Ir al contenido principal

PROXECTO ARTISTICO LITERARIO CON ARTISTAS LUCENSES

Instaladas tres novas obras no roteiro de Fiz Vergara


13/12/2009 - A.C.V. (Sarria)
Tres novas obras de arte salpican a paisaxe de Lóuzara (Samos) dentro do roteiro artísticoliterario do poeta Fiz Vergara Vilariño, un proxecto único en Galicia que estará rematado nuns días.
Trece artistas plásticos colaboran desinteresadamente na súa creación, aportando outras tantas pezas inspiradas en poemas do autor samonense. As tres últimas creacións instaladas corresponden a Miguel A. Macía, Paco Poy e Primitivo Lareu, quen ideou unha ‘Muller unicornio’, nome co que bautizou unha escultura de 2,5 metros de altura que loce xa na rotonda de Airapadrón. Este punto marca o inicio do roteiro, que percorre 7,5 quilómetros ata rematar no Pozo de Beltrán, en Santalla de Lóuzara, lugar natal do poeta.
Miguel Macía creou en bronce unha figura feminina, a súa ‘Musa para Fiz’ que, dende o alto de Santalla, olla cara a vivenda do autor. A terceira peza, firmada por Poy, sitúase na aira de Tesín, onde o artista colocou un escano e unha lareira, «lembrando que a casa é o cerne habitado do que bebe o poeta», explica María Casar, presidenta da agrupación Ergueitos.
Este colectivo sarriao é o impulsor da iniciativa, xunto coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Deputación, Agader, o Concello de Samos e a familia de Fiz. O proxecto completarase nos vindeiros días coas aportacións de Eduardo Valiña e Buciños, que se suman ás obras xa instaladas de Álvaro de la Vega, Fernando Yáñez, Mónica Alonso, Caamaño, Violeta Bernardo, Paco Pestana, Otero-Yglesias e Caxigueiro.
Será o «primeiro roteiro» destas características en Galicia, que se prevé inaugurar nos primeiros meses do 2010 e será publicitado no blog de Ergueitos e nas webs de Samos e da AELG», apunta Casar.
En Airapadrón, un gran panel informa sobre todo o roteiro, documentado en cada unha das súas partes con datos dos artistas e dos poemas de Fiz, para permitirlles ós visitantes —varios institutos xa amosaron interese por percorrelo— un «achegamento multidisciplinar á plástica e á literatura.

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati