Ir al contenido principal

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS – 15 DE MAIO:« Promoción da integración social e a solidariedade entre as xeracións »

DÍA INTERNACIONAL DAS FAMILIAS – 15 DE MAIO:« Promoción da integración social e a solidariedade entre as xeracións »

«A familia é o elemento que aglutina ás sociedades, e as relacións entre as xeracións perpetúan este legado no curso do tempo. Este ano, o Día Internacional da Familia é unha ocasión para celebrar os vínculos que existen entre tódolos membros da constelación que conforma unha familia. Tamén é unha oportunidade para reflexionar sobre o modo en que inciden neles as tendencias sociais e económicas, e sobre o que podemos facer para fortalecer ás familias en resposta a elo.»
Mensaxe do Secretario Xeral das Nacións Unidas,
Día Internacional da Familia 2013

« Promoción da integración social e a solidariedade entre as xeracións »
O Día Internacional da Familia obsérvase cada ano o día 15 de maio dende 1994. Esta data foi proclamada en 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas (A/RES/47/237 ) facendo eco da importancia que a comunidade internacional lle outorga á familia. O Día Internacional da Familia é a ocasión propicia para promover a concienciación e un mellor coñecemento dos procesos sociais, económicos e demográficos que afectan a este importante núcleo da sociedade.
Na resolución A/RES/62/129 a Asemblea Xeral tamén observou que as disposicións relacionadas coa familia que figuran nos textos aprobados nas grandes conferencias cumios das Nacións Unidas celebradas no decenio de 1990 e nos seus procesos de seguimento continúan proporcionando orientación normativa sobre o xeito de reforzar os compoñentes das políticas e os programas centrados na familia, como parte dun enfoque amplo e integrado do desenvolvemento.
O Día Internacional da Familia das Nacións Unidas inspirou unha serie de actos de sensibilización, entre os cales destaca a celebración deses días no plano nacional. En numerosos países, ese día ofrece unha oportunidade para poñer de relevo os distintos ámbitos de interese para as familias. Entre as actividades inclúense cursos prácticos e conferencias, programas de radio e televisión, artigos periodísticos e programas culturais que fan fincapé nos temas pertinentes.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati