‘Trans(cender), trans(mitir) e trans(formar)’ Como continuación do proxecto Culturas en diálogo , mañá martes, 30 de outubro, de 11:00 a 14:00 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo a actividade Trans(cender), trans(mitir) e trans(formar). Obradoiros artísticos feministas trans-nacionais . Impartidos pola artista Mery Pais, Encarna Lago (coordinadora do proxecto) e persoal da Rede Museística da Deputación de Lugo, dos departamentos de Didáctica e Capacidades Diferentes, este obradoiro está dirixido a mulleres de distintos colectivos lucenses. Trátase dun obradoiro creativo con perpsectiva de xénero que ten como obxectivo vencellar ás mulleres nunha loita común, pois todos os grupos feministas avogan por unha igualdade de xénero e xustizaa social. Despois de desenvolverse nos museos da Rede Museística, así como tamén en Tetuán (no Instituto Cervantes) e en Ceuta (na Fundación Premio Convivencia de Ceuta), rematan as sesións deste obradoiro no Museo Provincial de Lugo.