Ir al contenido principal

Iniciaronse as Xornadas sobre xestión cultural inclusiva e accesible coordinadas por Encarna Lago


Manuel Ángel de Lario, coordinador de accesibilidade da COGAMI, e Miguel Moreno, director do Museo Tiflolóxico da ONCE, foron os primeiros en ofrecer as súas conferencias, no Museo do Mar de San Cibrao
delegado de Cultura da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu a algunhas das conferencias que tiveron lugar dentro das xornadas de Xestión Cultural pública inclusiva e accesible, que se están a celebrar na rede museística provincial e comezaron o onte sábado día 18 no Museo do Mar de San Cibrao. Durante a tarde deste primeiro día de xornadas de xestión cultural inclusiva, ademais, foi inaugurada de xeito simbólico a nova rampa de acceso para cadeiras de rodas, na parte traseira do museo. 

Esta rampa forma parte dunha serie de accións que se están a desenvolver no Museo do Mar, un traballo que supón que este centro se estea a converter nun dos museos máis completos no que se refire a accesibilidade e a cumprimento dos códigos de comunicación que teñen en conta a todos os colectivos de persoas con discapacidade. Entre outras cousas, levouse a cabo a adaptación da señaléctica a diferentes códigos como pictogramas ou braille, ademais de adaptarse a iluminación e o cromatismo do Museo aos diferentes colectivos de persoas con discapacidade, e no futuro realizaranse máis adaptacións xa que, aínda que o centro xa constitúe un exemplo de accesibilidade, é necesario traballar aínda máis para lograr o total acceso á cultura de todos os colectivos.

As conferencias da tarde deste sábado estaban a cargo de Manuel Ángel de Lario Alquézar, coordinador de accesibilidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI), e responsable de Accesibilidade e Atención Social en Expoagua de Zaragoza, que falou aos asistentes da potenciación do contido compensando os sentidos; ademais de Miguel Moreno, director do Museo Tiflolóxico da ONCE (Madrid), que falou de “Un Museo para ver e tocar”. A última actividade da tarde foi unha táboa redonda sobre barreiras de comunicación, “Pelexar polo posible, loitar polo invisible: autismo”, por José Urbano Cuevas Mateo, Miguel Moreno e Encarna Lago González.

Estas xornadas, coordinadas por Encarna Lago, xerente da Rede Museística, están a desenvolverse nos museos da mesma, comezando onte sábado día 18, e ata o 9 de xaneiro de 2011. O encontro proponse dende unha perspectiva aberta e plural, para se converter non só nunhas xornadas informativas, senón tamén nun foro de debate sobre xestión cultural pública inclusiva e accesibilidade, que reflexione sobre o que poden ofrecer os museos actuais diante desta problemática. Estas xornadas pretenden expoñer, analizar e debater sobre as necesidades, demandas e reivindicacións dos colectivos con discapacidade e con risco de exclusión social para acceder á cultura.

O

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati