Ir al contenido principal

O Museo de Lugo acollerá a exposición dunha selección da obra cerámica de Isaac Díaz Pardo COMISARIADA POR FERNANDO ARRIBAS ARIAS E TERESA PENA E COORDINADA POR ENCARNA LAGO

http://v1deputacionlugo.org/novas.php?id=O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, presentou, esta mañá, no Museo de Lugo ‘A Vangarda das formas’, unha exposición que recolle unha selección da obra cerámica do intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador e editor Isaac Díaz Pardo, que estará aberta ao público na sala de exposicións do museo desde este xoves, 14 de novembro e ata o 2 de febreiro. 

Esta exposición, que está formada por máis de 350 pezas, recolle a evolución creativa da cerámica de Isaac Díaz Pardo dende finais dos anos corenta do século pasado ata os seus últimos deseños, xa no século XXI. 

Trátase da gran primeira mostra realizada en Galiza sobre produción cerámica levada a cabo por Díaz Pardo e na que figuran as obras orixinais dos seus comezos nesta actividade artística, así como tamén os últimos prototipos deseñados por el e os seus colaboradores, entre os que cómpre destacar a Luís Seoane, co que funda o Laboratorio de Formas, pasando pola creación das fábricas de O Castro, Magdalena e Sargadelos. A mostra inclúe tamén debuxos e bosquexos inéditos de Isaac Díaz Pardo de pezas realizadas nestas fábricas. 

Durante a súa intervención Mario Outeiro lembrou que “Díaz Pardo foi nomeado fillo adoptivo da provincia de Lugo logo do seu pasamento en 2012”e explicou que “a obra cerámica de Isaac Díaz Pardo é o resultado dun proxecto desenvolto durante máis de sesenta anos que, ademais, se converteu nunha das experiencias culturais e empresariais máis importantes da Galiza contemporánea. Seguindo os principios vangardistas da unión arte-industria e tendo sempre presente o seu compromiso con Galiza, creou un modelo de empresa na que os beneficios reverten en cultura coa finalidade de contribuír á modernización desta terra e á recuperación das súas raíces”. 

“Así, parello á produción cerámica, articulouse un ambicioso entramado cultural coa fundación do Museo Carlos Maside (un dos centros de arte contemporánea máis sobranceiro de Galicia), de Edicións do Castro, con máis dun milleiro de publicacións, a recuperación do Seminario de Estudios Galegos e do Laboratorio Xeolóxico de Laxe ou a creación do Instituto Galego da Información, que nos últimos tempos actuou como centro coordinador”, concluíu o delegado. 

Pola súa banda, un dos dous comisarios da mostra, Felipe Arribas, explicou que se teñen feito “moitas mostras sobre a obra de Díaz Pardo, pero centradas na parte pictórica, por iso esta é única até o momento” e destacou que “gran parte das pezas que se mostran nesta exposición son inéditas e proveñen de préstamos de coleccións privadas, que hai que recoñecer que cederon coa máxima facilidade e xenerosidade para a ocasión, como tamén hai que facer un recoñecemento á familia de Díaz Castro, aos seus fillos, e por suposto á súa muller, Mimina Arias de Castro, quen puxo tamén todo da súa parte para esta exposición e temos que lamentar, con mágoa, o seu falecemento hai tan só un pouco máis dunha semana”. 

Pola súa banda, Encarna Lago, coordinadora da mostra, fixo fincapé en que “logrouse facer unha exposición cunha montaxe óptima con recursos limitados, logrando uns resultados que o público poderá comprobar a partir deste xoves, ás 8 da tarde, cando se proceda á súa inauguración”.1243&idioma=gl&sec=73

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati