Ir al contenido principal

Cuarta conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia . No verán contaremos con maís conferencias

03/05/2013
Cuarta conferencia do ciclo A Arqueoloxía e o Mar. Navegando na nosa historia
O venres, 24 de maio, ás 19:00 horas, continúa o ciclo “A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia”, cunha conferencia a cargo de Víctor Bejega García e Eduardo González Gómez de Agüero baixo o título "De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo)"". Estes relatorios teñen por obxectivo valorar o papel do mar ao longo da nosa historia. Organizan Marián Cueto (Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas de Cantabria, IIIPC) e Edgard Camarós (Instituto Catalán de Paleoecoloxía Humana e Evolución Social, IPHES), e patrocinan a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, .
ENTRADA DE BALDE. (>> Cartaz)
A Arqueoloxía e o Mar: Navegando na nosa historia
Introdución
O obxectivo deste ciclo de conferencias é valorar o papel que o mar tivo ao longo da evolución humana, non só nos momentos máis recentes da historia, senón xa dende a Prehistoria. O mar sempre estivo presente como fonte de recursos, proporcionou alimentos dende a prehistoria, serviu como vía de comunicación dende a antigüidade, e é unha fonte inesgotable de sorpresas na actualidade en tanto que esconde unha parte da nosa historia, pecios afundidos, covas que foron habitadas antes da transgresión mariña, restos de batallas.
Por iso, eliximos unha serie de profesionais cuxos estudos abranguen cronoloxías diversas, de maneira que, con este ciclo, poidamos cubrir un período amplo, así como temas variados, dende investigacións sobre os recursos mariños ata prospeccións subacuáticas.

Conferenciantes
Pau Sureda Torres.- Universitat Pompeu Fabra, Barcelona. Investiga o mundo fenicio no mediterráneo.
Ignacio Crespo Liñeiro.- Empresa Argos (A Coruña). Realiza prospeccións subacuáticas na Mariña e descubriu recentemente varios pecios afundidos nas rías de Ribadeo e Viveiro.
Edgard Camarós.-Institut Català de Paleoecologia Humana i Evolució Social. A súa investigación céntrase no Plistoceno final.
Víctor Bejega García.- Universidade de León. Realizou as escavacións do Faro de San Cibrao e o estudo dos restos mariños encontrados.
Esteban Álvarez Fernández.- Universidade de Salamanca. Especialista en recursos mariños, estuda os restos encontrados en depósitos arqueolóxicos de época prehistórica.

Calendario
1ª conferencia: venres, 8 de febreiro, ás 19.00 h. Pau Sureda: O comercio e a navegación fenicia no Mediterráneo antigo.
2ª conferencia: venres, 8 de marzo, ás 19.00 h. Edgard Camarós: Océanos de humanidade. O papel do mar na evolución humana.
3ª conferencia: venres, 5 de abril, ás 19.00 h. Ignacio Crespo Liñeiro: O pecio de Xove. Un exemplo da riqueza patrimonial sumerxida na Mariña Lucense.
4ª conferencia. venres, 24 de maio, ás 19.00 horas. Víctor Bejega García e Eduardo González Gómez de Agüero baixo o título "De piscatores a mareantes: Evidencias arqueolóxicas de pesca e marisqueo en Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo)". 

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati