A REDE MUSEISTICA RECUPERA A TRADICION DO SAMAÍN NOS MUSEOS QUE DEPENDEN DA AREA DE CULTURA DA DEPUTACION DE LUGO
A Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo daDeputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial de Lugo con actividades para o Clube Pequeamigos da Rede traballa na recuperación do Samaín, a vella tradición de orixe celta. Cabazas, contos de medo e conxuros son algúns dos ingredientes que compoñen a programación deseñada dende os departamentos de didáctica e a xerencia da Rede.Esta iniciativa de celebrar o Samaín supón algo tan sinxelo, pero fundamental, como recuperar os nosos ritos. O programa abrangue obradoiros de cabazas, pintado de facianas e recortables de papel destinados aos máis pequenos, contos de medo, lendas celtas e procesións de ánimas.
Comentarios
Publicar un comentario