O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro vén de presentar, no Museo de Lugo, xunto coa Xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, o catálogo de EntoleARTE, publicación que recolle os proxectos de creación artística multidisciplinar que se desenvolveron no antigo Hospital Psiquiátrico San Rafael entre o 10 e marzo de o 14 de abril de 2012. Documentos, imaxes e fotografías de todo o proceso creativo de EntoleARTE aparecen recollidas neste catálogo, que é o resultado final dun proxecto que naceu para darlle un peche simbólico desde unha perspectiva artística ao psiquiátrico de Castro xa baleiro, ofrecendo a unha chea de artistas de distintas disciplinas a posibilidade de materializar, nunha ocasión irrepetible, diferentes proxectos artísticos nun marco único como o do vello hospital. Neste senso, Mario Outeiro recordou que “EntoleARTE pretendeu ofrecer unha posibilidade para transformar temporalmente unha cárcere de ilusións en espaz