Ir al contenido principal

Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta


Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta: membro do consello asesor do Museo de Pontevedra: http://www.museo.depo.es/noticias/notas.de.prensa/es.02010010.html
Dende fai anos grazas a estreita colaboración con Basanta dun compañeiro en varias publicacións, entramos en contacto co Sr.Basanta.
Tivemos a sorte de coñecer a súa  interesante  biblioteca e outras coleccións...Invitounos a súa casa para ver a Biblioteca e indicounos que estaba estudiando a posibilidade de facernos distintas doazós fai desto xa algúns anos ...
Encarna Lago

Acto de recepción, agradecemento e presentación da Colección de xoguetes, doazón de José Luis Basanta (Fondos do Museo Provincial de Lugo): mércores, 8 de setembro, ás 11: 30 horas.
Exposición: do 8 ao 26 de setembro de 2010, no Refectorio do MPL.


Xogar pode ser considerado como o primeiro acto creativo do ser humano xa que fai que o rapaz explore, invente, descubra, experimente…
Moitos son os beneficios que se lle poden atribuír ao xoguete:
-Axuda ao equilibrio emocional xa que contribúe a descargar sentimentos tanto positivos como negativos.
-Ao xogar con outros nenos o individuo socialízase e xesta futuras habilidades sociais.
-Ademais favorécese o desenvolvemento da psicomotricidade, a coordinación, a orientación no espazo e no tempo, o equilibrio…
Tendo en conta todas estas premisas, este museo hónrase de que o químico de raíces chairegas, Don José Luis Basanta Campos, confiara recentemente ao Museo Provincial de Lugo, unha colección de obxectos cos que conviviu durante toda a súa nenez. Trátase de corenta pezas que abranguen tipoloxías de xoguetes tan dispares como os medios de transporte, instrumentos musicais, aparellos de cine como un zoótropo ou un Ombro Cinéma, xogos de construción, de taboleiro, ou pezas tan curiosas como as miniaturas de chumbo relixiosas para “dicir misa”.
En canto aos materiais predominan os de madeira e os de folla de lata litografados, material moi común para a fabricación de xoguetes ata a introdución do plástico nos anos 50. Xa en 1731 tense constancia da primeira fábrica produtora dese material na localidade malagueña de Júzcar, onde técnicos vidos de Alemaña trouxeron o método para a elaboración do material.
Cronoloxicamente as pezas abranguen da segunda metade do século XIX ata mediados do XX.
Por último, gustaríanos recordarlles que as doazóns contribuíron en gran medida, dende o nacemento do Museo Provincial de Lugo, a aumentar e enriquecer os seus fondos. Xa a primeira peza que se asentou no Libro de rexistro deste Museo no ano 1932 foi a través da doazón dun particular. Pois ben, setenta e oito anos despois desa data, este Centro ten a honra de poder continuar agradecendo o altruísmo de xentes tan xenerosas como o Sr. Basanta que vén de desprenderse de pezas moi queridas para el, pensando no desfrute de toda unha sociedade.
Mª del Rosario Fernández González, Departamento de Artes Decorativas e Etnografía

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati