está a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.
Obradoiros impartidos por:
Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística
Angeles Rivada
María González
MUSEO FORTALEZA DE SAN PAIO DE NARLA
5 de xaneiro: Aprendemos a coñecer, aprendemos a vivir xuntos.
Este primeiro día adicarémolo a dar unhas nocións teóricas ¿ que é un museo ?e que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cos obradoiros propiamente ditos.
Obradoiro de restauración: Contaremos coa presenza de Charo Fernández, falaranos da recuperación e conservación preventiva de distintas pezas do Museo. Os Rapaces verán como é o proceso, e coñecerán en primicia as últimas restauracións en San Paio. Verán cales son os pasos a seguir desde que se entra en contacto coa peza ata que se expón no museo
· Cincocentos anos de Latexos de San Paio: Vivimos inmersos nun mundo netamente visual. O cine, a fotografía e incluso a pintura mais sobre todo a Televisión, so referentes visuais que non só están a desprazar a cultura sonora se non que en moitos casos a están a extinguir. Neste obradoiro de arqueoloxía sonora descubriremos e analizaremos como cambiou a paisaxe sonora da Fortaleza e o seu entorno dende os tempos feudais ata agora que é un Museo. E demostraremos que existe unha riqueza sonora infinita cando un se para a escoitar.
· Nós e os outros:Traballaremos a promoción do coñecemento recíproco da diversidade dentro do Ano Internacional do achegamento entre culturas.
.
· 8 de Xaneiro: Aprendemos a ser,aprendemos a facer
· Videorede II:Embaixadores e Informantes do seu entorno.
Videorede é unha actividade que se creou só para os obradoiros de verán da Rede. Pero a medida que se comezou a traballar co proxecto démonos conta da infinidade de posibilidades que podía ofrecer se a convertiamos nun proxecto a largo prazo. E por iso que decidimos continuar con ela e seguir nutrindo os diferentes canais creados para a actividade na rede. Nesta edición centraremos o Obradoiro en:
o Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de arquivos sonoros e visuais e para a súa posterior publicación na rede.
o Participar na creación de contidos para os diferentes canais abertos no museo.
o Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos sonoros e audiovisuais.
Podcasting: Coñecelos, producilos e insertalos nos diferentes canais do Museo
Redes de Historias; Obradoiro Literario e de Ilustración.
Romances, lendas, foliadas, panxoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. E baseándose nos nenos fundadores, nos benfeitores, e nas persoas que se agochan detrás de cada peza do museo, os rapaces construirán a súa propia. Despois de recoller as historias adaptaranas e ilustraranas.
9 de xaneiro: Aprendemos a vivir xuntos , aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio
· Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquiridos realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creación de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de podcast.
· Tirando do Fío: Xa pola tarde, un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos diferentes sistemas de medición agraria. A Fanega, o Ferrado, o Canado… Tamén falaremos do antigo sistema de pago, o Troco. Un sistema que se esta a recuperar nalgúns sitios debido a situación de crise que se vive actualmente.
Obradoiros Impartidos por:
Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística.
Francisca Abuín
Ana Ferro
MUSEO PROVINCIAL DO MAR
19 de Decembro: Aprendemos a coñecer, aprendemos a vivir xuntos.
Este primeiro día dedicarémolo a dar unhas nocións teóricas do que se vai a facer os diferentes días do campamento para logo comezar cós obradoiros propiamente ditos.
§ Obradoiro de Restauración : No que contaremos coa presenza de Alfredo, a persoa que restaura desinteresadamente as maquetas de barcos que se exhiben no museo. Os rapaces coñeceran cales son as pautas, as ferramentas, e os criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.
§ Os Sons do mar: Obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderán a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podían escoitar nun porto mariñeiro. Un exercicio de arqueoloxía sonora que pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extinción neste mundo de cultura visual no que vivimos.
§ Nós e os outros:Traballaremos a promoción do coñecemento recíproco da diversidade dentro do Ano Internacional do achegamento entre culturas.
§ Tirando do Fío: Xa pola tarde un clásico dentro do programa de actividades da Rede. Un encontro interxeneracional apto para toda a familia no que este ano falaremos dos faros, de naufraxios e dos piratas que pasaron pola mariña. Tamén contaremos cunha interpretación dunha parranda que os participantes adicarán aos participantes do Tirando do Fío do resto de museos da Rede.
§ Pescador de Soños: Despois de Tirando do Fío teremos a oportunidade de pechar as celebracións do 40 aniversario con este espectáculo multidisciplinar que engloba musica, teatro e danza creado por Ruben …......
· 26 de decembro: Aprendemos a ser,aprendemos a facer
REDES DE HISTORIAS; Obradoiro Literario e de Ilustración.
Romances, lendas, foliadas, panxoliñas, cantos de cegos. Aprenderemos que son e porque se cantaban. E baseándose nos nenos fundadores, nos benfeitores, e nas persoas que se agochan detrás de cada peza do museo, os rapaces construirán a súa propia. Despois de recoller as historias adaptaranas e ilustraranas.
E pola Tarde teremos: VIDEOREDE II; Embaixadores e informantes do seu entorno
Videorede e unha actividade que se creou só para os obradoiros de Verán da Rede. Pero a medida que se comezou a traballar co proxecto démonos conta da infinidade de posibilidades que podia ofrecer se a convertiamos nun proxecto a largo prazo. E por iso que decidimos continuar con ela e seguir nutrindo os diferentes canais creados para a actividade na rede. Nesta edición centraremos o Obradoiro en:
o Coñecer as ferramentas necesarias para a creación de arquivos sonoros e visuais e para a súa posterior publicación na rede.
o Participar na creación de contidos para os diferentes canais abertos no museo.
o Coñecer, utilizar e transformar os diferentes tipos de formatos sonoros e audiovisuais.
o Podcasting: Coñecelos, producilos e instalos nos diferentes canais do Museo.
28 de decembro: Aprendemos a Ser... Difundindo o Patrimonio
Durante o desenrolo do curso, como resultado dos coñecementos adquiridos realizarán un programa de radio. Servirá para a reflexión e a creación de contidos patrimoniais propios(patrimonio que recibimos, patrimonio que transmitimos).O programa será colgado en internet e poderá ser escoitado polo público en xeral mediante o sistema de podcast.
-
Obradoiros impartidos por:
Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística Provincial.
Amelia Pernas
Cristina Fernández
OBRADOIROS CAMPAMENTO DE NADAL
IDEA E TEXTO : Brais García, Juan Ignacio Marquez,Encarna Lago
Dixitalización imaxen: Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Ángel Martínez Rodríguez)
Deseño ilustracións: tatata
ASESORAMENTO BIBLIOGRAFICO:MERCEDES SALVADOR
ASESORAMENTO DOCUMENTAL: Charo Fernández
Colaboracións: Ángeles Cabana , María González, Manuel González, Francisca Abuín, Ana Ferro, María Fe Fariñas ,Amelia Pernas, Cristina Fernández, Silvia Fiallega,Cristina Barreiro,Raquel Guerrero,Matías Linares, Sara Herrera, Rubén Pérez , Marta Crespo, José Ramón, Alfredo Perez, Paco Fra, Francisco Javier Rivera, Pepe Rey, Clara Rodríguez,Lara Fernández,Anastasia Rodríguez,Francisco Fernández.
Ten moi boa pinta. Coa experiencia que tedes en actividades seguro que funciona. Sería interesante coñecer as estaísticas, ao final do programa, cun análise dos resultados. Será pública esa memoria. A nós interésanos.
ResponderEliminarApertas,
Gustavo A. Garrido
Grazas por aportar o primeiro comentario do blog.Cando remate o programa pasaremos as estatísticas.
ResponderEliminar