Ir al contenido principal

UN DOS GRANDES: VAZQUEZ CEREIJO NO MUSEO DE LUGO

VÁZQUEZ CEREIJO: PINTURA E FUROR CREADOR

No firmamento da pintura galega do noso tempo, a obra de José Vázquez Cereijo loce cun resplandor especial de estrela á parte e solitaria. Artista dunha poderosa personalidade de pintor, gravador e poeta, é posuidor dun mundo propio e exclusivo, no cal á ininterrompida sucesión dos traballos e os días hai que engadirlle a súa constante e irrefreable paixón pola existencia. A súa brillante traxectoria é a do eterno buscador dunha beleza terrible e moderna, inalcanzable e fatídica. Vázquez Cereijo, que na súa adolescencia en Lugo estivo tentado polo ballet e as artes escénicas e máis tarde, en Madrid, polo estudo da Arquitectura, acabou realizando unha obra pictórica na que os soños nocturnos e as volicións diúrnas mesturadas se plasman en composicións que expresan a forza corporal e mental dun home que, para vencer a súa angustia existencial, quere dominar plasticamente o eterno xiro do catavento da fantasía humana.
O punto de partida da pintura de Vázquez Cereijo, na década dos anos setenta da pasada centuria, baséase na vehemencia e desmesura das imaxes. Ao igual que o “Orlando furioso” de Ariosto, o seu estro é arrebatado e violento, de barroca intensidade. Desexoso de chegar ao fondo da vida e da arte que encerra unha composición pictórica, na súa obsesiva preocupación pola sexualidade e a animalidade dos seres viventes, realiza unha serie de grandes cadros que o tudense, José de Castro Arines, emparentaba cos enormes lenzos surrealistas de Wifredo Lam e de Roberto Matta. As imaxes de bestas feroces e de vexetais espiñosos, de formas afiadass e ferintes pintadas por Vázquez Cereijo, constitúen a marfallada dunha fauna e flora monstruosas. Á distorsión e descomposición das formas engádeselles o cromatismo e tonalidades escuras e violentas da totalidade. A intensidade expresiva e emocional da súa obra primeira é a mostra máis evidente dun tumultuoso temperamento cuxa visión do mundo non pode ser máis catastrófica. Sen dúbida ningunha traduce as inquietudes soterradas da maioría de todos aqueles que daquela soportaban a lousa que esmagaba a alma de moitos españois.
Co paso do tempo, que todo o amortece e tempera, a pintura de Vázquez Cereijo discorre por canles máis tranquilas e serenas. Aos brutais seres bicudos e agresivos sucedéronos as paisaxes e cadros de obxectos máis quietos e inofensivos. O artista, sen abandonar a visión apesarada da realidade, busca, non obstante, unha expresión máis temperada e esperanzadora da vida. Nos seus cadros, entre figurativos e abstractos, con reminiscencias neocubistas, futuristas e neometafísicas, utiliza unha maior delicadeza pictórica de frías gamas grises, verdes e azuis, de matizadas e densas pinceladas. Con motivos descritivos que recordan os soños nocturnos ou os recordos dos lugares que deixaron unha pegada na súa memoria, o pintor parece compracerse na plasmación emotiva e selectiva do suxeito abordado no soporte pictórico. Moi importante é sinalar como Vázquez Cereijo, na escuridade dos seus cadros, busca a claridade, acentuando o pálido fulgor que despende a luz nas tebras. Unha vez máis o artista moderno séntese herdeiro do barroco e do romanticismo, que recibe como o legado dunha herdanza da que apenas é consciente ou máis ben transmisor.
De grande importancia na produción de Vázquez Cereijo é a obra gráfica. Os seus gravados ao buril, as súas xilografías e linóleos, realizados con técnicas que enlazan coas das vangardas históricas da primeira metade do século XX, ocuparon gran parte da súa actividade a finais do século. O pintor ilustrou poemas de Juan Manuel Bonet -inventor dun poeta checo descoñecido, Pavel Hrádok- e recolleu en carpetas os linogravados da paisaxe urbana das cidades que máis ama. O caso de Praga é para el paradigmático da cidade centroeuropea na cal se encontra o seu “paraíso perdido” e recobrado, a mística “Xerusalén” celeste dos seus soños. O caótico amoreamento de vellas e pequenas casas, as agudas torres góticas e os aliñamentos tortuosos das quellas da urbe centroeuropea son a transcrición dunha poética visión dun urbanismo que o pintor soñou de neno. Os seus gravados, pese ao dinamismo e a axitación das súas formas, paralelas ás súas últimas pinturas son un remanso de paz, que na súa infancia, viviu dentro do recinto amurallado e cheo de recunchos do seu Lugo natal.
[Antonio Bonet Correa]


José Vázquez Cereijo[Curriculum]
Nace na capital de Lugo (Galicia), no ano 1940, na casa familiar da praza Maior, onde tamén viviu o seu tío Luís V. Pimentel ata o seu falecemento.
Á idade de dez anos comeza os estudos de pintura no Círculo das Artes da man de D. Ricardo Camino. Na adolescencia faino con D. Anxel Xohan, compartindo estes estudos cos de baile clásico con D.ª Pilar Tabernero, que aglutina un importante grupo cultural entre outros: Manuel María, Uxío Novoneyra (cando baixaba do Courel), Celestino Fernández de la Vega, etc. frecuentando as tertulias do hotel Méndez Núñez con Luís Pimentel e visitantes foráneos.
En 1958 trasládase a Santiago a estudar primeiro curso de Medicina.
En 1959 trasládase a Madrid a estudar Arquitectura.
Nos primeiros anos de Madrid, ademais dos estudos, realiza o servizo militar como voluntario no Ministerio do Aire.
A amizade con Tino Grandio inflúe no seu desexo de pintar, que tamén lle facilita a familia Kreisler. Ata ese momento só facía ilustracións e obra menor sobre papel.
A asistencia diaria á tertulia de D. Celso Emilio Ferreiro achégao ao mundo cultural presente moi enriquecido.
A partir dos últimos anos 60 e toda a década dos 70 mergúllase na cultura do “27” polas visitas que fai ao estudio do pintor D. Gregorio Prieto e as que dúas veces por semana lle fai a el no seu estudio a pintora Maruja Mallo, que á súa vez implica a visita de gran número de persoas do mundo dela.
Froito desta frecuente relación é a realización da case totalidade da obra gráfica da pintora, sendo a máis notable Homenaxe a Revista de Occidente, co apoio de D.ª Soledad Ortega Espotorno que tamén a prologaría.
Destes tempos é a primeira exposición “grande “do pintor no Centro Cultural da Vila de Madrid (praza de Colón).
Crea a galería de arte Minima, na praza das Salesas, onde expón a Picasso e a Miró e tamén os seus amigos Gregorio Prieto e Manolo Viola. Pasado un ano venderá a galería por serlle imposible tanta dedicación.
No ano 1978 formará grupo con José Luís de Dios, Luís Eduardo Aute e tres máis, expoñendo en Arco varias veces e con varias galerías. Conclúe a unión cunha serie de viaxes por centro e norte de Europa.
Desde os anos 70 mantén unha amizade case familiar con Juan Manuel Bonet e Andrés Trapiello, que deu o seu froito en varias publicacións.
O seu carácter viaxeiro faille percorrer Rusia comunista e países do Este que conclúe cunha exposición no Centro Cultural de Colón (Madrid) con óleos e gravados sobre Praga que presentou persoalmente D. Eugenio Granell, glosando tamén o libro Praga de Juan Manuel Bonet e Vázquez Cereijo editado por Andrés Trapiello.
Os libros de poemas, gráficos, etc. realízaos sempre coa colaboración da súa muller Anne Nikitik.
Xa no novo século XXI, seguindo os consellos do poeta e folclorista D. Hasmish Henderson, comeza a pintar de cabalete nas illas Hébridas, berce dos avós da súa muller, pintura que compaxina coa do estudio.

ESXPOSICIÓNS
1970 -GALERÍA CULTART. Madrid - CONCURSO DE BELAS ARTES-MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA. Madrid -- 1972 - EXPOSICION NACIONAL DE ARTE CONTEMPORANEO-PALACIO DE CRISTAL (EL RETIRO). Madrid 1973 - GALERÍA TOISON. Madrid -- 1974 - GALERÍA TOISON. Madrid -- 1975 - GALERÍA KREISLER. Nova York - FIGURACION 75 - GALERÍA KREISLER. Madrid -- 1976 - GALERÍA KREISLER. Madrid - EDICION DE CUNETAS (sobre poemas de Luis Pimentel) - FIGURACION 76 - GALERÍA KREISLER. Madrid -- 1978 - SALON INTERNACIONAL DO GRAVADO M.E.A.C. Madrid -- 1979 - HOMENAXE Á REVISTA DE OCCIDENTE (en colaboración con Maruja Mallo) - GALERÍA RUIZ CASTILLO. Madrid - BIENALE OF EUROPEAN GRAPHICAL ART. Heidelberg 1980 - CENTRO CULTURAL DE LA VILLA DE MADRID -- 1981 - MEDIO SÉCULO DE VIDA GALEGA - GALERÍA ALTEX. Madrid - PLÁSTICA GALEGA. CAIXA DE AFORROS DE VIGO -- 1982 - GALERÍA COLAXE (Rayuela). Madrid - GRUPO ABRA - GALERÍA ALTEX. Madrid - 80 ANOS DE PLÁSTICA GALEGA (Banco de Bilbao). Madrid - PREMIO JOAN MIRO. Barcelona - TOUROS - GALERÍA MORIARTE. Madrid - GRUPO ABRA - GALERÍA MARIA BLANCHARD. Santander - CASA DE LA CULTURA. Torrelavega - GALERÍA JUANA MORDO. Madrid - PRIMEIRO PREMIO DEPUTACION DE SEVILLA - MONOGRAFIA GUADALIMAR por J. MANUEL BONET y J. MARIA IGLESIAS - VAZQUEZ CEREIJO (A Pintura Como Confesión) de J. de CASTRO ARINES NA COLECCIÓN POLIEDRO DE EDICIONES RAYUELA -- 1983 - ARCO 83 - GALERÍA VERMEER. Bos Aires - GALERÍA SIENA. Valladolid - GALERÍA DIART. Madrid - CÍRCULO DE BELAS ARTES. Lugo -- 1984 - MUSEO DE PONTEVEDRA - VEERHURS NENNEN. Holanda - MUSEO. Ourense - HUIS OF SPANJE TE ANTWERPEN. Bélxica - EDICION DE HANNAH - REALIZACIÓN DE MACROMURALES PARA O CONCELLO DE MADRID (50.000 m2) - INCLUSION EN LA ENCICLOPEDIA GALEGA - ARCO 84 - GALERÍA DIART. Madrid - MAISON D’ESPAGNE LIEJA. Bélgica - O TOURO NA PINTURA ESPAÑOLA - BANCO BILBAO. Madrid. Sevilla - HAUSEOT SPAIN UTRECHT. Holanda - BIENAL DE PONTEVEDRA - INTERNATIONAL PHILLIPS. Holanda -- 1985 - THE TAIPEI ART GUILD. China EDICION EN TAIPEI (de la monografía Vazquez Cereijo) por HOWARD ROTHSTEIN -- 1986 - ARCO 86 - THE TAIPEI ART GUILD. China - GALERÍA KREISLER II. Madrid - SALA OCHAVAL. Bos Aires. Arxentina -- 1987 - CASA DE LA PARRA. Santiago - MUSEO DE PONTEVEDRA - DIPUTACION DE LUGO -- 1988 - VANGARDAS E SILENCIOS - XUNTA DE GALICIA. Lugo. Santiago. Vigo - ITINERANTE MONOGRAFICA - CONSELLERIA DE CULTURA - XUNTA DE GALICIA. Lugo. Santiago. Vigo --1989 - FUNDACION BARRIE DE LA MAZA -- 1990 - GALERÍA PARDO BAZAN. A Coruña - GALERÍA BACELOS. Vigo - PREPARACION DE LA SUITE PRAGA. Checoslovakia -- 1991 - TESTIMONIO 90 GALERÍA PARDO BAZAN. A Coruña - II MOSTRA UNION FENOSA (premio) - GALERÍA ESTIARTE (obra grafica) - PRESENTACION DEL LIBRO VAZQUEZ CEREIJO (Interior como Paisaje) DE IGNACIO CASTRO; J.M. BONET y JUAN ROF CARBALLO. Madrid - HOMENAJE A LAUREANO ALVAREZ - GALERÍA PARDO BAZAN. A Coruña -- 1992 - O TOURO NA PINTURA - GALERÍA ARGENSOLA. Madrid - 60 IMAXES PARA UNA COLECCION - XUNTA DE GALICIA - SAN MARTIN PINARIO. Santiago - CIRCULO DE BELLAS ARTES - REVISTA DE OCCIDENTE. Madrid -- 1993 - ARCO 93 1994 - OBRA GRAFICA DE LA BIBLIOTECA NACIONAL. Madrid - PRAGA - CENTRO CULTURAL DA VILA DE MADRID - LIBRO PRAGA CON PAVEL HRADOK EDITORIAL COMARES “LA VELETA”. Granada - 22 PREMIO NACIONAL DE GRABADO, CALCOGRAFIA NACIONAL. Madrid - EXPOSICION FESTIVAL CELTA DE LORIENT. Bretaña. Francia -- 1995 - GALERÍA NACIONAL DE PRAGA Y COLEGIO OFICIAL DE ARQUITECTOS. Cáceres. - MENCION DE HONOR (Premio Nacional de Grabado). CALCOGRAFIA NACIONAL. Madrid - GALERÍA CLERIGOS. Lugo. 1996 - GALERÍA UMBERTO. Milan. GALERÍA DEGAS. H.DOS REIS CATÓLICOS. Santiago - PREMIO NACIONAL DE GRABADO (itinerante). A Coruña, Málaga, Salamanca y Granada. GALERÍA NOROESTE. Santiago de Compostela. “OUTROS NUS” FUNDACION CAIXA GALICIA. Santiago de Compostela - PREMIO NACIONAL DE GRABADO. CALCOGRAFIA NACIONAL. REAL ACADEMIA DE BELLAS ARTES DE SAN FERNANDO. Madrid -- 1997 - Edicion de “ARCO VOLTAICO” con 14 grabados y textos propios. GALERÍA ESTACION CENTRAL. Madrid. Monografia sobre JOSE VAZQUEZ CEREIJO por ANDRES TRAPIELLO, edita ESTACION CENTRAL - ESTIARTE 25 AÑOS. Madrid . BIENAL UNION FENOSA. A Coruña - GALICIA EXTERIOR (Estación Marítima). A Coruña. Obtención del PREMIO NACIONAL DE GRABADO. MUSEO DEL GRABADO ESPAÑOL CONTEMPORANEO. - ARTHUR KLEMANN. N.Y. - E.E.U.U. -- 1998 - MUSEO DEL GRABADO ESPAÑOL CONTEMPORANEO. Marbella, Málaga. II TRIENAL DE ARTE GRÁFICO. QUIOSCO ALFONSO. CONCELLO DA CORUÑA. -- 1999 - CASA DE LA PARRA. XUNTA DE GALICIA. Santiago de Compostela. Galicia. -- 2000 - GALERÍA BARCELO. Vigo - MUSEO DEL GRABADO ESPAÑOL CONTEMPORANEO - Edición de “EL COHETE EXTRAORDINARIO” de OSCAR WILDE con grabados de VAZQUEZ CEREIJO. Edición de “DOUS VENTOS” con poemas e gravados de VÁZQUEZ CEREIJO, edita ESTACION CENTRAL. - CENTRO DE ARTE LIA BERMUDEZ. Maracaibo (Venezuela) - MUSEO DA ESTAMPA E DO DESEÑO CARLOS CRUZ DIEZ.Caracas (Venezuela) - CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA. Lima. (Perú) - MUSEO DE ARTE DE LA UNIVERSIDAD NACIONAL. Bogotá (Colombia) - CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA. Santiago de Chile - GALERÍA CLERIGOS. Lugo -- 2001 - MUSEO NACIONAL DE ARTE. La Paz (Bolivia) - CENTRO DE FORMACION DE LA AGENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACION. Santa Cruz de la Sierra (Bolivia) - CENTRO CULTURAL RECOLETA. Bos Aires (Arxentina) - CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA. Córdoba.(Argentina) - CENTRO CULTURAL DE ESPAÑA. Asunción.(Paraguay) - MUSEO TORRES GARCIA. Montevideo.(Uruguay) - O PRÍNCIPE DON FELIPE DE BORBÓN OBSEQUIA NA SÚA VIAXE OFICIAL Á REPÚBLICA CHECA O SEU PRESIDENTE VACLAV HAVEL COA SUITE “PRAGA” DE 16 GRAVADOS REALIZADOS POR VÁZQUEZ CEREIJO -- 2002 - Adquisición de tres obras do artista polo MUSEO NACIONAL DE ARTE CONTEMPORÁNEA REINA SOFÍA. Madrid --2003 - Exposición “EL DIARIO MUDO DE VAZQUEZ CEREIJO”. GALERÍA ESTIARTE. Madrid -- 2004 - GALERÍA ESMELGAR. Lugo. - PINTORES DEL MUSEO DE LUGO. GALERÍA PUERTA DE TOLEDO. Madrid -- 2005 – ARS MOENIA Museo de Constanza (Rumania) - MUZEUL NATIONAL DE ARTA. Cluj-Napoca.( Rumania). - 2006 – Un Ano nas Illas Hébridas (ESCOCIA). Galería CLERIGOS. Lugo – ARS MOENIA Museo Provincial de Lugo. Sala DIPUTACIÓN PROVINCIAL. - 2007 – IX Bienal Internacional De Grabado Caixanova: Orense, Caixanova. Vigo, Caixanova. Ferrol, Sala de Exposicións da Autoridade Portuaria. Pontevedra, Caixanova. - 2008 – DEN HAV. Malmö, Suecia. --– 2009 - GALERÍA CLERIGOS, Lugo,“DE EDIMBURGO A CASTLEBAY”. – Publicación del libro de poemas bilingües SOMBRAS DE LÚA AZUL (estampas de inverno). – MUSEO DEL GRABADO ESPAÑOL CONTEMPORÁNEO “ Libros de Artistas de los Fondos del M.G.E.C.” – CUARENTA GRABADOS EN OXFORD UNIVERSITY PRESS, LONDRES-- 2010 - Edición bilingüe Castelán-Galego de poemas propios “DESDE LA VELETA” (A FERRUXE DO CATAVENTO ) – XI BIENAL INTERNACIONAL DE GRABADO, NovaCaixaGalicia EN COLECCIONES PUBLICAS ------ MUSEO NACIONAL DE ARTE CONTEMPORÁNEO REINA SOFIA. Madrid. – Gabinete de Estampas de la BIBLIOTECA NACIONAL. Madrid. – MUSEO NACIONAL DE GRABADO ESPAÑOL CONTEMPORÁNEO – COLECCIÓN DIPUTACIÓN DE A Coruña – COLECCIÓN DE LA UNIVERSIDAD DE VALENCIA - COLECCIÓN UNION FENOSA – MUSEO PROVINCIAL DE LUGO – COLECCIÓN CAIXAVIGO. Vigo. – CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEO – THE TAIPEI ART GUILD. China. – MAISON D’ESPAGNE LIEJA. Bélgica. – VEGHURS NENNEN. Holanda. – CALCOGRAFIA NACIONAL – MINISTERIO DE EDUCACION. España. – PRESIDENCIA DE LA REPUBLICA CHECA. Praga. – MUSEO PROVINCIAL DE A CORUÑA –CASA CIVIL de S.A.R. el Principe D. Felipe de Borbón --2011 - VÁZQUEZ CEREIJO 1970-2000. MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati