Ir al contenido principal

PRIMEIRA MAÑÁ DE ACTIVIDADES DE NADAL NO MUSEO PROVINCIAL DO MAR

Retomar as actividades no Museo do Mar foi moi gratificante, sempre é gratificante ir a San Ciprián.Posiblemente nunca os nenos de San Ciprián cheguen a saber  a axuda que me prestaron este ano....
 Chegar e ver o seu recibimento foi .... jo bueno que me poño ñoña, pero que ben me sentou ainssss!!
 Iniciamos as actividades de Nadal onte en xornada de maña e tarde .
 Vou tratar de transmitir o que vivimos onte nun dos museos máis activos e vivos de Galicia, así é o noso museo de San Ciprián.
Tiña medo do temporal de outras programacións alternativas... de que non viñera ninguén, afortunadamente non foi así, foi unha programación na que traballou moita xente que son os invisibles nos proxectos.... Juan,Brais,Mercedes,Charín,Raquel,Matías,Angeles,Maria,Manuel,Francisca,Ana,Maria fe,Cris,Marta,Jose Ramón,Alfredo,Clara,Pepe ,Moncho , Ruben, Antón, Xoan,Lara,Silvia,Cristina, Amelia  e todo o persoal que pasou colaborando e deixou a súa pegada como bolseiros e contratados nos Museo de San Paio de Narla,Pazo de Tor e Museo Provincial do Mar  que seguiron contribuindo tamén a empresas  TATATA e Germán Limeres e especialmente a Estudio Móvil Huevo Frito (Miguel Angel Martinez Rodriguez) que fixo un traballo de arqueoloxía sonora desinteresadamente durante varios meses para dixitalizar os sons e todo o equipo que traballou  ó PESCADOR DE SOÑOS...


Tivemos que aumentar o número de prazas para dar acollida os nenos que se presentaron.Gustaríame que no futuro máis nenos doutros concellos da Mariña se sumarán o noso proxecto e sintan o museo do mar como propio.
Bueno pois onte Iniciamos festexo do Ano Internacional do achegamento entre culturas e continuamos festexando o Ano Europeo da Creatividade e a Innovación.
O novo concepto de museo como unha institución activa e participativa estivo presente en cada unha das accións que se levaron a cabo.
Planificamos tres días , catro xornadas de obradoiros interxenaracionais por iso hai nenos entre 5 e 15 anos.Traballando as categorías de aprendizaxe presentes nas tendencias sobre a educación no século XXI, propostas pola UNESCO: aprendendo a ser , a facer, a coñecer e a vivir xuntos.




Empezamos a mañá aprendendo a coñecer e a ser, falándolles do concepto de museo e de obra de arte , as funcións que ten un museo como institucion permanente aberta o publico  ó servicio da sociedade que adquire conserva e investiga para fins de estudio, investigación,comunicación educación  e deleite testemuñas materiais do home e o seu entorno.


OBRADOIRO DE RESTAURACIÓN:
Aprenderon a facer con Alfredo, amigo do museo , persoa  desinteresada e encantadora que leva toda a vida axudando e  restaurando pezas do Museo do Mar , faloulles os nenos de como se restauran as pezas , entregandolles un amplo dossier de intervencións e procesos en distintas pezas  do noso museo. Pautas , ferramentas , criterios a seguir en todo o proceso de restauración dunha maqueta.Gracias Alfredo por axudarnos unha vez máis desinteresadamente .
Aprenderon a vivir xuntos traballando e aproveitando as diferencias coma algo enriquecedor en prol da tolerancia,promocionando o coñecemento reciproco da diversidade cultural e interxeneracional así xurdiu a actividade de sons do Mar:
OS SONS DO MAR:obradoiro que persegue a posta en valor da cultura sonora mariñeira. Aprenderon a identificar cales eran e son os sons que se poden ou podían escoitar nun porto mariñeiro . Un exerecicio de arqueoloxía sonora qeu pretende recuperar o patrimonio sonoro da nosa cultura en perigo de extinción neste mundo de cultura visual no que vivimos.
Primeiro o grupo debuxou un porto de mar .Logo cos ollos tapados foron  entrando  nunha cabina pechada(que nos prestou o concello de Cervo) donde cunhos cascos puñemoslles sons de distintos obxetos , animais e situacións vencellados o mar e o museo. Tiñan que identificalos entre unha morea de ilustracións (deseñadas para a actividade)en pegatina recortar e pegar o obxeto no seu porto.Así con distintos obxetos...
Logo identificaron olores, identificaron pezas a traves do tacto .... aprendendo a desenrolar outros sentidos  a pensar nas persoas con diversidade funcional( cegos, xordos....) en definitiva aprenderon a vivir xuntos.
Rematamos con NÓS E OS OUTROS as actividades xuntándonos e reflexionando sobre diferencias,   semellanzas , dereitos e a palabra empatía ( ser capaz de ponerse en lugar de...)
As rapazas maiores(Sara, Raquel)  fixeron un traballo impresionante estiveron traballando  e recollendo material para facer unha promoción do entorno patrimonial tanto material coma inmaterial.  para o programa de radio que imos facer... non podemos adiantar nada máis.... logo tirarei do fio e falarei do Pescador de soños noutro artigo .
Ah un guiño final.... grazas especiais as miñas amigas/os peques das redes sociais da Mariña...


Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati