ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN AO III CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN Dende mañá mércores, día 24, está aberto o prazo de inscrición ao III CONGRESO DE XÉNERO, MUSEOS, ARTE E EDUCACIÓN que organiza a Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo, para os días 3, 8,9, 11 e 12 de marzo do presente ano. Cómpre destacar que, debido ás características do formato deste congreso, disponse dun aforo reducido. A reserva de prazas será por rigorosa orde de inscrición, sendo o número de prazas o seguinte: Público en xeral: 50 prazas (días 3, 9, 11 e 12) e 70 prazas (día 8). Profesorado: 20 prazas (sesión de tarde día 3, 9, e 11). Este Congreso conta coa colaboración e aval de distintas institucións museísticas como ICOM España, Red Española de Profesionales de Museología Social, Museo de Arte Contemporánea de León (MUSAC), Museo de Arte Africano da Universidade de Valladolid, Museo Thyssen-Bornemisza, Museo Arqueológico de Cacab