MUSEO PROVINCIAL DE LUGO: CAPACIDADES DIFERENTES MUSEOS SEN LÍMITES
Dentro das tarefas que o persoal e os distintos departamentos do Museo Provincial de Lugo se propuxeron abordar nos últimos anos ocupaba un lugar prioritario o facer deste centro un museo para todos. Non se trataba tanto de acuñar un slogan como de dar pasos concretos para converter pouco a pouco ese obxectivo nunha realidade. Sabiamos que eran moitas as barreiras e que tiñamos por diante. Era necesario e urxente, daquela, mellorar a accesibilidade global do museo porque eramos conscientes de que moitas persoas (e non me estou a referir só ós colectivos de discapacitados) atopaban distintos tipos de barreiras e dificultades á hora de achegarse ó Museo como visitantes ou usuarios dos seus diferentes servizos.
O meu compañeiro do Departamento de Difusión, Fernando Arribas, e eu mesma comezamos, no ano 2002, os primeiros contactos cos colectivos lucenses de discapacidades: Primeiro FAMISLU que logo sera Cogami (Mónica xa asesora para sempre do Museo, José Luis, Miguel...), despois AUXILIA (Fernanda.. Aquilino xa dende aiqui asesor para sempre do Museo ) despois todas ás asociacións lucenses ....tantos nomes que nos axudaron...Entre todos tratabamos de buscar solucións técnicas para facer un museo accesible e sobre todo entender o lado humano, os problemas reais e mesmo persoais da accesibilidade. A súa axuda foi imprescindible e dende aquí quero manifestar o meu agradecemento aos movementos asociativos da discapacidade lucense por axudarnos a afondar na súa problemática e a entender o Museo e o mundo coa súa mirada:
A programación de actividades que levamos adiante no ano 2003, Ano Europeo da Discapacidade, foi decisiva para sensibilizar ás distintas administracións, incluída a Deputación da que dependemos, sobre esta problemática. O programa elaborado conxuntamente por todas as asociacións, e a Rede Museística Provincial, foi o primeiro que se presentou por parte de organismos públicos e asociacións a nivel estatal e deu lugar a un intenso ano de actividades que tiveron lugar no Museo baixo o lema “Museos e accesibilidade”. Estas xornadas, nas que se tocaron en profundidade moitos temas, contribuíron a xuízo dos participantes, a crear un marco de reflexión e crítica sobre os problemas que ten cada tipo de discapacidade para a súa integración. Cada mes estivo dedicado a un lema, unha discapacidade e unha asociación. Houbo unha actividade constante de exposicións, conferencias, cursiños e mesas redondas nas que convidamos a participar a recoñecidos expertos estatais e locais. O 15 de febreiro, cando remataban as xornadas o Museo xa tiña un timbre adaptado para uso dos discapacitados, en marzo xa tiñamos unha guía en braille e no mes de xuño xa dispoñiamos de guías -intérpretes da linguaxe de signos en colaboración coas asociacións lucenses.Cando rematou o amplo programa de actividades tomamos unha decisión: no noso Museo non íamos programar máis actividades para... todas as actividades do Museo serían accesibles por principio e por sistema, poñendo ao dispor das persoas que o precisasen as axudas técnicas e humanas que lles permitisen realizalas. Estamos a traballar niso, tamén na renovación da nosa páxina web para que sexa accesible a todos os colectivos.Avanzamos, paso a paso, porque somos conscientes de que temos obxectivos a longo prazo polos que non imos deixar de loitar, porque queremos conseguir que a integración sexa unha realidade e unha esixencia social. Reivindicamos que non só as administracións senón a sociedade en xeral, se preocupe, coñeza e reflexione para deseñar un mundo máis doado e agradable para todos. A nivel persoal, coñecín de preto ao colectivo, impúxenme unha reflexión profunda e teño, ao día de hoxe, unha implicación que vai moito máis aló do estritamente profesional.
No ano 2007 o día da discapacidade, o Museo provincial convocou outra xornada de traballo “Capacidades diferentes. Museos sen límites” na que retomamos todos os temas pendentes, asociación por asociación, no camiño de írmonos preparando para acometer o novo proxecto museolóxico e despois museográfico sen erros. Estamos a celebrar o 75 aniversario do museo baixo o lema ronsel de futuro… cremos nun futuro esperanzador. Dende ese día o Museo Provincial de Lugo conta cunha solución temporal de accesibilidade pola porta principal, un reto que aínda estaba pendente e para o que temos xa o proxecto feito e a curto prazo unha solución definitiva.... Esa mesma xornada anunciamos a nosa intención de crear un novo departamento no organigrama do museo: O Departamento de Accesibilidade e Capacidades diferentes. A creación do novo Departamento xa foi aprobada polo pleno da Deputación de Lugo o 26-2-2008. Somos o primeiro Museo galego e dos primeiros de todo Estado que conta cun Departamento deste tipo, un Departamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención á diversidade. Ou o que é o mesmo prestar atención preferente a todos aqueles colectivos que os mercados do traballo, o consumo, a comunicación, o lecer e a cultura se empeñan sempre en deixar á marxe. Pero non para crearmos un gueto asistencial, senón, pola contra, por considerarmos que as institucións museísticas deben funcionar como un mecanismo propiciador de xustiza e cohesión social. En realidade toda a xestión da Rede Museística queremos que se leve dende este departamento.Loitamos para que o vinte por cento das prazas saíran reservadas para discapacitados e conseguimos que nos contratos do ano 2008 así fora.Temos tanto que facer e tanto que loitar ,descubrimos agora un novo problema, non é suficiente plantexar o número de prazas ,hai que pensar nas formas de acceso nos temarios adaptados , nos tipos de discapacidade e deseñar as prazas en función de todo isto.En definitiva non se trata de que os Museos fagan nada que supere o que a Declaración Universal do Dereitos Humanos establece no artigo 27.1:
Encarnación Lago González, Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

“Non se ve ben senón co corazón, o esencial é invisible aos ollos” (Antoine de Saint-Exupéry, O Principiño)Entre todos formulamos estratexias a curto, medio e longo prazo: A curto prazo xurdiu unha autoguía para lograr que as persoas con discapacidade puideran percorrer o Museo autonomamente, sen depender de ninguén. A medio prazo fixemos nunha primeira fase as rectificacións pertinentes e posibles, tendo en conta os condicionamentos propios dun edificio histórico: incorporación e rectificación de ramplas , adaptación e mellora dunha das portas de acceso, colocación dun timbre na entrada principal, redacción dun proxecto arquitectónico de eliminación de barreiras a realizar nun futuro inmediato e que inclúe: acceso axeitado pola porta principal, adaptación dos servizos hixiénicos, corrección da iluminación de determinadas salas e pezas, supresión de barreiras programáticas...
A programación de actividades que levamos adiante no ano 2003, Ano Europeo da Discapacidade, foi decisiva para sensibilizar ás distintas administracións, incluída a Deputación da que dependemos, sobre esta problemática. O programa elaborado conxuntamente por todas as asociacións, e a Rede Museística Provincial, foi o primeiro que se presentou por parte de organismos públicos e asociacións a nivel estatal e deu lugar a un intenso ano de actividades que tiveron lugar no Museo baixo o lema “Museos e accesibilidade”. Estas xornadas, nas que se tocaron en profundidade moitos temas, contribuíron a xuízo dos participantes, a crear un marco de reflexión e crítica sobre os problemas que ten cada tipo de discapacidade para a súa integración. Cada mes estivo dedicado a un lema, unha discapacidade e unha asociación. Houbo unha actividade constante de exposicións, conferencias, cursiños e mesas redondas nas que convidamos a participar a recoñecidos expertos estatais e locais. O 15 de febreiro, cando remataban as xornadas o Museo xa tiña un timbre adaptado para uso dos discapacitados, en marzo xa tiñamos unha guía en braille e no mes de xuño xa dispoñiamos de guías -intérpretes da linguaxe de signos en colaboración coas asociacións lucenses.Cando rematou o amplo programa de actividades tomamos unha decisión: no noso Museo non íamos programar máis actividades para... todas as actividades do Museo serían accesibles por principio e por sistema, poñendo ao dispor das persoas que o precisasen as axudas técnicas e humanas que lles permitisen realizalas. Estamos a traballar niso, tamén na renovación da nosa páxina web para que sexa accesible a todos os colectivos.Avanzamos, paso a paso, porque somos conscientes de que temos obxectivos a longo prazo polos que non imos deixar de loitar, porque queremos conseguir que a integración sexa unha realidade e unha esixencia social. Reivindicamos que non só as administracións senón a sociedade en xeral, se preocupe, coñeza e reflexione para deseñar un mundo máis doado e agradable para todos. A nivel persoal, coñecín de preto ao colectivo, impúxenme unha reflexión profunda e teño, ao día de hoxe, unha implicación que vai moito máis aló do estritamente profesional.
No ano 2007 o día da discapacidade, o Museo provincial convocou outra xornada de traballo “Capacidades diferentes. Museos sen límites” na que retomamos todos os temas pendentes, asociación por asociación, no camiño de írmonos preparando para acometer o novo proxecto museolóxico e despois museográfico sen erros. Estamos a celebrar o 75 aniversario do museo baixo o lema ronsel de futuro… cremos nun futuro esperanzador. Dende ese día o Museo Provincial de Lugo conta cunha solución temporal de accesibilidade pola porta principal, un reto que aínda estaba pendente e para o que temos xa o proxecto feito e a curto prazo unha solución definitiva.... Esa mesma xornada anunciamos a nosa intención de crear un novo departamento no organigrama do museo: O Departamento de Accesibilidade e Capacidades diferentes. A creación do novo Departamento xa foi aprobada polo pleno da Deputación de Lugo o 26-2-2008. Somos o primeiro Museo galego e dos primeiros de todo Estado que conta cun Departamento deste tipo, un Departamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención á diversidade. Ou o que é o mesmo prestar atención preferente a todos aqueles colectivos que os mercados do traballo, o consumo, a comunicación, o lecer e a cultura se empeñan sempre en deixar á marxe. Pero non para crearmos un gueto asistencial, senón, pola contra, por considerarmos que as institucións museísticas deben funcionar como un mecanismo propiciador de xustiza e cohesión social. En realidade toda a xestión da Rede Museística queremos que se leve dende este departamento.Loitamos para que o vinte por cento das prazas saíran reservadas para discapacitados e conseguimos que nos contratos do ano 2008 así fora.Temos tanto que facer e tanto que loitar ,descubrimos agora un novo problema, non é suficiente plantexar o número de prazas ,hai que pensar nas formas de acceso nos temarios adaptados , nos tipos de discapacidade e deseñar as prazas en función de todo isto.En definitiva non se trata de que os Museos fagan nada que supere o que a Declaración Universal do Dereitos Humanos establece no artigo 27.1:
“Cada persoa ten dereito a participar libremente na vida artística e cultural daUn dereito que as propias Nacións Unidas desenvolve no punto 1.5 do seu programa:
comunidade”
“os estados membros deben procurar que as persoas con discapacidade teñan a
oportunidade de utilizar ao máximo as súas posibilidades creadoras, artísticas e
intelectuais, non só para o seu propio beneficio senón tamén para o
enriquecemento da comunidade. Con este obxecto debe asegurarse o seu acceso ás
actividades culturais, se fose posible deben realizarse adaptacións especiais
para satisfacer as súas necesidades”.
Encarnación Lago González, Xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
capacidade diferentes museos sin limite
View more presentations from Encarna Lago.
Comentarios
Publicar un comentario