Ir al contenido principal

Hoxe xoves 10 de decembro de 2009: celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos.

Hoxe xoves 10 de decembro de 2009: celebramos o Día Internacional dos Dereitos Humanos. A celebración do 10 de decembro do día dos Dereitos Humanos ten a súa orixe no ano 1950. Neste ano a Asemblea Xeral das Nacións Unidas convidou a todos os Estados e organizacións interesadas a que o 10 de decembro observasen o Día dos Dereitos Humanos (resolución 423 (V)). Nese Día conmemórase a aprobación pola Asemblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. A ONU pretendía con esta Declaración Universal sentar as bases dun compromiso ético para obrigar a todos os Estados a cumprir e facer cumprir unha serie de normas. Lembremos que despois da Segunda Guerra Mundial, nos inicios da Guerra Fría, cando aínda doían as feridas do nazismo e ante as situacións de inxustiza que se vivían no cinco continentes, varios países sentiron a necesidade de unirse nunha organización supraestatal que garantise o respecto e a dignidade das persoas, e que evitase a repetición de feitos tan lamentables como a vulneración da dignidade da persoa e o respecto ás súas peculiaridades étnicas, relixiosas ou sexuais. Os Dereitos Humanos sostéñense sobre dous alicerces esenciais da humanidade: a liberdade e a plena igualdade entre todos os seres humanos. Condicións inherentes a todo ser humano sen ningún tipo de limitacións, sexan estas: culturais, económicas, étnicas, sexuais, etc. O concepto de Dereitos Humanos fai referencia ao sentido da dignidade humana antes que a calquera formulación xurídica ou política. Nun principio, a declaración ía ser titulada "os dereitos do home" pero grazas Eleanor Roosevelt, Presidenta da Comisión e feminista, expúxose que o termo excluía ás mulleres e conseguiu que no seu lugar figurase "Dereitos Humanos". Neste Día conmemórase a aprobación pola Asemblea Xeral da Declaración Universal de Dereitos Humanos, en 1948. O tema, Dignidade e xustiza para todos nós reforza a visión da Declaración Universal de Dereitos Humanos como compromiso coa dignidade e a xustiza a escala universal. Non se trata dun luxo nin unha lista de desexos. A Declaración Universal de Dereitos Humanos e os seus valores básicos, a dignidade humana inherente, a non discriminación, a igualdade, a equidade e a universalidade aplícanse a todos, en todos os lugares e en todo momento. A Declaración é universal, duradeira e dinámica, e incúmbenos a todos. Desde a súa aprobación en 1948, a Declaración foi e segue sendo unha fonte de inspiración dos esforzos nacionais e internacionais para promover e protexer os dereitos humanos e as liberdades fundamentais. Un elemento esencial da protección dos dereitos humanos é a difusión ampla dos coñecementos e o fomento da comprensión entre as poboacións de cales son os seus dereitos e como poden defendelos. Na actualidade, a Declaración está dispoñible en máis de 360 idiomas e é o documento que máis se traduciu no mundo, o que dá testemuño do seu carácter e o seu alcance universais. Despois de 61 anos despois, rendemos homenaxe á visión extraordinaria dos redactores orixinais da Declaración e aos numerosos defensores dos dereitos humanos en todo o mundo que loitaron para facer realidade a súa visión. A Declaración pertence a todos e cada un de nós: corresponde agora lela, estudala, promovela e reivindicala como nosa

Comentarios

Entradas populares de este blog

UN BERRO POLA LINGUA GALEGA- MEMORIA LETRAS GALEGAS 2009

Botella Ao Mar Domingo, 17 de maio de 2009: Día das Letras Galegas        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 horas “ Un museo cheo de libros ”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Ramón Piñeiro, a persoa visitante poderá levar para a súa casa un libro en galego (ata fin de existencias), un agasallo escollido   entre os fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.          Contacontos 12:00 h: O espectáculo da palabra ,   por Cándido Pazó          Visita guiada 16:00 h:   Visita guiada para os integrantes do grupo “ Museos e turismo, unha viaxe polos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo ”        Luns, 18 de maio de 2009: Día Internacional dos Museos        Horario de apertura: De 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h        Haberá agasallos para as persoas visitantes que se acheguen ao museo nesta data.         Botella ao mar De 18:00 a 20:00 h: Obradoiro literario a cargo de Paco Rivas . Todas as mensaxe

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres

Juegos infantiles en un cuadro de Brueghel por Remedios Torres A partir del cuadro de Pieter Brueghel titulado “Juegos de niños” podemos realizar innumerables actividades muy gratificantes porque el juego siempre motiva a nuestros niños y niñas. Y sobre todo trabajamos la coeducación analizando críticamente el cuadro. Esta actividad se está llevando no sólo en Educación Infantil sino también en Primaria, porque se trata de una experiencia que “atrapa” a quien la conoce. Y además es muy positiva porque además incluye juegos y canciones del folclore infantil andaluz. Ese material popular que se va perdiendo poco a poco y que si no lo recuperamos y ponemos en práctica dentro de nada será historia. Y como bien decía el Doctor Pourtois el Folclore es el alma de cualquier tribu, pueblo o nación. No perdamos una parte de Andalucía. Palabras clave Juegos Popular Andalucía Coeducación Reparto de tareas Canciones Cuento Adivinanzas Imaginación Creati