Ir al contenido principal

Proxecto EnREDarte:DIÁLOGOS NA REDE,ESPAZOS PÚBLICOS DE VISIBILIDADE,ESTUDIO ABERTO

Proxecto EnREDarte
A Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística Provincial, promove o proxecto global ENREDARTE concibido para incentivar a creación, promoción e difusión das artes visuais, escénicas, musicais, literarias … ENREDARTE aglutina cinco iniciativas diferentes que teñen como denominador común o seu carácter participativo e dinámico e que conflúen nun mesmo obxectivo: facilitar espazos para a difusión das creación dos artistas, tanto dos consagrados como dos novos valores (Diálogos na Rede, Espazos públicos de visibilidade, Estudio aberto, I Simposio Arte e Natureza e Saudarte).
O proxecto ENREDARTE vaise desenvolver nos catro museos da Rede Museística Provincial, na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e no antigo Hospital de San Xosé, ao longo do segundo semestre do ano 2013.

DIÁLOGOS NA REDE
1 de xuño a 31 de decembro de 2013
 / Museos da Rede Museística
(+ Bases para imprimir)

Unha iniciativa aberta aos artistas que respondan á convocatoria dos catro Museos da Rede Museística Provincial ( Museo Provincial de Lugo, Museo Provincial do Mar, Pazo de Tor e Museo Etnográfico de San Paio de Narla) e presenten proxectos de intervención que establezan un diálogo artístico con pezas ou coleccións concretas pertencentes a un dos catro museos da Rede. Un xurado seleccionará, entre os proxectos presentados, dous artistas para intervir en cada un dos museos.

ESPAZOS PÚBLICOS DE VISIBILIDADE
1 de xuño a 31 de decembro de 2013
 / Museos da Rede Museística
(+ Bases para imprimir)

Os Museos da Rede ofrecen os seus espazos dispoñibles para a presentación diante do público de calquera proposta artística : teatro, música, danza, humor,… Haberá unha convocatoria para a presentación de proxectos individuais ou colectivos. Cos proxectos seleccionados establecerase un calendario de actuacións en distintos espazos (pechados e abertos) dos catro museos. A Rede Museística Provincial organiza o programa, facilita os espazos e ocúpase da promoción e difusión de todas e cada unha das intervencións.

ESTUDIO ABERTO
1 de xullo a 31 de agosto de 2013
 / Sala de exposicións da Deputación de Lugo
(+ Bases para imprimir)

Concibido para artistas plásticos de diferentes disciplinas: pintura, escultura, debuxo, instalación, fotografía, videocreación … A Sala de exposicións temporais do Pazo de San Marcos converterase, durante dous meses, nun estudio aberto no que os artistas, elixidos mediante convocatoria pública, disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati