Con motivo da XX edición do Día da ONCE en Galicia, e dentro do programa de actos da Semana Cultural organizada con tal motivo, o vindeiro xoves, día 23 de maio, de 11:00 a 12:30 horas e de 17:00 a 18:30 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo unha VISITA MULTISENSORIAL. A través desta actividade, da man de Encarna Lago, Angeles Miguelez e Rosario Fernández, realizarase unha viaxe por un escenario non visual de sonidos, olores, texturas e sensaciones cotiás onde as pezas e o museo adquiren unha nova dimensión. Esta viaxe pola oscuridade comenza nunha imaxinaria excavación arqueoloxica e cun percorrido dende o paleolítico, á arte Moderna e Contemporánea. Como remate final desta actividade visitaremos a unha zona non visible para os visitantes: o almacen ou reserva da Sección de artes decorativas e etnografía.
Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra , por Cándido Pazó Visita guiada 16:00 h: Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ” Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data. Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe
Comentarios
Publicar un comentario