Presentado o programa do ‘VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo’ A deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, xunto coa xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e a directora do MPLugo, Aurelia Balseiro, presentaron o VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo que tratará o tema ‘Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros'. Este congreso vaise desenvolver nos museos da Rede Museística Provincial, consonte ao programa que se adxunta, os días 9, 10 e 11 de maio de 2019. O prazo para realizar as inscricións para asistir abrirase o 1 de abril. VI Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación da Rede Museística Provincial de Lugo: Redefinindo o Museo. Innovación, ferramentas de traballo e estratexias de xéneros Lugo, 9, 10 e 11 de maio de 2019 Sede: Museos da Rede Museística da Deputación de Lugo. PRESENTACIÓN O VI Cong