No Museo Provincial do Mar recoñecemos como
responsabilidade prioritaria a preservación do patrimonio integral e isto só é
posible implicando aos membros da comunidade en accións de preservación
conxunta.
Traballamos a diario para logralo, e agora queremos
darvos unha serie de indicacións para que saibades como actuar no caso de un
achado casual de carácter patrimonial, coñezades a quen pertencen este tipo de
obxectos ou cal é a lexislación vixente ao respecto.
Pola nosa tipoloxía de museo, e polo lugar onde nos
atopamos, é primordial o patrimonio arqueolóxico subacuático. Pero, que se
entende por este tipo de patrimonio?