Free counter and web stats

martes, 4 de marzo de 2014

COORDINO UNO DE LOS PROYECTOS MÁS AMBICIOSOS DE MI CARRERA PROFESIONAL UN AMBICIOS PROYECTO DE MUSEOLOGÍA SOCIAL Y DIALOGO INTERCULTURAR EN LA REDMUSEISTICA DE LUGO CON DOS CULTURAS EN DIÁLOGO LUGO ARGENTINA .

E

Foto: Puesta en escena Culturas en Diálogo: Lugo-Arxentina
Coa mirada posta en Arxentina, e seguindo as liñas da Museoloxía social e do diálogo intercultural, a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira, a través da Rede Museística Provincial, e en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo e Tango Club Galicia, presentan o programaCulturas en diálogo: Lugo-Arxentina.
A elección de Arxentina ven marcada por ser  un dos principais países de acollida dos homes e mulleres emigrantes galegos. E tamén porque gardou e propiciou a nosa cultura durante o exilio de intelectuais e artistas galegos como Maruja Mallo, Castelao, Luis Seoane, Lorenzo Varela, Rafael Dieste, Núñez Búa, Otero Espasandín, Laxeiro, entre outros. Foi tamén terra fértil para a creación dun tecido organizativo e creativo baseada no compromiso, a solidariedade e o valor da orixe. Produto diso son os centos de asociacións de emigrantes, así como as editoriais, xornais, revistas, programas de radio e un variado abano de iniciativas culturais que durante anos foron o garante na defensa e promoción da nosa identidade cultural galega.
Igualmente, xa que o Consulado de Arxentina tivera sede en Lugo ata 1952, queremos coñecer o colectivo de arxentinos que viven en Lugo aos que, como parte da nosa sociedade, queremos dar voz para fomentar un intercambio de culturas e visibilizar outras realidades que forman parte da nosa comunidade.
A muller emigrante terá un papel sobresaínte nesta programación, especialmente na proposta Mulleres de Aquí e Dacolá que reúne as coordenadas do programa: Muller/Emigración/Galiza/Arxentina.
E de fondo o Tango, declarado Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade pola UNESCO en 2009, que consegue falarnos, con beleza e emoción, de xénero e de emigración. E para iso contamos cun evento único en Galicia o V Encontro de Internacional Tango Líber.
O programa ten un carácter internacional e aberto, polo que todas as actividades terán un acceso web utilizando activamente as redes sociais como medio de participación e nalgúns casos poderán seguirse os eventos en streaming.
Queremos transmitir o noso máis sincero agradecemento a todas aquelas persoas e entidades que contribuíron desinteresadamente á realización deste programa.