Ir al contenido principal

actos conmemorativos do 125 aniversario do pasamento da poetisa, a entrega do PREMIO ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS

DEPUTACIÓN  DE LUGO

VICEPRESIDENCIA

Área de Cultura

San Marcos, 8 - 27001  LUGO   Telf: 982 26 00 00  /Fax: 982 26 01 65


Praza da Soidade, s/n. -  27001 LUGO Telf.: 982 24 21 12  -  Fax: 982 24 02 40 info@museolugo.org /www.museolugo.org


NOTA DE PRENSA

Acto de entrega do Premio Rosalía de Castro para Experiencias Pedagóxicas ao proxecto 'Follas novas, Novas follas' da Rede Museística  da Deputación de Lugo

Mañá,  xoves, 15 de xullo, a partir das 20:00 h. terá lugar na Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón, no marco dos actos conmemorativos do 125 aniversario do pasamento da poetisa, a entrega do PREMIO ROSALÍA DE CASTRO PARA EXPERIENCIAS PEDAGÓXICAS que recaeu esta vez no unidade didácticaica do proxecto pedagóxico 'Follas novas, Novas follas' desenvolto por tres dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo (Museo Provincial do Mar, Museo Etnográfico de San Paio de Narla e Pazo de Tor)
Este galardón creado pola Fundación Rosalía de Castro e patrocinado pola Consellería de Educación, Dirección Xeral de Política Lingüística e Concello de Santiago, pretende potenciar o coñecemento de Rosalía e da súa obra, referencia imprescindible na formación integral dos escolares.

O xurado avaliou a metodoloxía empregada, o material de apoio, a idoneidade da selección de contidos, a escolla dos textos rosalianos, o carácter innovador, a atención á diversidade, o emprego de novas tecnoloxías e a implicación de toda a comunidade educativa.
Ao acto asistirá en represenatción da Rede Museística a súa xerente, Encarna Lago González, xunto cunha ampla representación de pais e nais, alumnos e persoal dos museos que  interviron na execucción e nas distintas fases do proxecto.

"Follas Novas. Novas Follas é un proxecto de intercomunicación dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo coa sociedade no que participan profesorado e alumnado de diversos centros escolares, xunto con pais e nais ,avos , avoas.
Un experimento comunicativo que pretende, como grande obxectivo, o achegamento dos máis novos ao marabilloso mundo da lectura, unha excelente forma de homenaxear a Rosalía de Castro, lendo e analizando a súa obra para educar en valores neste ano que a Unesco dedica ao achegamento entre culturas.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO: FOLLAS NOVAS, NOVAS FOLLAS
Follas Novas (web):  http://www.wix.com/redemuseistica/follas-novas

Follas Novas na web dos museos da Rede Museística:

Lugo,  14 de xullo de 2010


     Saúdos
Xerencia  Rede Museística
        Tfn.. 982 24 21 12  / 620 280 203 / xerencia@museolugo.org

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati