Ir al contenido principal

ACTIVIDAD DE VERANO EN LOS MUSEOS DE LA RED-EXPRES-ARTE EN MUSEO DEL MAR


1. ¿Qué ves? Malentendidos culturais. Presentación con imaxes que se deben interpretar polos asistentes. Explicación dos contidos sobre os que trata a actividade.
2. ¡Qué jeta! Expresar as diferentes emocións coa cara. Os demais deben adiviñar que é o que o fotografado intenta transmitir. Analizaremos o que podería significar en outras culturas.
3. Con unha man diante e outra detrás. Expresar só coas l mans poñéndolles color para transmitir unha mensaxe. Os significados das cores. Previamente repartirase unha táboa cos significados das cores en diferentes culturas.
4. O Mimo. Expresar con todo o corpo. Exercicio de expresión corporal para transmitir mensaxes máis complexos que nos casos anteriores. Tamén deben de interpretar o que expresa o fotografado. A importancia de la comunicación.
Material:
 Cámara fotográfica.
 Portátil.
 Pintura corporal.
 Fotocopias cos trazos máis típicos da linguaxe corporal segundo as culturas.
 Fotocopias cos significados das cores.
EXPRES-ARTE.
A importancia da linguaxe corporal. Comunicarse sen palabras.
En primeiro lugar compre definir que entendemos por comunicación. A comunicación é un proceso básico mediante o cal se transmite información dunha entidade a outra, son interaccións mediadas por signos entre a lo menos dous axentes que comparten un código de signos común e teñen unas regras semióticas común.
Todas as formas de comunicación requiren dun emisor, unha mensaxe e un receptor. No proceso comunicativo a información é incluída polo emisor nun paquete e canalizada cara o receptor a través do medio. Unha vez recibido, o receptor descodifica a mensaxe e proporciona unha resposta.
No intercambio de mensaxes entre os individuos é fundamental dominar o mesmo código, que é un sistema de signos e regras para combinalos que, por un lado, é arbitrario e, por outra parte, debe de estar organizado de antemán.
No proceso de comunicación no que se emprega ese código é preciso un canal para a transmisión dos sinais. O canal sería o medio físico a través do cal se transmite a comunicación e que engloba tanto a linguaxe oral como a linguaxe corporal.
Dentro da comunicación non verbal debemos falar de tres tipos de linguaxe que podemos percibir e estudar: a quinésica, a proxémica e a paralingüística.
A paralingüística é a comunicación donde se fai énfase na compoñente vocal dun discurso, unha vez eliminado o seu contido. Non é o que se di, se non como se di. Atende a aspectos como o volume da voz, a entoación, o ritmo, as pausas,…
A proxémica é o estudo da forma na que as persoas usan o espazo (persoal e/ou social) para comunicarse. Por espazo entendemos o espazo físico do lugar ou a distancia para falar.
Dentro desta área de estudo compre sinalar ó antropólogo Edwar T. Hall, un dos pioneiros na investigación das necesidades espaciais do home. Baseándose no comportamento animal observou que os homes teñen igualmente un espazo apropiado, que neste caso se diversifica a causa das variacións da organización cultural de cada sociedade.
Partindo desta investigación sinaláronse tres tipos de espazo: un espazo de organización fixa (o determinado polo modo social de satisfacer as necesidades materiais), un espazo de organización semifixa (determinado polo agrupamento de individuos) e un espazo “informal” que comprende as distancias que vivimos inconscientemente cos demais:
a) Distancia íntima: É un espazo menor a un metro (desde 15 cm a 50 cm) e defínese pola percepción do calor, olor e da respiración do corpo doutra persoa. É a máis importante e é a que unha persoa coida como da súa propiedade. Só se permite traspasala a aqueles que están emocionalmente moi cerca da persoa en cuestión.
b) Distancia persoal:É un espazo de 50 a 75 cm que designa a distancia fixa que separa ós individuos que non teñen contacto entre si. Unha especie de burbulla que creamos inconscientemente para illarnos dos demais.
c) Distancia social: É un espazo de 1 2 metros que marca o límite do poder que exercemos sobre os demais. É dicir, o límite a partir do cal a outra persoa non se sinte afectada pola nosa presenza. Esta é a distancia que nos separa dos estraños.
d) Distancia pública: É un espazo que vai máis aló dos 2,5 metros e que se considera impersoal. Está fóra do circulo no que o individuo se atopa directamente afectado.
Estas catro distancias varían en cada sociedade debido a trazos culturais. Así en América do Sur teñen unha distancia persoal e social moi corta comparada coa do mundo anglosaxón, por exemplo.
A quinesia ou movemento corporal refírese a capacidade de comunicarse mediante xestos ou outros movementos corporais, incluíndo a expresión facial, o movemento ocular e a postura, entre outros.
Este tipo de sinais non verbais poden ser específicas para cada individuo ou xerais. Algunhas poden ter a intención de comunicar ou ben ser simplemente expresivas.Unhas poden proporcionar información sobre as emocións, mentres outras considéranse que dan a coñecer trazos da personalidade ou actitudes.
Evidentemente queda fora do seu campo a oralidade, polo que nos debemos de centrar a aquelas mensaxes que se dan dentro dos campos visual, auditivo e táctil, xa sexa illadamente ou en relación coa estrutura lingüística e paralingüística e coa situación comunicativa.
Analicemos algún dos aspectos da quinésica:
Postura corporal. Unha das mensaxes fundamentais que pode ofrecer a postura corporal é a actitude con respecto a outros. Así distínguese entre as posicións corporais abertas e pechadas. Unha posición aberta implica a ausencia de separación dun interlocutor co outro mediante brazos e pernas. A cerrada, polo contrario, é a que implica o uso de pernas e brazos para xerar unha barreira que evite a interacción. Por exemplo, cruzar os brazos.
Expresión facial. Cando falamos da expresión facial, do rostro humano debemos ser conscientes de que é unha das ferramentas por excelencia da comunicación non verbal que nos permite transmitir mensaxes e emocións. As persoas somos, en gran medida, capaces de controlar a nosa cara e nela reflíctense o noso carácter, xa que existen expresións habituais de cada un que acostuman a deixar pegadas permanentes nel.
Se estudamos as expresións faciais, podemos comprobar que as persoas, na súa maioría, saben finxir unha expresión, pero non saben como facela aparecer espontaneamente, canto tempo mantela ou como debe desaparecer. Este feito leva a afirmar que os seres humanos non saben mentir.
E, nesta idea se basea o estudo que desenvolveu Paul Ekman, un dos mellores psicólogos especialistas en comunicación non verbal que cataloga as expresións faciais usando fotografías no lugar de descricións e divide o rostro en tres zonas: fronte, rostro e resto de la cara (nariz, meixelas, boca e queixo).
Existen certo tipo de expresións que son denominadas micromomentáneas, detectadas ó pasar unha película a cámara lenta na que aparecen no rostro un instatne para voltar a desaparecer. Estas expresións fugaces ocurren, xeralmente, cando unha persoa está en conflito consigo mesma, ca que o que está dicindo non concorda coa expresión momentánea. Estas expresións non serían mensaxes en si mesmas, se non filtracións dos sentimentos verdadeiros, que poden atuar como válvulas de escape permitindo, inda que sexa moi brevemente, expresar os seus sentimentos ou impulsos inaceptables.
Tanto as micro expresións como o resto das expresións faciais non pasas, necesariamente, desapercibidas xa que o ser humano as detecta de forma inconsciente. Pero dende a infancia ensínasenos a non prestar atención os xestos debido a que son demasiado reveladores.
Dentro da expresión facial merece ser tratada con maior detalle a mirada. A mirada cumpre unha serie de función como a regulación do acto comunicativo, é fonte de información, expresa emocións e comunica a natureza da relación interpersoal.
O estudo da mirada atende a varios aspectos, destacándose:
A dilatación das pupilas que indica interés e atractivo. E dicir, cando estamos interesados dilatanse.
O contacto visual, tendo en conta a frecuencia e o tempo que mantemos o contacto ocular con outras persoas.
O número de parpadeos por minuto que indica tranquilidade ou nerviosimo.
A forma de mirar, unha das conductas máis relevantes para distinguir ás persoas dominantes e poderosas.
Xestos.
Un xesto é unha forma de comunicación non verbal executada con algunha parte do corpo. Permite expresar unha enorme variedade de mensaxes e é usada pola meirande parte da xente xunto a outros compoñentes da linguaxe non verbal en adición de palabras cando falan.
A abundancia ou escaseo de xestos, o uso de uns ou outros ten moito que ver co contexto cultural no que se educa o ser humano. Así hai certos grupos ou certas linguas que utilizan moitos máis xestos que a media. Este factor cultural tamén determina que certos tipos de xestos poidan ser ou non aceptados culturalmente.
Dentro dos xestos cabe comentar as catergorías establecidas por P. Ekmna e W. Friesen:
1. Xestos emblemáticos ou emblemas: sinais emitidas intencionadamente e das que todo o mundo (pertencente a cultura que o xera) coñece o significado.
2. Xestos ilustrativos: son aqueles que acompañan á comunicación verbal apra matizar ou recalcar o que se di, para substituír unha palabra, etc. Tamén son usados intencionadamente.
3. Xestos reguladores da interacción: son aqueles que serven para sincronizar ou regular a comunicación e a canle non desaparece. Úsanse para tomar o relevo na conversación, para iniciar e finalizar a interacción,… (dar a man).
4. Xestos que expresan estados emotivos ou mostras de afecto: son xestos que reflicten o estado emotivo da persoa. Por exemplo, xestos de ansiedade, tensión, dor,…
5. Xestos de adaptación ou adaptadores: son aqueles que se usan para manexar emocións que non desexamos expresar, para axudar a tranquilizarnos ou relaxarnos, etc. Poden ser inconscientes.
Sobre os xestos circulou e segue a circular unha polémica sobre se estas sinais non verbais son innatas, aprendidas, transferidas xenéticamente ou adquiridas dalgunha outra maneira.
Estudouse a xente cega e /ou xorda que non puido aprender as sinais non verbais por vía visual non auditiva, observouse a conduta xestual de membros de civilizacións diferentes e o comportamento dos grandes primates. E chegouse a conclusión de que hai xestos das catro clases.
As transferidas xenéticamente poderían estar precodificadas nos xenes que determinan a estrutura do cerebro, e por iso determinarían un comportamento eventual. Tómase como evidencia da súa natureza hereditaria o feito de que determinados xestos se observan de forma universal no home e se atopan, tamén, nos primates inferiores.
As innatas son aqueles comportamentos universais que están condicionados pola anatomía humana, como por exemplo o signo de comida que consiste en levar as mas a boca, xa que para todos os seres humanos a man e a boca están no mesmo sitio
Existen, a súa vez, determinados xestos, como o saúdo, que son a vez universais e específicos de cada cultura. Isto explícase porque debemos consideralos non como un acto illado se non como unha secuencia de actos. Así unha análise cinética sobre o saúdo diferenciou catro etapas sucesivas: avistarse, recoñecerse, un saúdo a distancia coas mans e as cellas, o acercamento, con un saúdo máis próximo e a separación momentánea.
Así, os xestos poden ser innatos e aprendidos, inda que gran parte da nosa conduta non verbal é aprendida, e o significado dos movementos e xestos está determinado polo tipo de civilización ou cultura.
As cores das emocións e dos sentimentos nas diferentes culturas.
Cada cor exerce sobre a persoa que a observa unha triple acción:
- Impresiona a quen o percibe, xa que a cor se ve e chama a atención
- Ten capacidade de expresión, porque cada cor, ó manifestarse, expresa un significado e provoca unha reacción e unha emoción.
- Constrúe, xa que toda cor posúe un significado propio, e adquire o valor dun símbolo, capaz, por tanto, de comunicar unha idea. As colores frecuentemente están asociadas con estados de ánimo e emocións.
As cores aféctanos psicoloxicamente e prodúcenos certas sensacións. As emocións e sensacións que comentaremos a continuación corresponden a cultura occidental, xa que noutras culturas, as mesmas cores, poden expresar sentimentos opostos por exemplo, en Xapón e na maior parte dos países islámicos simboliza a morte.
O vermello: É o símbolo da paixón, da sexualidade e do erotismo, inda que tamén do perigo. É a cor do lume e do sangue, da vitalidade e da acción. Exerce unha influencia poderosa sobre o humor e os impulsos dos seres humanos, produce calor. O aspecto negativo do vermello asociase a que pode destapar actitudes agresivas.
O laranxa e derivados: Representa a alegría, a xuventude, o calor e o verán. Comparte co vermello algúns aspectos ó ser unha cor ardente e brillante. Aumenta o optimismo, a seguridade, a confianza, o equilibrio, diminúe a fatiga e estimula o sistema respiratorio. Ë ideal para usar en lugares onde a familia se reúne.
O amarelo: En moitas cultura está asociado a divindade e é a cor máis luminosa, cálida, ardente e expansiva. Xera calor e provoca bo humor e alegría. Estimula a vista e actúa sobre o sistema nervioso. Está vinculado coa actividade mental e a inspiración creativa xa que esperta o intelecto.
O verde: Simboliza a esperanza, a fecundidade, os bens que están por vir. É unha cor sedante e hipnótica. Atribúenselle virtudes como a de ser calmante e relaxante, resultado eficaz nos casos de excitabilidade nerviosa, insomnio e fatiga, diminuíndo a presión sanguínea, baixa o ritmo cardíaco, alivia neuralxias e xaquecas. Usase para neutralizar as cores cálidas.
O azul. É o símbolo da profundidade. Atribúenselle efectos calmantes e úsase en ambientes que inviten ó repouso. O azul é a máis sobrio das cores frías, transmite seriedade, confianza e tranquilidade. Favorece a paciencia, a amabilidade e a serenidade. Inda que, en exceso, produce fatiga ou depresión.
O púrpura. Representa o misterio. Asóciase coa intuición e a espiritualidade, influenciando emocións e humores. Actúa sobre o corazón, diminúe a angustia, as fobias e o meo. Axiliza o poder creativo.
O branco. Está asociado a pureza, a fe e a paz. Simboliza alegría e pulcritude. Nas culturas orientais simboliza a outra vida, representa o amor divino, estimula a humildade e a imaxinación creativa.
O negro. Tradicionalmente asóciase coa escuridade, a dor, a desesperación, a formalidade, a tristeza,… Pode representar o que está escondido ou velado. Tamén denota poder, misterio e estilo. Na nosa cultura é a cor da morte e do loito.
O gris. Iguala todas as cousas e non inflúe nas outras cores. Pode expresar elegancia, respecto, desconsolo, aburrimento, vellez. E unha cor neutra e en certa maneira sombría.
Os significados das cores noutras culturas poden ser observados na seguinte imaxe:
As emocións humanas. Todos somos iguais.
Na década de 1950 Paul Ekman, o que xa fixemos referencia máis arriba, comezou a interesarse nas expresións emocionais debido o potencia que lles viu para revelar o que as persoas non mostran a través das palabras.
Ó achegarse o tema atopouse coa controversia sobre se a expresión das emocións depende da cultura ou e máis ben herdada e, polo tanto, universal. Así, en 1966 iniciou as súas primeiras investigación acerca da expresión das emocións. Inclinado, como estaba, a favor do relativismo antropolóxico, a súa idea era demostrar o erro de Darwin que supoñía que as emocións eran herdadas e universais xa que eran un mecanismo que axudaba a supervivencia.
Ekman recolleu información de forma directa e sistemática en diferentes lugares do mundo, en culturas letradas e iletradas nas que mostraba fotografías de rostros os habitantes destes lugares para que dixeran que emocións expresaban. Os resultados foron que Darwin tiña razón e non os antropólogos culturais.
As súas investigación serven para afirmar hoxe en día que as emocións son universais e non dependentes da cultura e que somos capaces de recoñecelas independentemente do marco cultural no que nos desenvolvamos ou da xeración a que pertenzamos. Se ben o marco cultural pode influír na expresión pública das emocións a través das denominadas “regras de exhibición”.
A teoría da evolución de Darwin permite explicar por que as emocións, tanto positivas como negativas, se manteñen ata hoxe. A idea é que as emocións negativas (ira, medo, asco) posúen un valor adaptativo evidente fronte as ameazas e emerxencias, contribuíndo, así, a supervivencia. En canto as emocións positivas o seu valor evolucionario é menos evidente e máis mediato pero o certo é que emocións como a alegría, a gratitude ou a solidaridade incrementan os recursos físicos, psicolóxicos e sociais das persoas, fortalecen os lazos entre os individuos e afianzan a pertenza ó grupo, todo o cal fai máis probable a supervivencia a medio e largo prazo.
Así, podemos afirmar que as expresións de alegría, tristeza, ira, sorpresa, asco, medo e desprezo son universais, independentemente da sociedade ou a cultura á que se pertenza. Mentres que o resto de movementos corporais aprendémolo do noso entorno e varía en función da persoa.
Un dos exemplos máis claros de que estas emocións son facilmente recoñecibles sen necesidade de compartir cultura podémolo atopar nalgunhas expresións artísticas, como por exemplo o cadro “O berro” de E. Munch.
Compre sinalar en último lugar que existen seis categorías básicas de emocións: medo, sorpresa, aversión, ira, alegría e tristeza. A partir destas e combinándoas aparece un amplo abano de emocións.
Cando asentimos non sempre dicimos “si”. Os xestos nas culturas.
Así como a linguaxe verbal difire dunhas culturas a outras, na linguaxe non verbal tamén acontece. Un xesto pode resultar común e ter un significado coñecido nunha cultura e descoñecerse ou interpretarse distintamente noutra.
A cultura na que medramos danos as pautas de cómo debemos comportarnos para integrarnos no seu seo, isto inclúe todo un código xestual. A modo de exemplo temos o xesto que acompaña á afirmación que na nosa cultura se fai movendo a cabeza arriba e abaixo, pero noutras culturas, como en Bulgaria ou na India, estaríamos negando.
Este sinxelo exemplo danos unha idea da diversidade e variedade de xestos e outros trazos da linguaxe non verbal que podemos atopar polo mundo adiante.
Vexamos, a continuación, algúns xestos que teñen diferente significado segundo o lugar no que os fagamos.
O “ok”: Este xesto que nós recoñeceríamos como sinal de estupendo, todo ben pode significar cero ou nada en Francia, indica diñeiro en Xapón e nalgúns países do mediterráneo sería un xesto claramente ofensivo.
A “V”: Este xesto, popular en Australia e Gran Bretaña, por exemplo, indica victoria feita coa palma hacia fora. Pero coidado porque se o facemos coa palma cara a nós sería nestes mesmos lugares un insulto obsceno.
O abrazo é algo moi común entre nós, sobre todo con xente achegada. Pero en lugares como os países árabes só está permitido entre persoas do mesmo sexo en público.
Os saúdos que podemos ver arredor do mundo son do máis variados. Dende a nosa aperta de mans de ou os dous bicos ata as reverencias dos orientais, pasando polo saúdo do Tíbet que consiste en sacar a lingua ou os tres ou catro bicos dalgunhas zonas de Europa.
En definitiva, en cuestión de xestos cando vaimos polo mundo adiante é mellor seguir a máxima castelá de “allá donde fueres, haz lo que vieres” e ir con un sorriso verdadeiro por diante xa que este recoñecese como xesto universal de simpatía e amabilidade.
.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati