O programa de emprego para Persoas Mozas 'Vencellos da Memoria' en colaboración coa Rede Museística Provincial de Lugo acaba de poñer en marcha o proxecto “Vencellos da Memoria” co que o alumnado quere recuperar a historia dos concellos de Ribadeo e Barreiros a través da fotografía. AXÚDASNOS? Para iso faise un chamamento, primeiro aos habitantes do Concello de Ribadeo, para que colaboren permitindo dixitalizar as súas fotografías. Para todos e todas as que queiran axudar aportando as súas imaxes, poden contactar a través do correo electrónico ou das redes sociais. Contarémoslles o proxecto en profundidade e como teñen que facer. Contacto: obroiroprodución@gmail.com https://www.facebook.com/vencellosdamemoria Instagram: Vencellos da Memoria *O programa de emprego adáptase as restriccións sanitarias por mor da Covid e podería afectar ao sistema de recopilación de imaxes + info web redemuseisticalugo