Free counter and web stats

lunes, 20 de mayo de 2013

Participaremos como ponentes no II Congreso de software libre para a educación cun proxecto didáctico da Redemuseistica organizado por IGACIENCIA que se celebrará en Santiago os días 2 e 3 de xullo.

E
http://www.igaciencia.eu/drupal7/?q=content%2Fdatos-do-congreso-de-software-libre














II CONGRESO DE SOFTWARE LIBRE PARA EDUCACIÓN

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE.-

-Propiciar o intercambio e coñecemento mutuo entre investigadores e profesores de educación na área de software libre para o seu uso en educación..
-Brindar a posibilidade de encontro entre todos os profesores e profesoras de Galicia interesados no ensino da área científica-matemática-tecnolóxica, e mesmo das demais áreas do ensino, desde o punto de vista do uso de software libre, para facilitar o intercambio de ideas e experiencias así como a presentación e difusión de recursos didácticos.
-Ofrecer un  espazo para coñecer mellor e gozar do mundo do software libre con exposicións de diversas experiencias e mostras.
-Ver as posibilidades de uso do software libre nas empresas e na FP.
A actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre, impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.
-Formación de grupos de traballo de interesados nestes temas en toda Galicia.
Relación provisional de relatorios:
  • Obradoiro Exelearning, Moodle. Pilar Anta do IES de Sabón
  • Obradoiro de Maxima. Mario Rodriguez Riotorto
  • Teleformación con Innovación Educativa e Software Libre. Roberto Brenlla (Tegnix)
  • Software libre e modelos de programación na investigación con supercomputadores.Dr Andrés Gómez (CESGA)
  • BioStatFLOSS: Unha ferramenta para a educación en BioEstatística. Miguel Ángel Rodríguez Muíños (Dirección Xeral de Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia)
  • App Inventor. Os primeiros pasos en Android. Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben
  • Obradoiro de Youtube Susana Vázquez e Xacobo del Toro (educaBarrié)
  • Estatística con Scilab. Consuelo Castro (IES de Trasancos)
  • Obradoiro de Geogebra e Arte.. Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben.
  • Mesa Redonda sobre EPUB 3, as súas posibilidades, o futuro dos libros escolares dixitais, e a interactividade con HTML5. Como integrar unha calculadora -e máis- nun libro dixital. Membros da mesa: Francisco Botana (UVigo), Manuel Díaz (Igaciencia),...
  • Abalar: sistemas informáticos da Amtega. Relator: Pablo Nimo Liboreiro.
  • Abalar: caso de éxito de centro educativo.
  • Centro educativo: CEIP Ramallosa (Teo, A Coruña). Relatores:  Francisco Nanín Castro e Benxamín Salgado Gómez.
  • Rede CeMIT. Relator: persoal da Amtega
  • Localización de Software Libre ao galego. Trasno
  • Experiencia do CESGA no uso do SW. Libre aplicado en ferramentas  colaborativas e e-learning. Aprendizaxe das linguas e da Xeografía- Historia.
    María José Rodriguez Malmierca (Responsabel do Departamento de e-learning e ferramentas colaborativas do CESGA).
  • Estatística Educativa para a avaliación dos alumnos con R, Salvador Naya (UDC)
  • Control de Calidade usando a Metodoloxía Seis Sigma con R, Salvador Naya (UDC)
  • Calculo matematico accesible por Internet. Francisco Botana (UVigo)
  • Realidade virtual e realidade aumentada no CDTIC de Santiago (visita ao centro de realidade virtual do CDTIC)
  • *Realidad virtual e realidad aumentada na educación. Angel Casas Polo, do  Centro de Realidade Virtual do CIS Galicia
    Demostración das posibilidades dos motores gráficos OGRE e Unity 3D, usando as técnicas de realidade virtual e  aumentada no campo da educación.
    Impresoras 3D
  • Follas Novas e Novas Follas (como se fixo). Encarna Lago, Xerente da rede museística da Deputación Provincial de Lugo.
  • "Oficina de Coordinación de Software Libre da Xunta de Galicia. Servizos para a comunidade educativa".AMTEGA
  • Biblioteca dixital do centro
  • Tradución de contidos de exelearning
E outros que faltan por confirmar. Comunicacións:
Utilización de sistemas operativos basados en Linux en educación Florentino Blas Fernández Cueto CIFP-Ferrolterra.
Learning gamification con Moodle  Eduardo Antonio Soto Rodríguez Colexio Apóstol Santiago de Vigo.
Ferramentas livres para aprender vocabulário de línguas estrangeiras  Joseph Ghanime López Escola oficial de idiomas de Lugo.
Novo enfoque no uso das TICs no ensino: Portabilidade, software na nube e traballo distribuido Alberto Rivera Caboalles CIFP A Xunqueira de Pontevedra.
Usar o editor de audio na Tecnoloxía da Comunicación. Daniel Rodríguez Pizarro. IES Alexandre Bóveda.de Vigo.
Unha experiencia audiovisual interdisciplinar con software libre, Peregrina Pintos Testa. IES A Guía de Vigo.
 Ferramentas de edición de audio e video de Ubuntu para o ensino de linguas estranxeiras.María Peón Torres
Non o entendo... Na casa funcionaba! Formatos de ficheiro adecuados a cada situación.David González Gándara
Identidade dixital e redes sociais no ensino. Alfredo Álvarez Rivera. IES Salvaterra de Miño.

Datas e horario de realización:
Desenvolverase en xullo de 2013, durante os días 1 e 2, en horario de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas.
Valoración en horas de formación: 16 horas (solicitada homologación á Consellería de Educación)