Día de Rosalía nos Museos da Rede Museística Con motivo do aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro,o Museo Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentamos unha proxección sobre a experiencia pedagóxica “Follas Novas, Novas Follas” gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartimos material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón.